"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Que se pretende conseguir ou se obtén por obrepción. OBS: O grupo consonántico br é heterosilábico e as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ferrol a partir de xaneiro de 1928. Cesou en xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual con censura eclesiástica, órgano del Círculo Católico de Obreros de Ferrol y de sus obras filiales”. De saída mensual, foi a sucesora do Boletín del Círculo Católico de Obreros de Ferrol. Os seus contidos centráronse na relixión e no mundo laboral. Dirixida por Antonio Porta Gárate (desde decembro de 1928), contou coas colaboracións de F. Gumersindo Placer, autor de recensións de teatro galego e artigos sobre folclore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir de 1928. De tendencia socialista, foi dirixido por Xosé Gómez Osorio. Funcionou como voceiro dos ferroviarios afiliados á UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir do 6 de maio de 1866. Cesou o 14 de xullo dese ano. Subtitulado “Periódico semanal de Literatura, Ciencias y Artes”, foi fundado e dirixido por Feliciano Salgado. Na súa redacción colaboraron Froilán de Salazar e Eduardo de Zalbidea. Incluíu contos, crónica local, divulgación científica ou poesía. O seu obxectivo era o de educar, instruír e moralizar as clases obreiras, publicando artigos doutrinais e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico republicano-federal, de periodicidade quincenal, editado en Vigo entre 1871 e 1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal, subtitulado “Defensor de los intereses de la clase obrera”, que foi impreso en Ferrol desde o 1 de maio de 1890 ata 1894. De carácter obreirista no seu comezo, achegouse de xeito notable ás teses dos correlixionarios de Pablo Iglesias a partir da creación do grupo socialista na cidade en febreiro de 1891. Posteriormente pasou a ser semanario, cunha tiraxe de 500 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadavia a partir de 1891. Cesou en 1897. Tratouse dunha publicación de tendencia socialista orientada á defensa dos intereses locais. O seu responsable foi Máximo Tomé González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario “defensor de los trabajadores”, do que o seu primeiro número apareceu en Vilagarcía de Arousa no mes de xaneiro de 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol a partir de 1910. Subtitulado “Órgano de la Agrupación Socialista Ferrolana y defensor de la clase trabajadora”, foi un dos periódicos obreiros de andaina máis longa. Apareceu como semanario socialista e converteuse en voceiro oficial da Agrupación Socialista de Ferrol tres anos máis tarde. Suspendido durante a Ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en 1930. Logo dun peche gobernativo entre outubro de 1934 e abril de 1935, seguiu editándose ata a Guerra Civil Española. Durante a Segunda República foi dirixido por Marcial Fernández, Manuel Morgado e, por último, por Xaime Quintanilla, asesorado por un consello de redacción. As súas páxinas fomentaron a controversia entre os partidarios galegos das teses esquerdistas de Largo Caballero e os defensores da liña moderada adoptada polo PSOE durante o primeiro bienio republicano. Así mesmo, El Obrero contou coa colaboración de prestixiosas sinaturas do socialismo español como Luis Araquistain, Andrés Saborit,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontedeume baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Almeiras (Culleredo). Datado a finais do s XVII ou comezos do s XVIII, ten planta en forma de L e un patio, en que se alza un cruceiro. As fachadas están caleadas e presenta marcos de cantaría granítica, en portas e fiestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira, cordón ou franxa que se pon por riba dos ombros nas pezas de roupa, especialmente nos uniformes, como adorno ou distintivo do nivel de xerarquía ou grao profesional.

    2. Anaco de tea acolchada que se coloca na parte interior dos ombreiros dalgunhas pezas de roupa para marcalos ben.

    3. Parte da indumentaria deportiva ou militar que ten a función de protexer os ombros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión superior e lateral do corpo, situada a cada lado do pescozo, que inclúe a articulación escapoumeral. Está formada por tres ósos: a extremidade externa da clavícula, a parte superior da omoplata e o extremo do úmero, e polos músculos que os recobren.

    2. Parte dunha peza de roupa que cobre o ombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miño en Ombreiro (Lugo) na estrada a Vilalvite. Realizada no s XIX en cantaría, ten catorce vans con tallamares arredondados e arcos rebaixados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia constituída no Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) entre 1919 e 1921. Os seus dirixentes máis destacados foron Aleksandra M. Kollontaj, A. G. Šliapnikov e S. P. Medvedev. Denunciaba a burocracia no seo do partido e do estado soviético, e reivindicaba un papel máis importante dos sindicatos na sociedade e na economía. Combatidas as súas teses no XI Congreso do PCUS, o grupo disolveuse pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato escindido de Comisiones Obreras entre 1972 e 1979. Foi unha organización comprometida coa problemática nacional galega e xurdiu para loitar por un cambio social e político profundo. Axudou a que a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) tiveran o seu espazo dentro da clase obreira. A súa estrutura estaba formada por un comité executivo e varios comités de zona, onde se integraban células de militantes e simpatizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Representante do renacemento cultural en Catalunya coa fundación das revistas Poesia e Ariel, a partir da década de 1970 converteuse nun punto de referencia para a nova poesía catalá, sobre todo coa publicación de Poemes de l’Alquimista (1977) e Nous Quaderns de l’Alquimista (1983), onde se reflicte o seu erotismo e surrealismo. Escribiu pezas teatrais como Homenatge a Picasso (1972) e publicou, ademais de varios traballos sobre Picasso, Quaderns inèdits de l’Alquimista (1991), Contes despullats (1983) e Poesia al carrer (2001). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1989), o Premio Nacional de Cultura (1996) e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1999). En 2003 inaugurouse a Fundació Palau, en que se exhiben máis de 200 obras artísticas, entre elas 70 de Picasso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Valga. Consta de casa principal e varias dependencias, localizadas arredor dun patio. Destaca un escudo nunha das paredes laterais exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO