"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Destrución, mediante a acción dos seres vivos, de materiais de interese económico, como a madeira, o papel, os tecidos, os produtos alimenticios, etc. Os axentes principais da biodeterioración son os insectos, os fungos e as bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de recuperación de metais, por exemplo o uranio ou o cobre, a partir de minerais de baixa riqueza, no que se empregan microorganismos que axudan directa ou indirectamente á extracción e á concentración dos metais en cuestión. Tamén se chama lixiviación microbiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química que se produce nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de aprendizaxe coa que se pode adquirir un certo control voluntario sobre algunhas funcións do sistema nervioso autónomo ou involuntario (frecuencia cardíaca, presión sanguínea, temperatura corporal, etc).

    2. Control por retroacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de respiración caracterizada por unha serie de inspiracións e expiracións curtas seguidas de períodos de apnea longos e irregulares; é un síntoma frecuente en pacientes con hipertensión endocranial. Foi descrita no s XIX polo médico francés Camille Biot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Degradación biolóxica de substancias para transformalas noutras máis simples, especialmente no caso da conversión de moléculas tóxicas en inocuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración da estrutura deposicional orixinal dun sedimento por acción de organismos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dividir en dúas partes.

    2. Proceso reprodutor de organismos unicelulares procariotas no que non existe intercambio de material xenético entre individuos distintos e que dá lugar a dúas células fillas iguais. A división celular consiste nun aumento do volume, unha duplicación do material xenético e unha constrición da membrana plasmática e da parede celular, que crecen cara a dentro ata que as dúas células fillas se separan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou efecto de converterse en bipolar.

    2. Concentración das ideoloxías políticas dun país en dous bloques que se opoñen como polos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metalúrxico. Estudioso dos xacementos minerais e das técnicas mineiras e metalúrxicas, foi autor de Il modo di fondere, spartire e congiungere metalli (O modo de fundir, separar e mesturar metais) e Pyrotecnia (Pirotecnia). Está considerado, xunto con Georgius Agricola, como precursor da moderna mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División dunha superficie ou corpo xeométrico en dúas partes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación bixectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga cidade situada na zona europea do Bósforo, na costa norte. Foi unha colonia grega fundada polos colonos de Megara no s VII a C. Ocupaba parte do emprazamento da actual cidade de Istambul. O seu porto, situado entre o Mar Negro e o Mar Mediterráneo, e coñecido polo nome de corno de ouro, converteu a cidade nun centro comercial e estratéxico de grande importancia. A principios do s V a C foi destruída por Darío I. O espartano Pausanias reconstruíuna no 479 a C, abrindo unha época de disputas entre Esparta e Atenas polo dominio da cidade. No 409 a C Alcibíades tomou a cidade, pero catro anos despois os espartanos, baixo a dirección de Lisandro, expulsaron os atenienses. Non obstante , no 390 a C, a cidade caeu de novo baixo o dominio ateniense. No 357 a C, aliada da satrapía persa de Caría e das illas gregas de Khíos, Rodas e Kos, acadou a súa independencia. A cidade recoñeceu a soberanía de Macedonia baixo o goberno de Alexandre Magno pero recuperou a súa independencia no...

    2. Nome co que se coñece tamén o Imperio Bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos blastofenicios.

    2. Individuo do pobo dos blastofenicios.

    3. Pobo establecido desde época romana na franxa litoral da Andalucía mediterránea segundo as achegas de Apiano, pero que en fontes anteriores aparece denominado por Ptolomeo como libifenicio e bástulo-púnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso embrionario que conduce á formación da blástula. Iníciase coa formación do blastocelo na mórula e conclúe cando comezan os movementos celulares da gastrulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política de dereitas fundada o 10 de decembro de 1934 baixo a dirección de Xosé Calvo Sotelo. Agrupaba os membros de Renovación Española, certos colaboradores da revista Acción Española e algúns tradicionalistas. O seu órgano propagandístico foi La Nación. A ideoloxía do BN propugnaba unha monarquía forte de base non parlamentaria, un estado corporativo cunha representación orgánica da sociedade e un exército capaz de garantir a orde institucional. Os maiores apoios do BN estaban en Galicia, sobre todo en Ourense, circunscrición pola que foi elixido Xosé Calvo Sotelo en febreiro de 1936, quen se amosou partidario dunha autonomía administrativa, pero non política, para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición formada en abril de 1977 pola Unión do Pobo Galego (UPG) e a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG). Nun comunicado conxunto, os dous colectivos pediron a abstención no referendo do Estatuto de Autonomía, o que consideraban lexitimador dunha política antidemocrática e antigalega. A maioría dos 38 candidatos do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Congreso e Senado pertencían á UPG. O programa do BN-PG incluía no seu limiar unha serie de medidas políticas, económicas, sociais e culturais que consideraban necesarias para poder falar de democracia en Galicia e que o país deixase de ser unha colonia dentro do estado español. Contiña as bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e o proxecto de medidas económicas para un programa do goberno provisional galego. Entre as medidas de política económica social destacan o recoñecemento das liberdades de xuntanza, manifestación, asociación e folga; a implantación dun sistema fiscal galego progresivo;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política nacida nunha Asemblea celebrada no pavillón de Riazor (A Coruña) os días 25 e 26 de setembro de 1982. Tralo fracaso das primeiras tentativas de articular o nacionalismo galego, reflectido na crise do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) que aglutinaba a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e a Unión do Pobo Galego (UPG), que intentaron solucionar coa alianza do Partido Socialista Galego (PSG), xurdiu o BNG, un produto da reflexión crítica sobre a política e organización das anteditas formacións. Daquela, as primeiras organizacións integrantes do BNG foron a AN-PG, a UPG e o PSG. En 1983 o PSG deixou de pertencer ao BNG aínda que algúns dos seus membros continuaron como Colectivo Socialista. En 1985 dentro do propio BNG naceu unha nova formación, o Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) que sería expulsado en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova, herdeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo antifranquista constituído por exiliados galegos en Toulouse a finais de 1944. Estivo composto por representantes de Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Comunista de España (PCE), Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Unión General de Trabajadores (UGT), así como por algúns membros do Partido Galeguista. Estaba presidida por Manuel Portela Valladares. De influencia comunista, pretendeu reivindicar a pervivencia da Fronte Popular como institución legal e democrática na que os dereitos de Galicia estivesen representados. Ata 1947 editou en París un boletín bilingüe, Galiza, no que colaboraron entre outros Enrique Líster, Castelao e César Alvajar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciouse en Florencia na arte mercantil. No 1327 foi enviado a Nápoles para traballar na sucursal da compañía Bardi, ata o ano 1334. Como consecuencia da creba dos bancos Bardi e Peruzzi, viuse obrigado a instalarse de novo en Florencia, onde acadou fama e autoridade; deste período data a súa amizade con Petrarca. Na súa produción cómpre subliñar dous períodos: o primeiro (ata o ano 1355) comprende as súas obras de creación en italiano; o segundo período (dende o 1355) comeza co menosprezo da obra literaria anterior e incluso co intento de destruíla, e caracterízase pola dedicación á escritura de libros de erudición, xeralmente en latín. Moitas das súas obras foron a preparación lingüística e poética da súa obra máxima: o Decamerón, que tivo unha grande influencia na literatura universal. As primeiras obras foron escritas en Nápoles: La caccia di Diana (A caza de Diana, 1333?), poema mitolóxico en tercetos, o Filocolo (1336), novela de...

    VER O DETALLE DO TERMO