"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

    1. Que selecciona ou implica unha selección.

    2. Que posúe selectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1838. Cesou ese mesmo ano (nº27). Subtitulouse “Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes dedicado a la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y publicado bajo su inmediata protección”. Fundado e dirixido por Xosé Mª Gil Rey, foi a primeira publicación ilustrada en Galicia. Xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, incluíu litografías con debuxos de Ramón Gil Rey, o que foi posible ao editarse nos obradoiros de Xosé Núñez Castaño, un dos introdutores desta técnica en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha semivogal.

    2. Que ten a natureza dunha semivogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación intermedia entre vogal e fricativa que se produce durante a emisión do segundo membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima abertura, vocálico, e un de máximo pechamento, consonántico; por exemplo, [i] en gaita [‘gaita] ou [u] en mouro [‘mouro].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sentidos ou ás sensacións.

    2. Que é capaz de recibir ou de transmitir unha sensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao nervio mixto que ten fibriñas sensitivas e motrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao resultado dunha proba serolóxica en que non se detectou o anticorpo ou o elemento estudado.

    2. Que ou quen non presenta reaccións séricas positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao resultado dunha proba serolóxica en que se detectou o anticorpo ou o elemento estudado.

    2. Que ou quen presenta reaccións séricas positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dá a coñecer algo con claridade e precisión.

    2. Que ten significado.

    3. Que é destacado ou importante pola súa relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode soldar ou disolver.

    2. laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que existe por si.

      2. Que constitúe a esencia dunha cousa.

      1. Relativo ou pertencente ao substantivo.

      2. Clase de palabras que denota entidades, sexan seres vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Presentan marcas de xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural) de seu polo que os artigos, pronomes, adxectivos e verbos teñen que concordar con eles. Funcionan como núcleo da FN, ademais de ser a unidade primaria das funcións oracionais de SUX, CD e CI. En canto que son núcleos da FN, poden ser complementados no seu valor referencial polo artigo e pronomes determinantes e por modificadores. Os substantivos designan primariamente entidades e seres animados e inanimados (flor, foca, esperanza, calor), pero tamén acontecementos, accións, procesos (polo xeral, derivados de verbos: codificación, comunicación) e calidades (polo xeral, derivados de adxectivos: felicidade, solidariedade). Divídense en dúas subcategorías: a dos substantivos (ou nomes) propios e a dos substantivos (ou nomes) comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que substitúe a outra persoa ou cousa.

    2. Substancia ou produto que pode substituír a outra por ter características semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que subtrae ou que se pode subtraer.

    2. Aplícase aos termos dun polinomio que van precedidos do signo menos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é capaz de subverter.

    2. Delito que inclúe toda clase de accións que atenten contra a seguridade do estado ou contra os gobernantes ou as disposicións legais aprobadas polas cortes ou o goberno dun país.

    3. Conflito revolucionario xurdido como reacción contra o poder establecido, que xeralmente utiliza medios indirectos e clandestinos e adoita basearse na estratexia da guerrilla.

    4. Movemento político-social encamiñado a producir, mediante a axitación, un desgaste no poder e unha desconfianza nos cidadáns para, finalmente, apoderarse do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao suxeito.

      1. Que depende dos sentimentos da persoa ou está baseado neles.

      2. Que nas súas valoracións e xuízos se deixa levar polos seus sentimentos.

      1. Que só existe en función do pensamento.

      2. Aplícase aos síntomas ou sensacións que son percibidas só polo doente.

    2. Concepción da economía que ten por finalidade estudar as decisións humanas individuais ante a elección das alternativas posibles para a satisfacción das súas necesidades en función da adecuación dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao modo verbal que presenta un feito como non real e subordinado a outro, e que indica dúbida, incerteza ou vontade. Os tempos do modo subxuntivo son o presente (coma), o pretérito (comese) e o futuro (comer).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se sucede ou ocorre despois doutro dentro dunha serie.

    2. Que sucede ou vai suceder con posterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi grande ou que posúe unhas calidades en maior grao.

    2. Que expresa o grao superior dunha calidade.

    3. Grao máximo de significación dun adxectivo. Distínguese entre superlativo absoluto, que atribúe a súa calidade a un obxecto con independencia dos demais obxectos (moi simpático, simpatiquísimo), e superlativo relativo, que atribúe a calidade a un obxecto comparándoa coa mesma calidade deste ou doutros obxectos (está máis guapo ca nunca, o máis listo da aula). Non existe gradación entre o comparativo e o superlativo absoluto, pois na comparación a intensificación non é maior nin menor ca no superlativo, senón distinta: naquela cuantifícase comparativamente de maneira explícita ou implícita, e nesta sen poñer en relación a calidade con outro termo da relación. Morfoloxicamente son diferentes, pois no comparativo inclúense procedementos analíticos (máis/menos grave) e no superlativo só o sintético -ísimo (gravísimo), aínda que xunto con este morfema hai outra intensificación elevada analítica, co adverbio moi (moi grave). Os superlativos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que suple unha deficiencia.

    2. Que completa o significado dunha serie morfolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce supuración.

    VER O DETALLE DO TERMO