"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na escola de Llotja en Barcelona e foi discípulo de Federico de Madrazo en Madrid e de Delaroche en París. É autor de composicións de tradición romántica e de decoracións murais, como a do Liceu de Barcelona; así mesmo, destacou como retratista. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal de Barcelona de 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa, no denominado Paso interior de Sálvora, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa Cabeceiro Chico, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruk (Austria) e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic e Complutense de Madrid. Foi profesor de metáfisica-teodicea na Universidad Pontificia de Comillas de Madrid e de antropoloxía filosófica na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (Encrucillada, Grial, Pensamiento, etc), sacou do prelo: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach (1975), Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas (1980), A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición (1992), La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad (1994), Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos (2001), entre outras obras, e participou en volumes colectivos como La vivencia previa del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou o seu labor periodístico na emisora da Cope en Vigo, en Radio Pontevedra e Radio Vigo. Traballou tamén na prensa escrita, concretamente como delegado de Faro de Vigo en Santiago, dende onde pasou a El Correo Gallego e, finalmente, a El Ideal Gallego. No período 1986-1996 foi redactor xefe e subdirector da TVG. Volvería á radio, nomeado como director de informativos da Radio Galega; posteriormente foi director de TVE en Galicia, director rexional da emisora Cope en Galicia e director da Radio Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e empresario. Coñecido como Gene Cabaleiro, logo dunha etapa como futbolista, iniciou a súa andaina profesional como deseñador e empresario nos anos sesenta, cando fundou cos irmáns Regojo a empresa Atir, dedicada á comercialización e fabricación de pantalóns de vestir. En 1968 comezou a súa traxectoria profesional en solitario, ao adquirlles aos irmáns Regojo a súa participación na empresa. En 1974, fundou en Vigo a empresa D’aq e a marca comercial D’aquino que produciu todo tipo de prendas para home e, posteriormente, especializouse en roupa de espectáculo e fantasía. Nos anos oitenta os seus deseños acadaron o seu máximo apoxeo e comercializáronse en Europa, nos EE UU e nos países árabes. Considerado como un gran creador e un gran técnico no uso das cores e dos tecidos, intérpretes como Elton John ou Miles Davids, entre outros, empregaron o seu vestiario. Inaugurou comercios propios en París, Anveres, Colonia, Saint Tropez, Vigo ou Eivissa. Recibiu numerosas mencións e condecoracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral occidental da península do Morrazo, situado na parroquia do Hío, concello de Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción simple, de dimensións reducidas e que adopta formas diversas, cun só cercado e edificada a base de materiais lixeiros entrelazados, tales como pólas ou troncos, recubertos de palla, cortizas, peles, ou tamén terra e lama. É unha das construcións máis antigas e primitivas, empregada polos pastores para refuxiarse das inclemencias meteorolóxicas.

    2. Construción rústica, adxacente á casa, empregada para pechar o gando, gardar os instrumentos de traballo ou os produtos da colleita.

    3. Hórreo para gardar e almacenar cereais, especialmente o millo, construído con ramas ou materiais naturais sobre uns pés e con teito de palla. OBS: Tamén se emprega, nalgunhas zonas de Galicia, como denominación xeral de hórreo.

    4. Casa pequena e ruín construída con madeiras e teito de palla.

    5. Canas de millo agrupadas formando un palleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Procede do latín tardío capanna e fai referencia á existencia, actual ou no pasado, dunha casiña rústica de emprego agrícola ou pastoril. Documéntase no s XIII: “Petrus Cabana” (doc ano 1234 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 533). Tamén aparecen como apelidos actuais a forma en plural Cabanas e mais os diminutivos Cabanela, Cabanelas e (forma castelanizada) Cabanillas.

    2. Liñaxe que, segundo unha antiga tradición, procede de Irlanda e asentouse en Galicia durante a loita dos celtas cos normandos; aínda que tamén puido ter unha orixe alemá e pasar logo a terras irlandesas co Emperador Carlos I. As súas armas levan: en campo de ouro, unha banda de goles, arrimada de dous cans ao natural. Outros heraldistas dan o seguinte brasón: en campo de azul, dúas cabanas de prata, aclaradas de sable e postas en pao. Os Cabanas empregan: en campo de prata, dúas cabanas de goles, postas en pao. E outros da mesma liñaxe levan, en campo de ouro, un león rampante de goles, linguado de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa ría de Corme e Laxe e co municipio de Ponteceso, ao S cos concellos de Coristanco (Bergantiños) e Zas (Terra de Soneira), ao L con Coristanco e ao O co de Laxe. Abrangue unha superficie de 100,3km 2 cunha poboación de 5.091 h (1997), distribuída en dez parroquias: Anós, Borneiro, Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns, O Esto, Nantón, Riobó e A Silvarredonda. A capital municipal, A Carballa, na parroquia de Cesullas, está a 43° 12’ 40’’ de latitude N e 8° 54’ de lonxitude O, a 56 km de distancia tanto da Coruña como de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Carballo e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Cabana de Bergantiños está baixo o dominio climático oceánico húmido, e máis concretamente se inclúe no subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado pola influencia directa do Océano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. En 1970 estableceuse en Vigo, onde traballou no eido editorial da man de Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos de Vigo. Cinco anos máis tarde volveu a Lugo onde se dedicou a vender libros. Despois de ser liberado pola Central sindical nacionalista e traballar nela ata 1982, exerceu como garda municipal en Corcubión e como funcionario do concello de Lugo. Colaborador en diversas publicacións e xornais (A Nosa Terra, Teima, A Trabe de Ouro, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, etc), deuse a coñecer no eido literario co libro de poemas Verbas a un irmao (1970). Posteriormente, publicou os poemarios Home e terra (1970), Romanceiro da Terra Cha (1973), Mortos porque Galicia viva (1974), co pseudónimo de Daniel Méndez, Elexía nunha escuridade mortal (1974), Ábrelle a porta ao día (1981), A fraga amurallada (Premio Cidade de Ourense, 1983), Cantigas de amor vilao (1987),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ferrol. baixo a advocación de Santo antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Andrés que lle dá nome ao concello de Cabanas, por ser onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO