"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente aos alamanos.
-
Grupo de dialectos do alemán falado en Suíza, en Alsacia, en Vorarlberg, na metade sur de Baden, en Württemberg, agás a zona setentrional, e na Suabia bavaresa.
-
-
PERSOEIRO
Escritor italiano, renacentista. Amigo de Maquiavelo, participou na conspiración contra o Cardeal Giulio de Médici (1522). Cultivou diversos xéneros imitando os clásicos. Escribiu La coltivazione.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo pobo guerreiro integrado por tribos xermánicas. Expulsados da zona de Brandenburgo no 178 por gots (godos) e eslavos, establecéronse na rexión do Main e á dereita do Rin. Foron vencidos en Argentoratum (Estrasburgo) por Xuliano (357) e por Valentiniano (453), que lles impediron establecerse en Alsacia. Clodoveo, Rei dos francos, derrotounos (496) apoderándose dos seus territorios. Pasaron a depender dos francos, feito reafirmado con Carlomagno e baixo Luís o Xermánico co Tratado de Verdún (843). Fundaron colonias en ambas beiras do Rin (actualmente Suabia, Suíza e Alsacia), núcleo da Alamania. Chegaron mesmo a penetrar no N de Italia. Moitos topónimos deben os seus nome ao seu paso e asentamento entre os ss III e X.
-
PERSOEIRO
Navegante. Acompañou a Colón na súa segunda viaxe e descubriu Florida (1512). Fóronlle atribuídas a confección do primeiro mapa da América setentrional e o achado da corrente do Golfo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de cans, corpulentos e grandes, obtida do cruzamento de dogo e lebrel. Úsase como can de presa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o Mariscal británico Alan Francis Brooke.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de gran lonxitude.
-
-
Efectuar unha serie de pasos de gran lonxitude para apurar máis ou para medir simplemente.
-
Dar alancadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferir con lanza.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago e lääni de Finlandia, na entrada do golfo de Botnia (1.552 km2; 25.300 h [estim 1996]). Comprende máis de 6.000 illas e illotes, das que só unhas 60 están habitadas, constituída por unha variante local de granito e porfirio (Åland-Rapakin). O clima é máis moderado que no continente (máis de 100 días con temperatura superior aos 10°C). A illa principal é a de Åland, e segue en importancia Lemland, Eckerö, Lumparland e Vårdö, cunha poboación de fala maioritaria sueca (20.000 h) e con tendencia á concentración. A capital e principal porto, é Mariehamn (10.039 h [estim 1996]). A actividade máis importante é a pesca, seguida pola industria turística. Estivo baixo soberanía sueca ata o ano 1809, no que, xunto con Finlandia, foron cedidas a Rusia (Paz de Fredriksham). Durante a Guerra da Independencia Finlandesa (1917-1918), as illas foron ocupadas polos suecos, pero a Sociedade das Nacións outorgoullas posteriormente ao estado finés. O arquipélago goza de autonomía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do concello de Sarria. Outro apelido relacionado con esta caste é Landra. As súas armas desta familia levan, sobre campo de goles, unha landra.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polos ríos San Xoán e Matachel (2.031 h [1996]). Ten unhas termas romanas e un castelo de orixe árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ter fame, devecer pola comida.
-
Desexar algo ardentemente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial, apolar, con CH3no grupo R, de símbolo Ala e denominado tamén ácido aminopropiónico. Intervén de maneira importante no intercambio de metabolitos entre o músculo e o fígado, é un constituínte básico de moitas proteínas e ten unha destinación catabólica glucoxénica. Distínguese a α-alanina e a β-alanina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural dos arredores de León. Desde aquí pasou a Galicia e aséntase no concello de Monterrei. A rama galega trae escudo cuarteado: primeiro, en campo de goles, un castelo de prata almeado; segundo, en campo de azur, lúa crecente de prata; terceiro, en campo de sinople, un león rampante da súa cor natural; cuarto, en campo de goles, unha lanza de ouro coa punta de ferro. Outra variante leva en campo de ouro, unha banda de goles, engolada en bocas de serpe da mesma cor, ou de ouro as cabezas da serpe, segundo algúns investigadores. Bordo de azur con nove aspas de ouro, tres en xefe, dúas en cada flanco e unha en punta.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (2.108 h [1996]). Ten un castelo e unha igrexa gótico-mudéxar do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos alanos.
-
Individuo pertencente a algún dos pobos alanos.
-
Confederación de pobos nómadas de procedencia escita, no norte do Cáucaso, posiblemente emprazados entre Europa e Asia, ao leste do río Don e do Bósforo, onde vivían como mercenarios ao servizo das colonias gregas de Asia Menor. Foron coñecidos por gregos e romanos como sármatas. Mesturáronse con poboacións iranianas das que conservan a lingua e algúns costumes. No s I d C localízanse en zonas do Danubio. A partir do s III únense a ostrogodos e hunos realizando incursións de saqueo nas provincias orientais do Imperio Romano (Armenia e Asia Menor). Penetraron sucesivas veces en territorio romano; así mesmo, durante algúns anos do s IV estiveron confederados co imperio. Finalmente, no 406 invadiron a Galia por Maguncia. Un grupo deles, unidos a suevos e vándalos, chegou a Hispania no 409 polos pasos occidentais dos Pireneos, establecéndose na Lusitania e na Cartaginense. No ano 418 foron derrotados polos visigodos e empurrados primeiramente cara á Bética, onde quedaran os vándalos,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos embrións dos vertebrados amniotos, estrutura formada da unión da capa externa do alantoide e o corion. Nas aves ten función respiratoria, e nos mamíferos constitúe a orixe da placenta fetal.
-
-
Relativo ou pertencente ao alantoide.
-
ácido alantoico
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura en forma de saco que crece na parte ventral da farinxe primitiva nos embrións dos vertebrados amniotos, e que é o resultado do desenvolvemento precoz da vexiga urinaria. Presenta unha rede moi rica en capilares sanguíneos, que están en comunicación co sistema circulatorio do embrión. Estes capilares permiten a respiración e a excreción do embrión e, nos mamíferos, a nutrición.