"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo entre 1756 e 1790. Foi autor de diversos retablos, entre os que destacan o maior (1756) e o da capela do Rosario (1757) en San Domingos de Ortigueira, e o retablo maior da confraría do Rosario na igrexa de San Domingos en Santiago de Compostela (1767). Dende 1770 traballou no retablo da igrexa monacal de Santa María de Sobrado, segundo as trazas de Luís de Lorenzana, aprobadas pola Real Academia de San Fernando, pero foi substituído por Manuel Álvarez. Con Francisco de Lens realizou os retablos colaterais de Santa María de Dodro (1771), nos que as imaxes debían ser esculpidas por Xosé Gambino ou por Antonio Fernández. En 1790 realizou o retablo maior de San Francisco de Ferrol, no que destacan as tallas atribuídas a Xosé Ferreiro. Realizou tamén o monumento ao Xoves Santo trazado por Miguel Ferro Caaveiro para a igrexa de Santo Andrés en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Colaborou con Carlos Arniches (1924-1936) e en 1928 acadaron o premio do concurso do Patronato Oficial de Turismo e construíron unha ducia de hoteis. Entre as súas obras destacan os edificios denominados Altos del Hipódromo, da rúa Serrano de Madrid (1930), e a sala de conferencias e as bibliotecas da Residencia de Estudiantes (1932-1933). En 1936 exiliouse a Cuba, onde combinou formas tradicionais con elementos de vangarda. Entre as súas obras cubanas destaca o edificio FOCSA (1953-1956) en La Habana. Dende 1960 exerceu como docente na facultade de Arquitectura da Cornell University en Ithaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro na Escuela de Guadalajara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1955 volveu a España para ingresar no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou os seus coñecementos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques deste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e La Habana, e presidente da Junta de Exámenes para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Publicou Elementos de geometría analítica (1880). Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Regatista. Proclamouse campión olímpico ao gañar a medalla de ouro da clase Finn nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988. Foi tres veces campión mundial e noutras tres ocasións campión de Europa. Ademais, acadou unha medalla de prata e outra de bronce en campionatos mundiais, e unha de prata en campionatos de Europa. Concedéuselle a Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Regatista. Foi o primeiro deportista español que se proclamou campión olímpico en dúas ocasións: nos Xogos de Los Angeles 1984 na clase 4.70 (en compaña de Roberto Molina) e nos de Barcelona 1992 na clase Flyng Dutchman (con Domingo Manrique). Nos campionatos do Mundo acadou dúas medallas de ouro (en Flyng Dutchman en 1987 e en Soling, con Manrique e Vera, en 1995) e unha medalla de bronce (en 1991 na clase 4.70). En campionatos de Europa conseguiu tres títulos de campión (en 4.70 en 1985 e en Flyng Dutchman en 1988 e 1990), tres medallas de prata (en 1976, 1991 e 1992) e unha de bronce (1987). Participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos: Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992 e Atlanta 1996. Concedéuselle a Gran Cruz da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa Inglaterra de Francia, cunha lonxitude de 35 km e que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. É un paso cun elevado tráfico marítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Estableceuse en Londres e deuse a coñecer como poeta con Non sum qualis eram. A súa vida decadente reflíctese en Verses (Versos, 1896) e na novela autobiográfica A Comedy of Masks (Comedia de máscaras, 1893). É tamén autor da comedia en verso The Pierrot of the Minute (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formouse na École de Beaux-Arts e despois foi discípulo de Rodin. Estudiou a obra dos mestres florentinos e, en especial, a de Donatello. Traballou en Hispanoamérica onde realizou, entre outras obras, La primavera (Bos Aires).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1982. Foi dirixida por Steven Spielberg e interpretada por Henry Thomas, Drew Barrymore, Dee Wallace e Peter Coyote. É unha historia de amizade entre un rapaz e un extraterrestre que destaca polo tratamento da imaxe e os seus efectos especiais, polos que gañou catro Oscar nas categorías técnicas. No ano 2002, Steven Spielberg estreou de novo a película con algunhas melloras técnicas e un par de escenas inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, teórico social e político. Considerado o introdutor do romanticismo, influíu sobre a Xeración do 37. Residiu en París e, ao seu regreso a Bos Aires, publicou os seus primeiros versos de forma anónima. Posteriormente, implicouse nun intento fallido de derrocar o réxime de Juan Manuel de Rosas e exiliouse en Montevideo. Da súa produción destacan Elvira, o la novia del Plata (1832), Los consuelos (1834), Rimas (1837), La guitarra (1842) e Manual de enseñanza moral (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista que apareceu en abril de 1912 na Estrada. Dirixido por Benigno Pío Losada, contaba con Severino Trigo na súa redacción. Trátase dun dos voceiros do movemento de Acción Gallega que tivo a súa continuidade no Heraldo de Galicia, a partir de 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Estrada entre os anos 1906 e 1917. Dirixiuno Benito Pío Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á equitación.

      1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

      2. orde ecuestre

        Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, a vella clase militar da que se nutría a cabalería romana dende Servio Tulio. No s III a C perderon as súas funcións militares pero conservaron a súa preeminencia social, que se incrementou no s II a C, xunto co seu peso económico. Dende o 129 a C definiuse unha nova categoría de cidadáns libres que acreditaban no censo a posesión dun millón de ases ou 400.000 sestercios e, fronte aos senadores, se dedicaban aos negocios, ao comercio a grande escala, á recadación de impostos e traballaban como contratistas das obras públicas. Integráronse nesta clase os publicani, ricos comerciantes e intermediarios. A súa presencia no poder político era escasa e os seus membros tiñan dereito a levar como distintivo o angusus clavus, dúas franxas de púrpura de dous dedos de ancho na túnica que simbolizaba a súa posición.

      1. Aplícase ás obras de arte que representan unha persoa a cabalo.

      2. estatua ecuestre

        Escultura que representa unha figura humana sobre un cabalo. Este motivo iconográfico remóntase á antigüidade clásica, onde aparece no reverso das moedas, nalgúns relevos -entre os que destacan os frisos do Partenón de Atenas-, e nalgunhas esculturas exentas como o cabaleiro Rampin. Da época romana consérvase o bronce de Marco Aurelio (178-180 d C), que Michelangelo colocou no centro do Capitolio en Roma e que se converteu no paradigma das representacións ecuestres do Renacemento. Entre as representacións escultóricas renacentistas cómpre salientar Il Gatamelata, de Donatello, e Il Colleone, de Verrochio, e, entre as pitóricas, o fresco de John Hawkood de Paolo Ucello e Carlos V na batalla de Mühlberg de Tiziano. Dende o s XVII foi unha representación empregada polos soberanos, entre outras destacan as de Filipe III e Filipe IV en Madrid, e no s XIX foi a postura preferida nos monumentos dedicados a militares. Dos escultores contemporáneos que se interesaron...

    2. Na época feudal, bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival internacional de música e teatro creado en 1947 e que incluía na súa programación espectáculos de ópera e danza. Promovido desde os seus inicios polo Concello de Edimburgo e polo Consello Escocés das Artes, desenvólvese durante o mes de agosto. Desde os seus inicios, moitos grupos decidiron presentar os seus espectáculos en espacios adaptados temporalmente como salas de teatro e o éxito foi tal que se creou un festival paralelo, denominado Fringe Festival, que constitúe un dos maiores atractivos dun programa que ofrece todo tipo de propostas vinculadas ás artes escénicas, ás que hai que sumar un Festival de Cine, un Festival de Jazz e unha Feira editorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (841-870) Derradeiro rei da Anglia do Leste (855-870). Foi fillo dun rei saxón e adoptado polo Rei Offa, a quen sucedeu no trono. Morreu saetado e decapitado por uns dinamarqueses. É patrón dos estudiantes de Inglaterra. Na iconografía leva unha coroa real na cabeza e unha frecha na man como atributo persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Urbanista e arquitecto neerlandés. Estudiou arquitectura na Academie van Beeldende Kunsten de Rotterdam (1915-1917) e ampliou estudios na Academie van Bouwkunst de Amsterdam (1919-1922). Polo deseño do edificio da academia neerlandesa de ciencias, que non construíu, recibiu o Prix de Rome en 1922. Colaborador de Theo van Doesburg, foi un dos delegados encargados de preparar o IV Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (CIAM, 1932) e do plenario do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC) en Barcelona. Fixo a planificación urbanística de Amsterdam e presidiu o CIAM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Despois de realizar os seus estudios na Universidade de Nashville, no colexio Delta State de Cleveland e na Universidade de Mississippi, traballou a partir de 1962 como fotógrafo independente en Memphis e Washington. Participou como investigador de vídeo en cor no Massachusetts Institute of Technology (1978-1979). Considerado como un dos fotógrafos cos mellores resultados con fotografía en cor, publicou: William Eggleston’s Guide (1976), prologado por John Szarkowski, Election Eve (1977) e Troubled Waters (1978). Das diversas exposicións sobre a súa obra, cómpre salientar a celebrada no MOMA de Nova York (1976), a titulada Graceland and the South, que tivo lugar no Art Institute de Chicago (1984), e a denominada Recent Color Photos, presentada na galería Amigos da Fotografía de Carmel (1985). En 1990 participou na IV edición da Fotobienal de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Ten dúas naves, separadas por columnas e pilastras e cuberta a dúas augas, e ábsida cuberta a catro augas. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación transfronteiriza integrada polas 18 principais cidades da Comunidade Autónoma de Galicia e da Rexión Norte de Portugal, que promove a cohesión económica, social e cultural mediante a vertebración do territorio común. Este espazo rexional inclúe as cidades de Vigo, Porto, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia. A principal finalidade da organización é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico das cidades e rexións que a constitúen. Os seus obxectivos prioritarios son as obras de infraestruturas, telecomunicacións, política social, protección e promoción medioambiental, turismo, movementos migratorios e mercado de traballo, e a promoción de todo tipo de actividades económicas, sociais, culturais e deportivas que conecten coas raíces e a identidade dos concellos membros. En 1991, Carlos...

    VER O DETALLE DO TERMO