"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Teoloxía e Ciencias Bíblicas, foi cóengo e deán da catedral de Santiago de Compostela e profesor do Instituto Teolóxico e de ensino secundario. Foi secretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, secretario xeral da Xunta Central do Ano Santo compostelán (1965, 1971 e 1975), provigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela (1973) e censor e xuíz prosinodal do mesmo.
    Escribiu El Apóstol Santiago, apellidado el Mayor, Guía del Peregrino (1965), Santiago el Mayor, patrón de España: vida y culto (1985), Catedral de Santiago de Compostela (1993), Santiago Apóstolo: vida, peregrinaciones, catedral compostelana (1999) e O pensamento relixioso do profesor Alfredo Brañas (2003).
    Deán honorario das catedrais de Santiago de Compostela e Braga, recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Durante a mocidade entrou en contacto co círculo artístico e literario de Vicente Risco e asistiu aos seus parladoiros con asiduidade. Formouse en maxisterio e exerceu como docente durante dous anos en San Mamede de Urrós (Allariz), onde desenvolveu o seu grande interese pola vida do campo e onde xermolaron as características da súa obra. En 1935 regresou a Ourense e tras o estalido da Guerra Civil Española (1936), incorporouse ao exército ata 1942. Ao ano seguinte foi expulsado do corpo de mestres por razóns políticas, polo que desde entón se dedicou en exclusividade á pintura. Partiu dun realismo íntimo de corte popular, para definirse posteriormente como un expresionista de técnica empastada. Interesouse pola obra de Rembrandt e Cézanne, que lle resultou sorprendente pola súa visión da natureza. Tras os seus primeiros traballos en acuarela e debuxo (Desnudo, Maternidad), desenvolveu unha obra caracterizada pola diversidade temática. A comezos da década de 1970,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e poeta. Subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía, en 1928 emigrou a Arxentina. Dirixiu varias agrupacións corais en Bos Aires, compuxo pezas orixinais e harmonizou numerosas melodías populares galegas. Colaborou en xornais da colectividade galega como El Correo de Galicia, Céltiga e A Fouce, e publicou Versos en gama de gaita (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e galeguista. Emigrou a Bos Aires en 1919, onde se dedicou a activadades comerciais. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o xornal Correo de Galicia. Pola súa dedicación á promoción da cultura galega, a súa filla R. Puente Foglia fundou a Fundación Manuel Puente, en Bos Aires, para a conservación e difusión do seu arquivo persoal, promocionar a lingua, a literatura e a cultura galegas, así como catalogar os fondos documentais e editoriais daquelas institucións galegas establecidas en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político, fillo de Luciano Puga Blanco. Coñecido como Picadillo, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xuíz municipal de Arteixo, concelleiro (1914) e alcalde da Coruña (1917). Colaborador de El Noroeste e El Orzán, destacou como escritor de temas gastronómicos e costumistas. Da súa obra destacan Treinta y seis maneras de guisar el bacalao (1901), Integración de algunas materias de derecho civil (1901), La cocina práctica (1905), Las 56 maneras de hacer el bacalao (1906?), El rancho de la tropa (1909), Pote aldeano (1911), Vigilia reservada. Minutas y recetas (1912) e Mi historia política (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo e farmacéutico. Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1982), especializouse en farmacia industrial e galénica, e en análise e control de medicamentos e drogas. En 1975 comezou a súa actividade investigadora no departamento de edafoloxía da Facultade de Farmacia (USC) e no Instituto Universitario de Estudios y Desarrollo de Galicia. En 1981 incorporouse aos laboratorios farmacéuticos ICI Farma, SA -posteriormente ASTRAZENECA Farmacéutica Spain-, onde ocupou os cargos de director técnico e director da fábrica do Porriño.
    Presidente da Fundación Galicia-Empresa desde 2002, escribiu Ernestina Otero Sestelo: Pedagoga (1992) e Redondela (1995). En 1978 recibiu o premio Federico Maciñeira da Deputación Provincial da Coruña como coautor do traballo “Contribución al estudo de las condiciones naturales de San Andrés...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Aproveitou elementos extraídos do redescubrimento do pop e do kitsch, con finalidade crítica, e interesouse polos mitos e pola renovación da fición. É autor das novelas La traición de Rita Hayworth (1968), Boquitas pintadas (1969), El beso de la mujer araña (1976), levada ao cine por H. Babenco; Pubis angelical (1979), Maldición eterna a quien lea estas páginas (1981) e Sangre de amor correspondido (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. Loitou contra a colonización española e a penetración estadounidense (1898-1903). Gobernador de Tayabas e deputado, fundou o Partido Nacionalista e esixiu a autonomía filipina. Presidente de Filipinas (1935-1942), mellorou a xustiza, a administración e o exército. Despois da invasión xaponesa, trasladouse co goberno a Australia e despois a EE UU, onde presidiu un goberno no exilio ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do BNG, foi alcalde de Allariz (1990-2000) e durante o seu mandato o concello recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e Planificación Territorial (1994). Contribuíu á unificación das organizacións municipais galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre 1995 e 2000. Senador desde 1999 designado pola comunidade autónoma, foi coordinador da executiva nacional do BNG (2002-2003). Voceiro nacional do BNG desde 2003, foi elixido deputado no Parlamento galego e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia en 2005. É socio de honor da Sociedad Española de Medicina General pola súa contribución á mellora da atención primaria no medio rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi en Barcelona, onde coñeceu a vangarda. Iniciouse na figuración de corte expresionista ata chegar a unha estética pop, desdebuxada ou decolorada, unha abstracción xestual e expresionista, que logo deu paso a un realismo elíptico moi particular. Pertenceu ao colectivo Atlántica e a partir da década de 1990 reflectiu situacións máis persoais en que a posta en escena superaba o marco do cadro para ir máis alá do representacional. Traballou diferentes estilos de vangarda, buscou a integración de todas as artes e empregou técnicas diversas como o gravado, a pintura mural, o vídeo e a cinematografía. Das súas obras destacan Visións do Prado (1986), O rei Artur (1986-1987), Canal st (1993), Dánae (1995), A mesiña do tapete branco (1997) e Crónica de sociedade (2000). É membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1869), en 1886 instalouse en Vigo, onde foi arquitecto municipal ata 1894. Desde este posto realizou un proxecto para a aduana, que non se realizou, e a rehabilitación do antigo cárcere e pazo de xustiza. Rematou tamén as obras do mercado do Progreso que iniciara B. Gómez Román. Os seus proxectos caracterizáronse polo eclecticismo historicista e pola escolla do estilo segundo a función do edificio, empregando o neogótico nas obras relixiosas. Das súas obras destacan a actual sede da Fundación Caixa Galicia (1891), a casa de M. Núñez Berdiales (1890), a casa de Estanislao Durán (1901), a igrexa de Santiago de Vigo (1891-1907) e a igrexa e o asilo das Irmás dos Anciáns Desemparados (1892-1910). Como arquitecto da diocese de Tui, realizou a igrexa de Santa María de Porriño (1907-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Presidiu a Asamblea Constituyente (1870), o Congreso (1878-1880) e a Republica Arxentina (1904-1906). Enfrontouse a unha revolución (1905) que provocou a Unión Cívica Radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Discípulo de Meléndez Valdés, a súa influencia maniféstase en Poesías (1788), co que acadou un gran prestixio persoal e literario. Durante a crise de 1808 defendeu a causa nacional e obtivo diversos cargos políticos. Publicou manifestos e proclamas e as súas Poesías patrióticas (1808). Neoclásico e con algúns trazos románticos, empregou a poesía como forma de loita contra a tiranía. Case toda a súa produción é de exaltación patriótica ou de loanza ao progreso e á humanidade. Tamén escribiu dúas traxedias versificadas, antoloxías e estudos sobre a poesía do Século de Ouro e, en prosa, Vidas de españoles célebres (1807, 1830 e 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Escribiu Antoloxía de contos populares de Galicia (1993), Dicionario conceptual galego (1997) e Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, irmán de Vicente Quiroga Vázquez. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Alfonsino. Foi deputado pola sección de Lugo (1869-1872), pola de Quiroga (1876-1879) e polo distrito de Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901); senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904), e director xeral de Agricultura (1895),

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Actuou como pianista en Madrid. Destacou como autor de zarzuelas, como Pepita Romero (1944), de comedias musicais e de cancións como “Ojos verdes”, “María de la O”, “Pena mora” e “Ay pena, penita, pena”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de escena, crítico e ensaísta teatral. Membro do Ballet Gallego Rey de Viana (1960-1974), desde 1972 dirixiu o Grupo de Teatro O Facho, co que estreou, entre outros, O mendiño e o can morto (1974) e Paco Pixiñas (1977). Cofundador da Compañía Luís Seoane, estreou A esperar por Godot (1984). Formou parte da dirección da Agrupación Cultural O Facho e foi fundador e presidente da Asociación Musical Andrés Gaos. Publicou en Grial o ensaio “A percura do cine galego” (1973) e foi o promotor do I Concurso Nacional de Cómic Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO