"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Química e edafóloga. Doutorouse en Farmacia en 1964 pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o certificado de estudios superiores de edafoloxía na Universidade de Nancy (1967) e o cargo de investigadora asociada no Centre National de la Recherche Scientifique (1970-1971). Foi profesora de bioquímica, termodinámica e mecánica estatística na Universidade de Santiago de Compostela (1959-1966), encargada de edafoloxía (1969) e investigadora do CSIC en 1965. Foi discípula do doutor Guitián Ojea, co que colaborou na elaboración dos mapas de solos de Galicia, e do edafólogo Duchaufour de quen traduciu, entre outras obras, Manual de Edafología, Atlas Ecológico de los Suelos del Mundo e Edafología. 1. Edafogénesis y clasificación. Tamén escribiu sobre a ciencia do solo. Pertenceu á Comisión Internacional para a avaliación científico-técnica do Research Institut of Crop Prodution de Praga-Ruzyne (Checoslovaquia, 1992) e á Comisión Europea para a avaliación do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre a Popa, a Vela, o Centauro, o Camaleón, o Peixe voador e o Cabalete de Pintor. Está formada por 206 estrelas visibles para o ollo humano, entre as que están unha de primeira magnitude, tres de segunda e tres de terceira. A principal é α-Carinae ou Canopus, que é unha estrela superxigante de magnitude aparente -0,86 e situada a unha distancia de 365 anos luz. Antigamente se consideraba parte da constelación de Argón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, e da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘irmán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cale (Mello-en-Beauvaisis ? - Clermont-en-Beauvaisis, actual Clermont-de-l’Oise, Île-de-France, 1358) Líder militar da insurrección campesiña da Jacquerie. Carlos II de Navarra desarmou as súas forzas cerca de Clermont o 10 de xuño de 1358 e conseguiu a rendición da cidade. Carle foi aprisionado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas e atois de Micronesia, no Océano Pacífico, de orixe coralina e volcánica. As principais illas son Ponape, Truk, Kosrae e Palacio. Descubriunas Toribio Alonso Salazar en 1526 e foron anexionadas á coroa castelá en 1686. En 1899 España vendeullas a Alemaña e permaneceron baixo o seu dominio ata 1914, ano en que foron anexionadas a Xapón. Despois da Segunda Guerra Mundial a ONU confiou a súa administración aos EE UU, en réxime de fideicomiso, dentro do grupo designado como Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carro pequeno de man, composto por unha plataforma para a carga, xeralmente cunha roda central, dous pés para apoialo no chan e dúas varas polas que se suxeita para conducilo.

    2. ehículo empregado para o transporte de materiais, polo xeral motorizado e provisto de mecanismos adecuados para a elevación da carga. Entre as destinadas unicamente ao transporte, a máis empregada é a carretilla manual, que consiste basicamente nunha plataforma ou caixa montada sobre rodas; a carretilla tractora está provista, ademais, dun motor eléctrico ou térmico. A carretilla elevadora ten un dispositivo (mecánico, eléctrico ou hidráulico) que permite elevar as cargas ata unha altura suficiente para o seu transporte, ou ben está dotada dunha plataforma, unhas pinzas ou unha galla que permite colocar os cargamentos a unha certa altura. Para grandes cargas, como contedores, emprégase a carretilla pórtico, de grandes dimensións e estrutura elevada, que permite colocar a carga na súa cavidade interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar (1113-1114) en Carrión de los Condes (Palencia), na que o exército dos partidarios de dona Urraca e do seu fillo, Afonso VII o Emperador, derrotou o exército de Afonso I de Aragón o Batallador. O enfrontamento tivo a súa orixe na coroación de Afonso VII o Emperador como rei de Galicia no ano 1110, co que diminuían as posibilidades de Afonso I de Aragón de unificar na súa persoa as coroas de Castela e Aragón, como xa intentara ao casar con dona Urraca, filla de Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Libro no que se aprende a ler as primeiras letras do alfabeto.

      2. cartilla agrícola

        Documento creado dentro do marco de reformas normativas impulsadas cara á metade do s XIX, nun clima de cambios moderados e de constitución do sistema educativo liberal español. Nese momento, os gobernantes sentiron a conveniencia de que os escolares tivesen coñecementos racionais de agricultura para mellorar tecnicamente as producións agrarias e garantir así uns mellores rendementos. Así, no 1848 ditouse un Real Decreto para a elaboración dun Catecismo de Agricultura e duns Elementos de Agricultura española destinados a uso escolar. Aprobouse o texto de Alejandro Oliván, Manual de Agricultura, que se comezou a utilizar nas escolas como tal cartilla agrícola a partir de 1849; os seus contidos comezaron a formar parte dos programas das escolas elementais completas ata que desapareceron en 1901. Con todo, en 1909 unha real orde animaba os mestres a que ensinasen nocións de agricultura aos seus alumnos. Por este motivo, apareceron abondosas cartillas agrícolas ou...

      1. Caderno onde se anotan datos persoais.

      2. cartilla de aforros

        Caderno no que se anotan as entradas e saídas de diñeiro dunha conta bancaria que unha persoa realiza coa intención de levar o seu control.

      3. cartilla de racionamento

        Libriño no que se establece a distribución de produtos básicos entre a poboación en períodos de escaseza ou conflito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde   contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1983, é o autor, entre outras obras, dun edificio de vivendas en Celeiro, dunha casa-pazo en Cospeito e do pavillón da Xunta de Galicia na feira Arco 90. Colaborador da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), escribiu, con Xosé Luís Martínez Suárez, A Coruña 1890-1940 (1984).   En 1987 recibiu o primeiro premio do deseño da zona deportiva do casino do Carballiño e o segundo premio do deseño do Parlamento de Galicia. En 1988 foi galardoado co primeiro premio á mellor caseta de Feciga e o seu proxecto de vivendas de Ferrol foi seleccionado en 1990 no concurso European 90.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura.   En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramiro Casabella López .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e cinematográfico. Comezou no teatro como afeccionado na Coruña e como profesional en Madrid a finais dos anos 20. Despois da Guerra Civil, sen deixar o seu labor teatral, converteuse nunha figura de relevancia na historia do cine español da década de 1940, a partir da súa aparición no filme Polizón a bordo! (1941), de Florián Rey. Na súa traxectoria cinematográfica foi importante a súa relación co produtor Cesáreo González e a súa vinculación coa obra literaria, levada ao cine, de Wenceslao Fernández Flórez. En relación con estes dous feitos están as súas interpretacións en Botón de ancla (1947), El negro que tenía alma blanca (1951) e La trinca del aire (1951), as máis importantes da súa carreira cinematográfica. Baixo a dirección de Rafael Gil interpretou os filmes: El   hombre que se quiso matar (1942), Huella de luz (1947) e Camarote de lujo (1957).   Caracterizouse pola súa expresividade xestual e versatilidade, tanto para a comedia como para o drama. A chegada da televisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político. Militou na CNT e interveu nas folgas de 1918 polo que tivo que fuxir de Barcelona. No 1921 participou no asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato, en represalia pola persecución dos sindicalistas en Catalunya. Refuxiouse primeiro na URSS, onde ingresou no PCUS, e en 1924 participou na organización de varios movementos comunistas latinoamericanos dende México. No verán de 1932, tralo seu regreso a Barcelona, colaborou na fundación do Partit Comunista de Catalunya, adscrito ao Partido Comunista de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de cascabullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de cascallo.

    VER O DETALLE DO TERMO