"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto de oxidación do ácido úrico, de fórmula C4H6N4O3 que, nos mamíferos distintos dos primates, incluíndo a especie humana, é o termo final do catabolismo das purinas. Atópase nos seus ouriños e tamén en numerosos vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto higroscópico, obtido por hidrólise alcalina da alantoína ou ben condensado na urea con ácido glioxílico.
-
-
De cor da laranxa.
-
A cor laranxa.
-
-
PERSOEIRO
Escritor posromántico e político. Dende mozo residiu en Madrid, onde interveu como xornalista no liberalismo revolucionario, ata que, desenganado, se decantou cara a un conservadurismo cada vez máis extremado. Exerceu como crítico teatral e publicou numerosos contos e novelas, entre as que destacan El sombrero de tres picos (1874), El escándalo (1875), El niño de la bola (1880), El capitán veneno (1881) e La pródiga (1882), que manifestan unha visión superficial da realidade e a preocupación polos convencionalismos morais. Foi deputado en Cortes e membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e cartógrafo estremeño. Foi o primeiro que explorou as costas da California e o val do Colorado, onde recolleu materiais para a confección dun mapa, así como da costa occidental de México (1541).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Ruiz de Alarcón y Mendoza.
-
-
Que pertence a Allariz ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Allariz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou produce alarma.
-
-
Relativo ou pertencente a Alasca.
-
Habitante ou natural de Alasca.
-
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira do sur de Alasca. Esténdese formando un arco desde a península de Alasca ata a fronteira canadense e constitúe a barreira física e climática entre a Alasca central e a costa do golfo. O seu punto culminante é o monte McKinley. As partes baixas están cubertas de coníferas e habitadas por fauna maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Juan de Ibarra (Larrinoa?, Araba, antes do 1505 - Salamanca 1537) Arquitecto vasco. Realiza a súa formación en Gasteiz como mestre de obras. Reclamado polo Arcebispo Fonseca II, chega a Santiago de Compostela no ano 1510 para facer as trazas do novo claustro da Catedral que ía substituír ao medieval. Álava incorporará a este proxecto un pequeno grupo de arquitectos formados na escola castelá e que despois deixarán a súa pegada en Compostela: Gil de Hontañón, Juan de Badajoz e Alonso de Covarrubias. No 1521 comezan as obras do claustro baixo a dirección de Xácome García, canteiro local dende entón vencellado a Juan de Álava en gran parte da súa obra en Galicia. A construción deste claustro, con numerosos problemas nos seus alicerces, será un dos primeiros exemplos das formas renacentistas en Galicia, combinando as formas construtivas goticistas tanto nos abovedamentos como nas crucerías nervadas con motivos ornamentais clasicistas. Atópanse exemplos da obra deste arquitecto...
-
-
Especie de pato de superficie na que o macho ten a cabeza e o pescozo verdes cun colar branco, o peito castaño, o corpo cinsento, o peteiro amarelo e as patas alaranxadas; a femia é parda apencada co peteiro pardo alaranxado; os dous presentan espellete de cor morada. É unha ave holoártica que cría en toda Europa. En Galicia é o anátido máis común como aniñador, e reprodúcese en beiramar, cursos fluviais e noutras zonas húmidas como brañas e lagoas. É a raíz de moitas razas domésticas e explótase pola súa carne.
-
alavanco negro
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabalo ou egua que ten o pelame entre marelo e pardo, semellante á canela.
-
PERSOEIRO
Político castelán. Foi secretario xeral da Unión Nacional, posteriormente ingresou no Partido Liberal de Moret. Ministro de Finanzas do goberno de Romanones (1916). No 1918 fundou Izquierda Liberal, de tendencia monárquica. Exiliouse en París durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Proclamada a Segunda República (14 abril 1931), afíliase ao Partido Republicano Radical e preside as Cortes durante o bienio 1933-1934. Emigrou ao estranxeiro antes de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional creada en Oleiros e que en 1996 presentou o seu primeiro espectáculo, As criadas, a partir do texto homónimo de Jean Genet, con dirección de Elina Luaces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Alba, no concello de Pontevedra. A antiga edificación era unha obra románica que foi substituída en 1593 por outra mandada construír polo Arcebispo San Clemente. Da primitiva fábrica medieval tan só se conserva unha inscrición moi desgastada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Albá, (Palas de Rei). De fábrica románica moi alterada por modificacións posteriores, motivo polo que só conserva a nave. Destacan as portadas meridional e occidental, especialmente a primeira, que ten a súa única arquivolta de medio punto decorada con casetóns, motivo xeométrico só empregado nos arcos dalgúns templos do centro de Galicia. A porta oeste é abucinada, con dúas arquivoltas que se ornamentan con cadrados e con círculos afundidos e separados entre si. Polo seu estilo decorativo, debeu ser construída contra o 1200.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego editada na Coruña polo colectivo ecoloxista Adega en 1986 e subtitulada “Follas de Adega. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza”. Colaboraron, entre outros: Ramón Vilalta López, Ramón Varela Díaz, Carlos Vales Vázquez e Alberte Santos. Contén fotografía de Chus García, Carlos Silvar, Moncho Rama e Xurxo Lobato. Incluía tamén ilustracións. Trátanse temas ecolóxicos de Galicia e cuestións antimilitaristas.
-
-
Parra de mollos de vides que se coloca normalmente na cociña e a certa altura.
-
Pequeno sitio ou armazón feito con táboas onde se colocan as patacas ou a herba para o gando.
-
-
RIOS
Río que nace no Rodeiro (a 600 m de altitude) e discorre pola parroquia de Corvelle ata confluír co río Pequeno, afluente pola marxe dereita do río Miño, na parroquia de Muimenta. Atravesa en dirección N-S a comarca de Terra Chá.
VER O DETALLE DO TERMO