"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

      1. Cambiar algo ou alguén o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.

      2. Alterar algo ou a alguén a súa maneira xenuína de ser ou de se comportar, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.

    1. Alterar a veracidade de algo que se describe ou se relata.

      1. Cambiarse o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.

      2. Alterarse a maneira xenuína de ser ou de se comportar de algo ou de alguén, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unha forma anómala ou irregular que se afasta do esperable ou normal.

    2. Que, debido á súa gran maldade, é propio dun ser cruel ou monstruoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración da forma dun órgano nun individuo a causa de lesións tróficas, traumatismos ou trastornos funcionais.

    2. Calidade ou condición de deforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e economista. Foi asesor económico no Segundo Plan de Desarrollo, vicepresidente do FORPA (1969-1970), conselleiro económico da embaixada de España en Pretoria (1970-1975) e director xeral no ministerio de Comercio, Industria e Facenda (1977-1979). Dende xullo de 1980 ocupou a xefatura de xestión das reservas de divisas e relacións internacionais do Banco de España. Foi nomeado secretario xeral de comercio do ministerio de Economía e Facenda (1982) e secretario de estado de Economía e Facenda (1986). En 1988 abandonou a Administración pública e integrouse nos consellos de administración do Banco Exterior de España (BEX), do Instituto Nacional de Hidrocarburos e de Renfe, e foi nomeado conselleiro delegado do Banco Pastor o 22 de xullo dese ano. No 1989 foi elixido membro do grupo de expertos G-30 (organismo internacional independente dedicado ao estudo dos problemas económicos e financeiros do mundo). Colaborou co Instituto de Estudios Económicos de Galicia da Fundación Pedro Barrié...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se parece a un deus na súa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Residiu en Roma, onde coñeceu a arquitectura clásica. Adoptou os novos esquemas renacentistas nas súas construcións. Enrique II nomeouno superintendente de edificios reais. Entre as súas obras destacan o castelo de Saint-Maur-les-Fossés en Lyon (1541), o castelo de Anet, ou casa de Diana, de Francia, a galería de Enrique II en Fontainebleau e a tumba de Francisco I en Saint-Denis. Realizou o proxecto do palacio das Tuilleries por encargo de Catarina de Medici. Escribiu Nouvelles Inventions (Novas invencións, 1561) e Architecture (Arquitectura, 1567).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de dendrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de dente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ácaros ectoparasitos das aves, ao que pertence a especie D. gallinae, de ata 1 mm de lonxitude e de cor vermella. Durante o día permanecen agochados nas físgoas dos niños, galiñeiros ou pombais, e saen durante a noite, cando repousan as aves, para alimentarse do seu sangue. Poden completar o ciclo vital en 10 días en condicións ambientais favorables, e as femias poñen uns 10 ovos de cada vez. Os adultos poden resistir ata 5 meses sen alimentarse e poden afectarlle ao home se penetran nas vivendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dermápteros.

    2. Insecto pertencente á familia dos dermápteros.

    3. Orde de insectos denominados popularmente cadelas de frade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘pel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da pel que se caracteriza por irritación, avermellamento, inchazón e proído e que pode estar causada por factores endóxenos ou esóxenos. Dentro das dermatites endóxenas cómpre mencionar a dermatite atópica, manifestación cutánea dun proceso xeral, que se denomina atopia, e que transcorre cunha hipersensibilidade anormal, e a dermatite seborreica, que se caracteriza pola aparición de lesións eritematosoescamosas nas zonas de maior actividade sebácea. Dentro das dermatites esóxenas están a dermatite de contacto, as irritativas, as alérxicas, as fototóxicas e as fotoalérxicas, moi frecuentes na vida moderna xa que o individuo entra en contacto con numerosas substancias que poden ocasionar alteracións cutáneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dermatocarpáceas.

    2. Lique pertencente á familia das dermatocarpáceas.

    3. Familia de liques ascomicetos da orde das verrucarialis, de talos foliáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pezas esqueléticas de orixe mesodérmica ou cunha osificación dérmica que, segregadas polo tegumento exterior do animal, contribúen á súa protección e quedan recubertas pola epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que se alimenta das escamacións da pel doutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO