"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Zoólogo e farmacéutico. Profesor de ciencias biolóxicas e químicas. Publicou El Montseny parque natural (1953), La vida maravillosa de los animales (1961), El mundo viviente (1967) e El zoo de Barcelona, educació e esplai (1982). Foi director do parque zoolóxico de Barcelona (1955-1985) e do museo de Granollers, fundador do Centro de Bioloxía Animal e Aplicada e Primatoloxía, secretario xeral da Unión Iberoamericana de Parques Zoolóxicos (1958-1986) e membro da Unión Internacional de Parques Zoolóxicos (1961-1986). Dedicóuselle o nome dun novo parasito do gorila (Brodenia jonchi).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amálgama de cinc que se emprega como redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto descuberto en 1962 por B. D. Josephson que consiste no paso de corrente eléctrica a través de dúas pezas supercondutoras separadas por unha capa fina de material illante. Para que se produza o efecto, cómpre manter o sistema a unha temperatura próxima ao cero absoluto para que o supercondutor presente unha resistencia case nula. Este dispositivo, coñecido como unión Josephson, abre novas posibilidades á electrónica. Segundo o modo de funcionamento, distínguese entre efecto Josephson continuo e alterno. A explicación teórica do efecto Josephson baséase na teoría BCS sobre a supercondutividade, establecida en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de calor nun condutor ao ser percorrido por unha corrente eléctrica. Débese ao fregamento dos electróns libres cos átomos e os outros electróns. A cantidade de calor producida é dada pola lei de Joule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación da temperatura que ten lugar nun gas real que se espalla adiabaticamente sen efectuar ningún traballo exterior. Este efecto pon de manifesto a existencia de forzas intermoleculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (San Pablo Guelatao, Oaxaca 21.3.1806 - Ciudad de México 18.7.1872) Político mexicano. Representante do reformismo liberal, foi gobernador de Oaxaca desde 1847 ata 1853 e de novo desde 1856, tras unha paréntese motivada polo goberno de López de Santa Anna, quen o desterrou de México. Nomeado presidente da Suprema Corte de Justicia desde 1857, en 1858 foi elixido presidente da República, cargo que tamén ostentou desde 1861 ata 1862. Durante o seu mandato nacionalizou os bens eclesiásticos, ditou as Leyes de la Reforma e suspendeu o pago da débeda externa, -como un intento de recuperar as perdas provocadas pola Guerra de la Reforma (1858-1860)- feito que deu lugar ao desembarco de tropas de Francia, Reino Unido e España, que impuxeron como emperador o arquiduque de Austria, co nome de Maximiliano I de México. En 1867, retiradas as tropas francesas e fusilado Maximiliano I, ocupou novamente a presidencia ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juli Antoni Rodríguez i Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en Ourense. Declarada pola Xunta de Galicia de interese cultural e galego, ten como fins a protección, divulgación e estudo da obra do gravador e pintor Xulio Prieto Nespereira e a conservación do seu patrimonio artístico e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de gravado convocado na Bienal Internacional de Gravado organizada por Caixanova desde 1991, en memoria do gravador Xulio Prieto Nespereira. O xurado -formado por académicos pertencentes ás diversas academias de belas artes, gravadores e críticos especializados- outorga tres premios (medallas de ouro, prata e bronce) e cinco mencións honoríficas. Ás obras presentadas polos participantes engádense as de artistas nacionais e internacionais invitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Documentalista. Directora do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, posteriormente pasou a dirixir o Arquivo Histórico da USC. Entre as súas obras destacan Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela: pergameos da Serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (1237/1537) (1991), en colaboración con Manuel Lucas Álvarez; Inventario de protocolos notariales: La Coruña: 1563-1894 (1995) e Inventario de Protocolos Notariales: Noia: 1531-1895 (1997); Inventario de protocolos notariales: Carballo: 1570-1891 (1995), en colaboración con Ana Isabel Cardiel Callejero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter relixioso editada en Tui a partir do 1 de novembro de 1870, que cesou a súa edición o 20 de xuño de 1871. Dirixida por Xoán Á. Mera, na súa redacción participaron Teodosio Vesteiro Torres e T. Sánchez Patiño. Saía cada dez días e incluíu información relixiosa e literaria. Puido tamén titularse Juventud Católica del Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo do caricaturista Ricardo García López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico checo. Foi un iniciador da medicina psicosomática. Describiu o mieloma múltiple (múltiples tumores malignos na medula ósea), tamén coñecido como enfermidade de Kahler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión semidesértica da África meridional, ao N do río Orange e ao S do lago Ngami, entre Botswana, a República Sudáfricana e Namibia. Ocupa uns 260.000 km2, cunha altitude media que vai entre os 800 e os 1.200 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. En 1957 realizou a súa obra mestra Let’at zuravli (Cando pasen as cegoñas, 1957) e, posteriormente, unha interesante coprodución con Italia: La tenda rossa (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IND Procedemento de elaboración do aceiro que consiste en insuflar osíxeno dentro do foso para queimar o exceso de carbono que este contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, director teatral e escenógrafo polaco. Durante a ocupación nazi creou en Cracovia o Teatro Independente de xeito clandestino. Do mesmo xeito creou a compañía coa que desenvolvería e difundiría o seu estilo teatral, chamada Teatro Cricot 2, fundada por el en 1955. Influído ao comezo polo surrealismo e o expresionismo, posteriormente achegou ás súas obras elementos de tipo informalista. Das súas obras destacan A clase morta, Que rebenten os artistas, Aquí non volverei máis e Hoxe é o meu aniversario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS, colaborou na teoría soviética da aplicación da programación lineal ao cálculo da planificación económica. Foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 1975, xunto co economista estadounidense T. Koopmans, polas súas achegas á teoría da óptima localización dos recursos económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO