"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Movemento político sudafricano fundado en 1912 coa finalidade de abolir o apartheid e que se transformou en partido político a partir de 1994. Xurdiu da Native Education Association fundada na Cidade do Cabo en 1892. Posteriormente, transformouse no Native National Congress (Bloemfontein, 1912). O seu primeiro presidente foi o clérigo zulú Mafukuzela, coñecido como J. Dube. Entre os seus líderes figuran Albert Luthuli, presidente en 1952, Oliver Tambo, Nelson Mandela e Thabo Mbeki. En 1959 escindiuse a ala situada máis á esquerda baixo o nome de Pan-Africanist Congress. Ilegalizado entre 1960 e 1990, propugnou a loita armada mentres a maioría dos seus líderes foron encarcerados ou marcharon ao exilio. En 1987 iniciou a vía do diálogo co goberno e asinou o 6 de agosto de 1990 os Acordos de Pretoria nos que renunciou á loita armada. O seu presidente, Oliver Tambo, regresou do exilio e, en xullo de 1991, cedeulle a presidencia a Mandela. Principiado o proceso de abolición do apartheid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político indio fundado en 1885 denominado tamén Partido do Congreso. De orientación socialista e democrática, foi partidario da non-aliñación. En 1905 solicitou o swaraj (‘autogoberno’) e ata 1920 desenvolveu unha política de oposición leal ao dominio británico. Dende ese mesmo ano, liderado polo mahatma Gandhi, tivo como obxectivo obter a purna swaraj (‘completa independencia’) por medio de campañas non violentas de desobediencia civil. Trala obtención da independencia en 1947, converteuse, con pequenas interrupcións, no partido maioritario do Parlamento ata 1989. Entre 1929 e 1959 o presidente do partido foi Jawaharlal Prasad Nehru, primeiro ministro da India (1947-1964) e un dos líderes da Conferencia de Bandung e do Movemento dos Países Non-Aliñados. Sucedeuno como primeiro ministro Lal Bahadur Shastri (1964-1966). En 1969 produciuse unha primeira escisión coa creación do Indian National Congress Organization (O, Organización do Congreso Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Barcelona entre o 18 e o 25 de xuño de 1870 que reuniu, por primeira vez, a delegados das sociedades obreiras de toda España. A súa convocatoria partiu do semanario internacionalista madrileño La Solidaridad e recolleuna o barcelonés La Federación. O lugar elixido para a súa celebración fixouse por un plebiscito entre a maioría das sociedades obreiras e asistiron 89 delegados con dereito a voto. Dende un principio o Congreso addheriuse á Asociación Internacional do Traballo (AIT). As principais cuestións debatidas e aprobadas foron: a acción sindical de resistencia ao capital; a defensa do cooperativismo pero non como o principal camiño da emancipación obreira; a organización social dos traballadores baseada nas seccións de oficios que se agruparían en federacións locais, e estas en federacións rexionais; e a actitude apolítica. Tralo Congreso constituíuse a Federación Rexional Española da AIT e fixouse a residencia do consello federal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión na que se recollerían as preocupacións educativas expresadas por algúns pedagogos hispanos da primeira metade do s XIX. No ano 1882 tivo lugar o primeiro Congreso Nacional Pedagógico convocado en Madrid, no que se debateron os problemas xurdidos no ensino e a súa xeneralización ás diversas clases da cidadanía. Ademais do debate pedagóxico, tamén se discutiron as diversas políticas educativas, onde se confrontaron as posicións dos liberais e da Institución Libre de Enseñanza (ILE) coas posturas tradicionais dos conservadores. A este primeiro congreso seguíronlle, de modo inmediato, outros: o Congreso Pedagógico de València (1886), o Congreso Nacional Pedagógico de Barcelona (1888), o Congreso Pedagógico Hispano-Portugués Americano (1892), o Congreso Regional de Pontevedra (1887) e a Asamblea Nacional de Maestros (1891). A celebración destes encontros permitiu a configuración dun estado de opinión favorable á reforma educativa e a creación dun clima de innovacións pedagóxicas que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estadounidense de dereitos civís fundada en Chicago en 1942 por James Farmer. Xurdiu para promover as boas relacións entre os diversos tipos humanos e evitar a discriminación racial nos EE UU. Realizaron diversas accións non violentas, entre as que destacan o envío en 1961 dos freedom riders (‘xinetes da liberdade’) aos estados do sur para investigar a existencia de leis discriminatorias e a promoción da marcha sobre Washington en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo inglés. Está considerado como o máis xenuíno representante da comedia da Restauración, período que vai de 1660, ano no que Carlos II recuperou o trono, ata 1714, cando Xurxo I foi coroado rei de Inglaterra. Educouse no Trinity College de Dublín e en 1688 regresou a Inglaterra. No 1692 publicou a novela Incógnita e no 1963 estreou a súa primeira comedia, The Old Bachelor (O vello solteirón), que xa contiña os elementos básicos da súa escrita, caracterizada pola crítica dos costumes da burguesía vilega, a nova clase social en ascenso, e pola denuncia do puritanismo, tan presente na sociedade británica desde os tempos de Enrique VIII e Isabel I. Outras comedias foron Love for Love (Amor por amor, 1695) e The Way of the World (O camiño do mundo, 1700). En 1698 publicou Amendments of Mr Collier’s False and Imperfect Citations (Aclaracións sobre as acusacións, incompletas e falsas, de Mr Collier), onde se defendía dos ataques de Jeremy Collier, quen denunciara...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cóngridos.

    2. Peixe da familia dos cóngridos.

    3. Familia de peixes da orde dos anguiliformes que se caracterizan polo maxilar superior que sobrepasa a mandíbula, por non presentar escamas e por posuír aletas pectorais ben desenvolvidas. A esta familia pertence o congro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado e cilíndrico, de ata 150 cm de lonxitude, aínda que os machos non superan os 60 cm. De cor acastañada escura no dorso e arxéntea no ventre, a súa pel non ten escamas e está cuberta dunha mucosa. A cabeza presenta unha boca grande e dous pares de orificios nasais, un na parte frontal e outro por detrás dos ollos. As aletas pectorais son grandes, a aleta dorsal percorre todo o lombo do animal e as aletas caudais e pélvicas están ausentes. É un depredador voraz que non despreza a prea. Habita nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, e no Mar Mediterráneo. Aínda que nada con facilidade, grazas aos movementos ondulantes das aletas dorsal e anal, ou mesmo de todo o corpo, pasa moito tempo agochado á espreita entre as penedías do fondo. As poboacións do Océano Atlántico crían no mar dos Sargazos. Logo da freza, os dous sexos morren. Cada femia pon ata 8 millóns de ovos dos que nacen unhas larvas peláxicas, de corpo comprimido e transparente, que se manteñen entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Renda que se dá aos clérigos para a súa manutención.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de congruente.

    2. Nun anel, relación de equivalencia compatible coa estrutura, definida por aRb se e só se a e b son congruos un módulo elemento do anel: aRbBab (mod m).

    3. Calidade xurídica pola que a parte dispositiva das sentencias xudiciais debe axustarse ás pretensións oportunamente formuladas polas partes durante o xuízo, de modo que non se outorguen cousas distintas das pedidas, nin máis do solicitado. O vicio de incongruencia é denunciable en casación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se corresponde ou concorda con algo que se indica.

    2. Aplícase a dous números que, ao dividilos por outro, m, dan o mesmo residuo; isto é, dous elementos a e b pertencentes a un anel son congruos módulo m, escrito ab (mod m), se existen os elementos p, q, r no anel que cumpran que a=mp+r, b=mq+r.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de congruo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que admite a graza congrua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao congruísmo.

    2. Partidario do congruísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. congruente.

    2. Gracia efectiva polo feito de que está proporcionada exactamente para as disposicións e circunstancias de quen a recibe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Estudou na Accademia di Belli Arti de Palermo (1938-1944). Instalado en Roma, foi un dos fundadores do grupo Forma (1947). A súa obra revelou as influencias vangardistas do cubismo e do futurismo, e unha tendencia á non figuración. Empregou a madeira, o ferro e o bronce. Escribiu diversos ensaios de plástica escultórica, entre os que destaca Consagra che scrive: scritti teorici e polemici, 1947-1989 (Consagra escribe: escritos teóricos e polémicos, 1947-1989, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de consagrar ou consagrarse.

    2. Momento da misa no que se recitan as fórmulas de institución da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de consagrar ou consagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO