"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cánabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abu-l-Qāsim’Ammār ibn’ Alī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cartucheira de coiro ou de tea utilizada polos cazadores, que a levan cinguida ao van como unha bandoleira provista de compartimentos do mesmo material, para levar a munición.
-
-
Relativo ou pertencente a Canaán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Canaán.
-
Poboación autóctona de Palestina anterior á invasión dun grupo de pobos semitas nómades no III milenio a C; nos ss XIX-XVIII a C constituíron a base da poboación do país durante a dominación dos hiksos. Os cananeos habitaban en núcleos urbanos e a súa base económica era a agricultura e o comercio. Os cananeos foron progresivamente substituídos polos hebreos cara ao s XII a C, despois de numerosos enfrontamentos.
-
-
Grupo de linguas semíticas occidentais que comprende o cananeo antigo, o moabita, o fenicio e o hebreo; é discutible a inclusión do ugarítico neste mesmo grupo.
-
cananeo antigo
Lingua falada polos cananeos antes da conquista de Canaán polos hebreos. Consérvase en determinados topónimos e, especialmente, nas glosas das cartas de Tell Al-Amārna (ss XV-XIV a C). Estes documentos, descubertos no 1887 no Alto Exipto, están escritos en caracteres cuneiformes e redactados en acádico, e representan a correspondencia enviada entre, aproximadamente, o 1411 e o 1350 a C polos príncipes de Asia occidental aos faraóns Amenofis III e Amenofis IV. O texto destas cartas contén numerosas glosas que ofrecen os equivalentes cananeos dos termos babilónicos empregados e, grazas á utilización dunha escritura cuneiforme, aparecen as notacións tanto das consoantes como das vocais. O estudo destas glosas permitiu ademais determinar a gramática dun protohebreo.
-
-
-
PERSOEIRO
Médico e anatomista italiano. Exerceu como catedrático na Universidade de Ferrara. Descubriu os músculos curtos palmares e as válvulas das veas. É autor da obra gráfica Musculorum humanis corporis piturata dissectio (Disección pintada dos músculos do corpo humano, 1541).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Asento lixeiro e alongado con esqueleto de madeira, respaldo acolchado e brazos, onde se poden sentar ou deitar as persoas.
-
Rebanda ou parte dunha rebanda fina de pan de molde, untada con manteiga, paté, tomate, aguacate, limón, etc, sobre a que se poñen diversos ingredientes, como xamón, queixo, olivas, ovo cocido e caviar, entre outros. Normalmente, tómase como aperitivo.
-
-
-
Limpar cunha cañeira aventando os restos de pallas ou de espigas miúdas que quedan nos cereais, como no trigo ou no centeo despois de mallalos e cando aínda están na eira.
-
Capturar a alguén que anda fuxido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Ecuador (3.122 km2; 210.240 h [estim 1997]). A capital é Azogues (21.060 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noticia que se fai correr para enganar a xente.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do Océano Atlántico, situado fronte ás costas noroccidentais africanas, que constitúe unha comunidade autónoma española (7.273 km2; 1.606.534 h [1996]). Está integrado por sete grandes illas: Lanzarote e Fuerteventura no L; Gran Canaria e Tenerife, as máis grandes, no centro; e La Gomera, El Hierro e La Palma, as máis pequenas, no O. Administrativamente está dividida entre as provincias de Santa Cruz de Tenerife (que abrangue as catro últimas illas e acolle unha poboación de 772.449 h [1996]) e Las Palmas de Gran Canaria (que inclúe as illas de Fuerteventura, Lanzarote e Gran Canaria, con 834.085 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O arquipélago canario é de orixe volcánica; as súas illas formáronse a través dunha serie complexa de erupcións na dorsal oceánica, que seguiron un esquema xeral de tres fases: unha primeira fase deu orixe a un groso manto de rochas básicas (basaltos, diabasas), unha segunda fase de rochas ácidas (fonolitos), cubriu en... -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa dedicada á cría de canarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de canarios con fins comerciais ou de recreo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás Canarias ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante das Canarias.
-
Modalidade do castelán falada nas Canarias. A relación que mantiveron as Canarias co continente americano explica moitas características lingüísticas que posúe o canario. Foneticamente, presenta unha grande afinidade co estremeño, co andaluz occidental e co castelán de América: a) aspiración do f- inicial latino (jumo ‘fume’); b) aspiración ou asimilación á consoante inmediata do s implosivo (mojca, mosca); c) seseo (casar ‘cazar’); e d) yeísmo. Morfoloxicamente destacan, entre outros, os seguintes trazos lingüísticos: a) cambios de xénero (el costumbre ‘o costume’); b) plurais dobres (pieses ‘pés’); c) uso de vostedes no canto de vós; e d) leísmo e laísmo. En canto ao léxico existe unha grande heteroxeneidade que se caracteriza por: a) restos do substrato guanche (baifo ‘año’); b) lusismos (legume ‘legume’); c) andalucismos (lasca ‘anaco’); e d) americanismos (guagua ‘autobús’).
-
baile do canario
Danza de ritmo binario, bailada por unha parella de mozo e moza, probablemente orixinaria das Canarias. Fíxose moi popular desde mediados do s XVI en Castela, Francia, Italia e Catalunya, onde se conservan melodías ata o s XIX.
-
-
Ave granívora de 14 cm de lonxitude, pico groso, plumaxe con listas, cunha banda superciliar patente, e coas partes inferiores amarelo-verdosas e as superiores verde-agrisadas. É unha especie endémica macaronésica presente nos bordos dos bosques, de ambientes rurais e de xardíns dos arquipélagos dos Açores, Madeira e Canarias, e introducida nas illas Bermudas. Trasladouse a Europa pouco despois da conquista das Canarias por Castela, onde constitúe, polo canto rico e variado, unha das aves máis apreciadas como animal de compañía. Existen numerosas variedades de coloración, conformación ou variedade do canto, froito da cría selectiva.
-
-
PERSOEIRO
Almirante alemán. Na Primeira Guerra Mundial foi membro do servizo de espionaxe naval en Madrid. Nomeado xefe da Abwehr en 1935, cooperou coas forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil de 1936-1939. Desde 1938 mantivo unha actitude contraria á política de expansión de Hitler, que levou á disolución da Abwehr (1944). Participou no atentado de xullo de 1944 contra Hitler. Foi arrestado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Empresario e de-señador. Director xerente da empresa téxtil Caramelo S A. Comezou a súa andaina profesional en 1969 na empresa que fundaran na Coruña o seu tío José Antonio Caramelo e Luis Gestal, e da que se fixo cargo á morte do primeiro. O seu estilo baséase na innovación e na forte personalidade dos seus deseños, modernos e cosmopolitas. A principios dos anos oitenta, a súa firma pasou a integrarse no sector da moda galega. Foi un dos promotores dos desfiles de Luada, celebrados en diversas cidades galegas, e participante, en representación de Caramelo, no Salón Gaudí de Barcelona, na Pasarela Cibeles de Madrid, e en numerosas mostras internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da enseada de Patos, na beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de Priegue, concello de Nigrán, situada ao N da praia de Patos e ao S da punta do Cangrexo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cesto de vimbios entretecidos, ancho e de pouca altura, de forma cadrada ou redonda, que pode ou non levar asas ou tapa.
-
Cesta baixa, cadrada ou redonda, feita de vimbios ou varas e empregada, entre outras cousas, para a descarga e lavado do peixe.
-
-
-
No baloncesto, aro metálico suxeito horizontalmente a un taboleiro vertical, provisto dunha rede co fondo aberto pola que cómpre pasar o balón para encestalo.
-
Acción de introducir o balón, no deporte do baloncesto, polo aro pendurado do taboleiro. Cada vez que os xogadores dun equipo conseguen realizar esta acción no aro defendido polo equipo contrario, anótanselle no seu marcador os puntos que corresponden á situación na que se produciu o lanzamento: lanzamento libre, 1 punto; lanzamento en xogo, 2 puntos; lanzamento en xogo máis aló da liña de 6,25 m (7 m no baloncesto NBA), 3 puntos.
-
-
Xogo de cartas, orixinario do Uruguay, no que con dúas ou máis barallas francesas participan dous bandos de xogadores. O xogo consiste en tomar en cada volta unha carta do montón e deixar unha das propias, para chegar a facer combinacións mínimas de tres cartas de igual valor, e tentar conseguir unha combinación de sete cartas do mesmo número que se espallan sobre o tapete por un só xogador ou axudado polos seus compañeiros.
-
-
-
Contido dunha canastra.
-
Conxunto de canastras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que vende ou fai canastras ou canastros.