"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • (Vilnius 1835 - Petrogrado 1918) Compositor ruso. Foi un dos creadores da escola nacionalista rusa. Xunto con M. Bakarirev fundou o Grupo dos Cinco. Escribiu óperas, cancións e pezas para piano. Introduciu en Rusia a música romántica alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa a illa de Sakhalin (Rusia) e Hokkaidō (Xapón). Ten unha lonxitude de 46 km, e une o mar de Xapón, no O, co de Okhotsk, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor de obras de tendencia católica, escribiu La quête de joie (1933), La Genèse (1945), Une somme de Poésie (1946), Contemplation errante (1948), Le second jeu (1959), Une lutte pour la vie (1970) e Psaumes de tous mes temps (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. A súa obra, con puntos de contacto coas escolas nórdica e italiana, pode derivar do caravaggismo. Potenciou o valor dos volumes a través da coordinación da cor e das formas, e deu unidade ás composicións ao conectar os volumes retallados e o seu contorno a través da luz. A súa produción redúcese a temas relixiosos, dos que destaca L’adoration des bergers e Madelaine, e naturalistas profanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi retratista de Luís XV. Sobresaíu na técnica do pastel, que aplicou aos seus retratos, como Mme de Pompadour e Portrait de Mlle Fel. Ten un museo monográfico no lugar onde naceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido cos pseudónimos de Ibalan e Aspaldiko, a súa obra esténdese a todo o que se relaciona co teatro, do que foi un grande impulsor. Deu a coñecer as principais correntes europeas co seu traballo como tradutor. Pola contra, na súa obra orixinal seguiu a traxectoria de antes da guerra, con pezas costumistas e dramas históricos. En 1932 fundou e dirixiu a revista teatral Antzerti e escribiu unha historia do teatro vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos laberintodontos.

    2. Anfibio da subclase dos laberintodontos.

    3. Subclase de anfibio fósil, primeiro en colonizar o medio terrestre, entre finais do Devónico ata principios do Xurásico; extinguíronse completamente no Triásico. Caracterízanse por posuír dentes cónicos, con estrutura interna labiríntica (en sección transversal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que ten a propiedade de coagular a caseína do leite e que se atopa especialmente no estómago dos animais novos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labidognatos.

    2. Arácnido da suborde dos labidognatos.

    3. Suborde de arácnidos á que pertencen a maioría das arañas. Só teñen un par de pulmóns en libro, e posúen quelíceros articulados perpendicularmente ao plano saxital do corpo. Dentro desta suborde están as familias dos araneidos, salícidos e licósidos, entre outras. OBS: Tamén recibe o nome de araneomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Tribuno da plebe en 63 a C, foi legado de César na Galia e gobernador da Cisalpina en 56 a C. Aliñado con Pompeio, despois da desfeita de Farsalia organizou un exército que foi derrotado en Tapsos e Munda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ­

      2. Circuíto con camiños intricados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.

      3. Cousa confusa e enleada.

    1. Conxunto de estruturas no interior do óso temporal que constitúen o oído interno. Consta dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), que contén no seu interior a endolinfa, e está rodeado polo compoñente óseo (labirinto óseo), do que está separado pola perilinfa. No labirinto distínguense a denominada cóclea ou caracol pola súa forma en espiral, encargada da audición; e o vestíbulo, constituído polo utrículo, o sáculo e os canais semicirculares, na parte posterior, que participan no mantemento do equilibrio corporal.

    2. Xuntura estanca para fluídos que se emprega para unir órganos fixos e móbiles, que está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.

    3. Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.

    4. Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.

    5. Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado en Mogor (Marín). Atópase sobre unha rocha de granito e presenta un labirinto con sucos profundos e anchos con cazoleta central, de tipo Tagliatella. Ademais hai outras cinco combinacións circulares, círculos sinxelos, cazoletas illadas e outras figuras. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintomorfos.

    2. Protozoo da rama dos labirintomorfos.

    3. Rama de protozoos que comprende especies coloniais, a maioría mariñas, que se desprazan mediante unha estrutura mucilaxinosa extracelular, segregada por uns orgánulos especiais, aínda que tamén existen estadios flaxelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fallo repentino, total e definitivo do oído interno a causa de trastornos vasculares ou ben de infeccións víricas. Maniféstase con xordeira total e vertixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintulomicetos.

    2. Fungo da clase dos labirintulomicetos.

    3. Clase de fungos da división dos mastigomicotas que forman plasmodios reticulares pluricelulares orixinados pola división de células biflaxeladas dentro dun envoltorio mucilaxinoso. Son saprófitos ou parasitos que viven sobre algas ou fanerógamas mariñas. Comprende as ordes das traustroquitriais e a das labirintuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1915 polo editor Georg Willy Pfleger e Josep Fornés i Vila. Propúñase poñer ao alcance do gran público obras científicas, técnicas e de divulgación, especialmente médicas. Cara ao ano 1920 estendeuse a América Latina. Déronlle nome, sobre todo, os manuais básicos da Biblioteca de Iniciación Cultural. Co tempo, a editorial converteuse nun grupo de empresas de edición e distribución en lingua castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos ou probas e ensaios industriais. Aínda que a miúdo con esta palabra se entende o laboratorio químico e o farmacéutico, son importantes tamén os de fisioloxía, de histoloxía, de toxicoloxía e de electrónica, entre outros. Pódense clasificar en laboratorios de ensaio, tanto de primeiras materias como de produto elaborado, e laboratorios de investigación, que pode ser pura ou aplicada.

    2. Conxunto de instrumentos, instalacións e servicios anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.

    3. Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización Europea para a Investigación Nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica galega fundada polo profesor Isidro Parga Pondal en 1940 e que se dedica ao coñecemento xeolóxico de Galicia e ao Hercínico Peninsular Ibérico. Realizáronse multitude de traballos, como publicacións de cartografía xeolóxica. En 1979 trasladouse o fondo documental, a hemeroteca e a biblioteca desde Laxe á nova sede do laboratorio na fábrica de Sargadelos (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO