"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción nobiliar barroca situada en San Martiño de Cornoces. A documentación máis antiga que se conserva do pazo fai referencia á familia de don Xoán de Porras Figueroa e Calderón, que o tiña en propiedade en 1779. Posteriormente, pertenceu á familia dos Reinoso, ata que dona Ramona Villar de Reinoso o doou para instalar nel un asilo de caridade. A construción da pequena capela que existe preto da casa pode ser deste período. Funciona como residencia de persoas con deficiencias psíquicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse moi novo a Ciudad Real, onde asistiu a clases de debuxo artístico e pintura na Escuela de Artes y Oficios e iniciou a súa formación con Manuel Mendía Santos. Posteriormente, trasladouse a Ourense onde foi profesor de debuxo artístico e figura en xeso, e coordinador e director da Escola Provincial de Artes e Oficios. Viaxou por Colombia e outros países de Hispanoamérica, onde realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas, entre as que destacan oito exposicións en Venezuela (1956-1958), e en Francia, Bélxica e nos Países Baixos. Colaborador en diversos xornais con artigos relacionados co mundo da arte e a filosofía, cultivou a paisaxe, o bodegón e o retrato. Na súa obra están presentes os temas das terras nas que viviu: Aragón, A Mancha e Galicia, en especial Ourense.
    A súa obra, de carácter impresionista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984 e doutorouse en 1993 coa tese A muller na lírica galego-portuguesa: Análise das súas denominacións, publicada en 1996 no libro As mulleres nas cantigas medievais. Da súa produción científica, centrada na literatura medieval e particularmente na lírica galego-portuguesa, destacan: “A denominación dona nas cantigas de amigo” (1991), “A donzela na lírica profana galego-portuguesa” (1993), “A figura da velha nos cancioneiros profanos galego-portugueses” (1993), “O vocabulario bélico na cantiga de amor” (1997), “A cantiga de amor B 468 de Alfonso X: un contrafactum” (1999), “As bestas de Fernand’Esquío (B 1604/V 1136)” (1999), “As cantigas de amigo” (2000) e, no eido da prosa medieval, “El motivo de la Besta Ladrador en la Demanda do Santo Graal” (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación nobre situada en Baiona e construída en 1759. Erixiuna Lourenzo Correa de Araújo ao seu regreso de México, onde ocupara os cargos de alcalde maior de Cuernavaca e administrador xeral da Lid de Gallos. A obra estivo a cargo do mestre Xoán Portela, veciño da Guarda. Caracterízase polos balcóns voados coas varandas de ferro forxado e pola torre situada sobre a cuberta da casa e coroada por pináculos. A solidez e o grosor dos seus muros permitiu que no interior dun deles se abrise a escaleira que ascende á torre. O acceso á terraza realízase polo interior do edificio. No interior destaca o vestíbulo, abovedado e reforzado con arcos cruzados, que lles serve de soporte ás cargas da planta nobre; no centro, un oco rectangular actúa como bufarda. As plantas comunícanse por unha escalinata de pedra. As memorias do fundador mencionan as divisións da planta principal polos seus nomes orixinais: sala de estrado, sala grande, recámara, comedor, sala de labor e oratorio. No exterior destaca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De orixe arxentina, a súa familia regresou a Bos Aires en 1918. En 1935 obtivo o título de profesor en Letras e ingresou na facultade de Filosofía e Letras; posteriormente, exerceu a docencia en varias localidades do país. En 1951 trasladouse a París cunha bolsa do goberno francés, comezou a traballar como tradutor na UNESCO e en 1981 obtivo a nacionalidade francesa. A súa obra caracterízase pola busca constante dunha linguaxe propia, o humor sútil e destrutivo, a asimilación das técnicas renovadoras da narrativa contemporánea, a profundización nas raíces do mundo hispanoamericano e a vontade de unir a preocupación estética e a sociopolítica. Influído por Roberto Arlt, Horacio Quiroga, Jorge Luis Borges, Jean Cocteau ou Alfred Jarry, considérase un dos principais cultivadores da literatura fantástica, cunha concepción da fantasía creadora que non se opón ao real, senón que o potencia e fai xurdir o ilóxico e o irracional dentro do cotián. Colaborador en diversas revistas especializadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río Castril (3.059 h [1996]). A súa principal actividade económica é a agricultura de secaño (cereais e oliveiras). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa parroquial do s XVI cun artesoado mudéxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Logo de estudar dereito en Santiago de Compostela e Madrid emigrou a Arxentina, onde colaborou nos xornais da colectividade galega. Publicou Traición consagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada nos Ánxeles, concello de Melide. Trátase dun edificio de planta rectangular, moi deteriorado, que conserva un escudo de armas relacionado cos Romai, Mariño, Varela, Seixas e Cordido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo. Licenciado en Xeografía e Historia, acadou a especialidade de musicoloxía (Universidad de Oviedo, 1992) e a de historia (UNED, 1999), e doutorouse en 1999 na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La formación del pensamiento musical nacionalista en Galicia hasta 1936 (edición electrónica, 1999). Iniciou os seus estudios musicais na academia da banda de música de Castrelo de Cambados da man de Ángel Padín. Dende os dez anos foi clarinetista nesa agrupación e exerceu como director da mesma en varias ocasións. Continuou a súa formación en varios conservatorios de Galicia e nos superiores de Santiago de Compostela e Oviedo. Exerceu a docencia en centros de ensino secundario, no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo como profesor asociado de historia da música e do folclore. Membro de varias sociedades científicas e da Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, colaborou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción arquitectónica situada en San Mamede de Ribadulla (Vedra). Ten planta en escuadra con dúas alturas e conserva unha capela paralela á portada da muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ferro semellante a un martelo, cun dos extremos en forma de pico afiado e o outro romo, empregado polos canteiros para picar e labrar a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada no centro urbano de Negreira. A súa orixe medieval apenas deixou pegadas; no s XVII houbo unha gran modificación na que se respectaron os cubos ameados das antigas murallas que enmarcan as diversas partes do edificio. Nos ss XVIII e XIX houbo unha nova transformación. O edificio ten unha marcada horizontalidade só interrumpida polas ameas que o coroan, polas torres cilíndricas ameadas dos ángulos e pola capela anexa. No corpo central do pazo destaca unha escaleira barroca que enlaza co piso superior, onde se sitúa unha solaina. As dependencias residenciais comunícanse coa capela de san Mauro (s XVIII) mediante unha arcada (1738?), baixo a que discorre o trazado do antigo Camiño Real. Na fachada principal están labrados os escudos dos Mariño, Lobera e Saavedra, propietarios do pazo ata 1866, data na que pasou a mans da familia Pardo Fabeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación antibacteriana dun amplo espectro de acción, formada por sulfametoxazol e trimetoprim en proporción fixa 1:5. Emprégase no tratamento de infeccións urinarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial da mariña portugués. Foi gobernador xeral de Moçambique (1905-1906) e ministro da Marinha e do Ultramar (1909-1910). En 1919 tentou a restauración da monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción barroca situada a carón da igrexa de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal). A súa construción, promovida por don Francisco Valderrama e Mallou, data de 1717, segundo unha inscrición que se conserva na portada de entrada ao xardín. Trátase dun edificio con planta en forma de L, no que destaca unha gran balconada sobre canzorros que percorre unha das súas fachadas. Conserva os brasóns dos Valderrama e dos Mariño. Nos xardíns existe unha fonte barroca labrada en cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Fundada por Xoán de Seoane no s XII, reconstruíuse en 1825. Ten planta rectangular con dúas alturas, solaina e torre de tres alturas, xunto a ela está a capela que conserva un retablo barroco. No xardín hai diversas construcións adxectivas. Na fachada principal destacan os brasóns dos Sampaio, Lemos, Bermúdez, Enríquez, Sarmiento, Losada e Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Cristovo de Couzadoiro, no concello de Ortigueira. A súa orixe (s XVI) relaciónase coa liñaxe de don Gonzalo de la Peña e da súa dona María Vázquez. Reconstruído no primeiro terzo do s XX, consta de dúas torres unidas por un corpo menor que se complementan cunha serie de construcións adxectivas exentas, como a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre anterior ao s XVII situada en Pontecesures. Destaca o corpo da torre situado nun dos extremos do edificio. A fachada meridional está decorada cun brasón. A superficie orixinaria do pazo limítase ao terreo ocupado pola casa e o xardín anexo, inmediatos ao río Ulla.

    VER O DETALLE DO TERMO