"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Acción de circular. Ex: Ten mala circulación sanguínea. Cando viñamos vimos un terrible accidente de circulación.

    2. Conxunto de vehículos que circulan.

      1. Movemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa xeralmente a través de condutos. Nos vertebrados distínguese entre circulación sanguínea e circulación linfática. A primeira vén dada grazas á actividade do corazón, que lle imprime un movemento á masa líquida; a segunda obedece principalmente a determinados factores mecánicos que actúan directamente ou indirectamente sobre os vasos linfáticos. Hai dous tipos principais de circulación: a pechada e a aberta ou lacunar. A circulación pechada é aquela na que o líquido circulatorio se move a través dunha serie de vasos (veas, arterias, capilares) perfectamente pechados. Na circulación aberta ou lacunar, o líquido circulante non se move sempre a través de vasos, de xeito que, en determinadas partes, se forman lagoas de fluído. A existencia de pulmóns implica a aparición de dúas circulacións: a maior ou xeral e a menor ou pulmonar; entón fálase de circulación dobre...

      2. Nas plantas vasculares, transporte de líquidos absorbidos cara aos diversos órganos da planta (sobre todo follas), e de substancias sintetizadas nos órganos asimiladores cara ao resto da planta (sobre todo aos órganos de reserva). Os líquidos transportados constitúen o zume. O zume bruto, o líquido absorbido a partir do solo, contén sobre todo ións minerais e circula polo xilema, movido pola transpiración que ten lugar nas follas. O zume elaborado contén glícidos, aminoácidos, etc, e circula polo floema, movido principalmente por forzas osmóticas. Polo floema circulan tamén as fitohormonas.

      3. circulación colateral

        Desviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo. Cando unha arteria permanece obstruída, a porción de tecido que tería que quedar sen sangue non queda desta maneira, grazas á circulación colateral que conduce o sangue dunha arteria veciña non obstruída.

      4. circulación extracorpórea

        Derivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca para substituír o sistema cardiopulmonar do paciente por un aparato de corazón-pulmón artificial. Emprégase tamén nos aparatos de ril artificial. Tamén se coñece como bypass extracorpóreo.

      5. circulación portal

        Circulación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, despois de bañar as vísceras abdominais e de proverse dos produtos da dixestión, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado. Neste órgano, o sangue distribúese polos sinusoides (onde teñen lugar as reaccións metabólicas). A través da vea cava inferior, volve saír á circulación xeral. Hai tamén unha circulación portal hipotálamo-hipofisaria mediante a que o hipotálamo manda á hipófise diferentes factores de liberación que estimulan a produción de determinadas hormonas.

    3. Número que representa a tiraxe dunha publicación. Os prezos referidos á publicidade varían segundo o número de exemplares editados. Enténdese por circulación bruta a que representa unha cifra total de exemplares que chegan ao lector, neta á que se lle resta os exemplares gratuítos e restrinxida se a publicación se distribúe segundo unha subscrición.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de circular.

    2. Aplícase ao tonel ou cubo que ten os seus aros de diferente cor ou metal ca o resto da peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bomba intercalada nun circuíto de calefacción central para activar a circulación da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que comezou a súa edición en Pontevedra en decembro de 1845, baixo a dirección de Xoán Cuveiro Piñol, co subtítulo de “Periódico de literatura e anuncios”. Imprimíase nos establecementos tipográficos da viúva de Pintos e adquiríase por medio dunha subscrición na librería Nueva. Incluíu “Contos da aldea”, versos en lingua galega escritos por un anónimo. É posible que este periódico tivese unha nova e breve etapa a partir de 1851.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que circula ou que está en circulación. Ex: Fixeron un estudo sobre o capital circulante nesta zona.

    2. Conxunto de moeda que circula nun país. O circulante nútrese principalmente da moeda de curso legal, pero tamén pode nutrirse de efectivo exterior, admitido ou non polo poder público, pero aceptado polo mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moverse nunha dirección, especialmente por unha vía de comunicación. Ex: Os ciclomotores non circulan pola autoestrada. Abre a xanela para que circule o aire. Paramos para prestar axuda no accidente, pero o garda civil obrigounos a seguir circulando.

    2. Desprazarse por condutos destinados a este fin e, xeralmente, cun percorrido que regresa ao punto de partida. Ex: O sangue circula polas arterias e polas veas. Podes cambiar o cable tranquilo porque xa non circula corrente en toda a instalación.

    3. Espallarse unha información ou un rumor.

    4. Pasar algunha mercadoría ou outra cousa semellante dunhas mans a outras. Ex: Xa circula a nova moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao círculo. Ex: O problema consistía en calcular unha superficie circular.

    2. Que ten forma de círculo ou de circunferencia.

      1. Carta con copias dirixidas a diferentes persoas e cunha mesma redacción.

      2. Forma externa que reviste a resolución ou disposición administrativa ditada por calquera órgano da administración xerarquicamente inferior ao ministro e, nas comunidades autónomas, inferior ao conselleiro. O seu obxectivo é a organización interna e o funcionamento dos servicios dependentes.

    3. Autobús urbano que realiza un traxecto semellante a unha circunferencia.

    4. Anomalía da posición do cordón umbilical que consiste nun enrolamento do cordón arredor dunha parte do corpo fetal, como o pescozo ou un membro, no momento do parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á circulación. Ex: O sangue circula polo aparato circulatorio. O caos circulatorio desta cidade é constante.

    2. Conxunto de condutos ou vasos, órganos impelentes, etc, polos que circula o sangue. Na maioría dos invertebrados consta dunha serie de vasos contráctiles: un deles, dorsal, actúa como órgano impelente do sangue; o conxunto non forma un sistema pechado, senón que os vasos van parar a lagoas, nas que bañan os órganos. Dentro dos invertebrados só os anélidos teñen un aparato circulatorio pechado, cun vaso dorsal polo que o sangue circula cara a adiante e outro ventral polo que circula cara a atrás; estes dous vasos están comunicados por vasos transversais. Nos vertebrados, o órgano impelente chámase corazón, os condutos ou vasos que alí converxen, veas e vénulas, os que se afastan, arterias e arteríolas, e os de pequena sección, nos que desembocan todos a nivel de tecido, capilares; todo o conxunto forma un sistema perfectamente pechado. Nos vertebrados acuáticos con respiración branquial (peixes, larvas de anfibios), o corazón, ventral,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é menor ou igual a un segmento dado, denominado radio.

      2. círculo goniométrico

        Circunferencia de radio unidade na que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo como o seno, o coseno ou a tanxente.

      3. círculo máximo dunha esfera

        Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano que pasa polo seu centro.

      4. círculo menor dunha esfera

        Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano calquera que non pase polo seu centro.

      5. círculo de curvatura/círculo osculador

        Círculo no que o seu centro e o seu radio son o centro e o radio de curvatura dunha curva nun punto dado.

      6. cuadratura do círculo

        Determinación da superficie dun cadrado equivalente á dun círculo dado; demostrouse a imposibilidade de establecela.

      1. Liña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.

      2. Conxunto de persoas ou de cousas colocadas ao redor dun centro, que fan unha liña curva. Ex: As pedras estaban dispostas en círculo.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Lugo o 29 de agosto de 1855 co nome de Círculo-Recreo de Artistas, Comerciantes e Curiales. O 2 de setembro do mesmo ano tomou o nome de Círculo das Artes. O seu primeiro presidente foi Pedro López Escariz e, dende 1988, ocupa a presidencia José Carlos Sánchez del Valle Fernández. A sociedade, instalada nun principio no nº 13 de Praza Maior, trasladouse definitivamente en 1898 a un novo edificio proxectado polo arquitecto Bellido. Entre os proxectos futuros da sociedade figuran a construción en San Pedro de Labio dun novo local social e de instalacións deportivas e recreativas, e a rehabilitación de dous edificios adxacentes á actual sede social para a ampliación da mesma. Os fins da sociedade son a promoción e o desenvolvemento da cultura, das artes e do deporte, co que se realiza un labor educativo recoñecido coa declaración de sociedade de utilidade pública (1980). O programa de actos culturais abrangue exposicións, concertos, representacións teatrais, conferencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1847 co nome de Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos. O seu primeiro presidente foi Jorge José Yáñez. No momento fundacional concibiuse como unha sociedade de socorros mutuos formada só por artesáns, mentres que co paso do tempo a sociedade abriuse á burguesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación empresarial que apareceu na Coruña en abril de 1998, editada por Antonio Díaz Díaz. Dirixida por Carmen Díaz Méndez e Susana Pérez Pedreda, conta coas colaboracións de Xosé M. Carril, Antonio Erias Rey, Domingo Bello Janeiro, Isabel Perelló, Pablo Gallego, Enrique Orts Berenguer, Alfonso Villagómez e Elisa Madarro, entre outros. Trátase dunha revista en cor con numerosas fotografías ilustrativas que acompañan os textos. Entre as seccións máis destacadas están: “Editorial”, “Opinión”, “Subastas de Arte”, “Breves”, “Pintura” e “Gastronomía”, amais de diversas reportaxes e entrevistas a persoeiros do mundo empresarial, cultural e político de Galicia e do resto do Estado. A partir de xaneiro do ano 2001 modificou a súa estrutura e presentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente do Centro Cultural Recreativo e Deportivo da mesma vila, no concello de Fene. Fundouse en 1976 e foi dirixido por Celestino Ledo. Puxo en escena espectáculos baseados en contos de Castelao, pezas de E. Blanco Amor, Manuel Lourenzo, Bertolt Brecht e do propio director do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Lalín en 1852 baixo a presidencia de Gumersindo Goyanes. Os seus fins son culturais e recreativos. Organiza conferencias, exposicións, concertos e outras actividades, como bailes sociais. Entre outras instalacións, conta cunha biblioteca, un salón de xogos, unha sala de billar e de xadrez, e un pub xuvenil. Ademais posúe unha escola de xadrez, con equipos federados en distintas categorías. Tamén no eido deportivo, colabora con outros equipos e clubs da vila. Presidido por Julio Benigno López Rodríguez, pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo de Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo artístico belga (1884-1893) que se afastou da arte oficial e que foi o núcleo da importante escola belga contemporánea. Entre os seus membros figuraban Rodin, Signac e Jan Toorop. No Salón dos XX expuñan os membros do círculo e outros artistas, como Monet, Renoir, Whistler, Seurat, Redon, Van Gogh, Cézanne, Gauguin, Toulouse-Lautrec e Pisarro, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo Lingüístico de Copenhaguen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo Lingüístico de Praga.

    VER O DETALLE DO TERMO