"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ILLAS

    Arquipélago de Indonesia. Esténdese entre o estreito de Macassar ao O, o mar de Célebes ao N, o mar das Molucas e o mar de Banda ao L, e o mar de Flores ao S. Está constituído por unha grande illa, Célebes (Sulawesi), e por outras máis pequenas, entre as que destacan Butung, Peleng, Muna, Kabia e Banggai. As illas Célebes están compostas por catro penínsulas moi accidentadas e formadas principalmente por lousa e macizos graníticos. O clima é ecuatorial e propicia unha vexetación dominada polo bosque tropical. A poboación está integrada por distintos pobos e tribos; destacan na península de Macassar os macasares e os bugis musulmáns. A principal actividade económica é a agricultura. Exporta café, copra e millo. Ujung Pandang (na antiga Macassar) é o porto e centro comercial principal da illa. No s XIV establecéronse soldados musulmáns no sector meridional. En 1512 os portugueses explorárona e establecéronse nela. A comezos do s XVII comezaron a penetrar nas illas do arquipélago os holandeses,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte superior da órbita de cada un dos ollos cuberta de pelos.

      1. Conxunto de pelos que cobren o bordo superior da órbita ocular e que realizan unha función protectora.

      2. Cada un destes pelos.

    2. Parte que sobresae un pouco nalgúns obxectos.

    3. Peza de madeira, colocada entre o caravilleiro e o mastro, que nos instrumentos de corda ten a función de separar unhas cordas das outras da caixa e do mastro.

    4. Utensilio que se despraza polos trastes para elevar o ton da melodía. Esta mesma función tamén se pode realizar presionando as cordas co dedo índice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Teruel, Aragón, drenado polos ríos Guadalaviar e Jiloca, nas vertentes da serra de Albarracín (3.030 h [1996]). Na agricultura destacan os cultivos de cereais, hortalizas, vides e árbores froiteiras. Existe unha pequena gandería lanar e porcina. Posúe un acueduto escavado na rocha, de época romana, que tiña a función de transvasar as augas do Guadalaviar ata a chaira do Jiloca. Entre os seus monumentos destaca a Torre del Oro, igrexa parroquial de estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sala principal do templo clásico dedicada a gardar a imaxe da divindade.

      1. Edificio relixioso de pequenas dimensións.

      2. cella memoriae

        Edificio de pequenas dimensións e de planta cadrada, con tres ou catro ábsidas. Erixido amodo de capela illada sobre o lugar dun ou varios enterramentos, estaba dedicado aos defuntos.

      1. Estancia da vila romana.

      2. cella caldaria

        caldarium.

      3. cella frigidaria

        frigidarium.

      4. cella olearia

        Estancia da casa romana onde se gardaba o aceite.

      5. cella tepidaria

        tepidarium.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. Construída en estilo románico, ten nave única con cuberta de madeira e ábsida cadrada. No interior conserva unha pía bautismal do s XVI e un retablo barroco do 1796. O exterior é austero e a fachada principal remata cunha espadana central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou torre dos Pardo Construción nobre barroca situada en Castroverde. Trátase dun edificio con planta en forma de L, dotado dunha torre defensiva de tres andares nun dos seus extremos. Destaca pola súa fábrica de cadeirado ben labrado. Na fachada consérvanse dous brasóns labrados en pedra coas armas dos Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro compartimento do estómago dos ruminantes onde se realiza a absorción da auga. Recibe este nome polas numerosas pregaduras da parede interna que aumentan a superficie de absorción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Partícula incandescente que se desprende dun corpo en combustión ou de dous corpos duros fretados fortemente.

      2. Fulgor que desprende esta partícula.

      1. Descarga brusca e transitoria, de curta duración, que se produce entre dous condutores ou dous electrodos suficientemente próximos, situados nun gas ou no aire, entre os que existe unha elevada diferenza de potencial. Vai asociada a un desprendemento súbito dunha cantidade considerable de enerxía, que se manifesta pola produción de luz, calor e ruído. Caracterízase por unha ionización intensa do gas ao longo do camiño da descarga e por unha forte excitación dos electróns máis exteriores do átomo, feito que produce unha radiación de frecuencias características no espectro atómico.

      2. Fulgor que produce esta descarga.

    1. Brillo ou resplandor que produce algunha cousa. Ex: Tiña unha chispa nos ollos que engaiolaba a todos.

    2. Gracia ou enxeño que teñen algunhas persoas ou cousas. Ex: É unha persoa con moita chispa e sempre ten unha solución para todo. O regalo tiña chispa e engaiolou o rapaz.

    3. Estado que presenta alguén cando bebeu alcol en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de arte fundado en Bos Aires pola Fundación Torcuato Di Tella en 1968. Organizado baixo a dirección de Jorge Romero Brest, supuxo un apoio para o desenvolvemento da arte de vangarda. Ademais das actividades relacionadas coas artes plásticas, promocionou tamén a música, o cine, o teatro e a danza. Pechou en 1970 por problemas coa censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de carpintería empregado para pulir, alisar e aplanar superficies de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cepillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limpar calquera superficie ou obxecto cun cepillo.

    2. Alisar ou nivelar unha superficie de madeira de metal ou doutra materia cun cepillo ou cunha cepilladora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na cabeceira do val do Guadarrama (5.051 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, patacas e froita. Ten grande importancia o turismo pola proximidade da estación invernal da serra de Navacerrada. O termo está atravesado por unha calzada romana que ía en dirección a Astorga e da que se conservan diversos tramos e pontes. A igrexa parroquial é dos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estrela de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas desordenadas e revoltas.

    2. Cousa que se realiza sen ningún coidado.

    3. Situación ou asunto confuso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate ocorrido en Cerignola o 28 de abril de 1503, decisivo na guerra entre Luís XII de Francia e Fernando o Católico polo reparto do reino napolitano. O exército aragonés, comandado por Gonzalo Fernández de Córdoba, derrotou as tropas do duque de Nemours e rematou o asedio. Este feito, xunto coa vitoria de Seminara, determinou a caída de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO