"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é propio dun caníbal.
-
-
Antropofaxia habitual como característica etnolóxica dunha sociedade determinada. Prevaleceu ata tempos recentes en diversos pobos de África, Australia, Nova Zelanda, Polinesia, Insulindia e América. Distínguese entre o canibalismo practicado entre membros da propia tribo e a necrofaxia, practicada en defuntos non sacrificados como víctimas, xunto cos casos máis xeneralizados dos que son obxecto os corpos dos inimigos mortos e as víctimas de sacrificios. No tocante á finalidade, a carne humana pode ser un suplemento alimentario habitual ou puntual pero, xeralmente, inclúe algunha significación ligada coa crenza da adquisición, mediante a súa inxestión, da vitalidade ou das características especiais do morto.
-
Depredación exercida entre individuos da mesma especie, normalmente entre clases de idade distinta, e, especialmente, a posta en práctica por individuos adultos sobre ovos ou primeiras fases larvarias. Ten un papel de autorregulación da especie e a súa influencia sobre a mortalidade está directamente relacionada coa densidade. Faise especialmente patente en poboacións que viven nun medio de pequenas dimensións, como son moitas das augas continentais, e con escasas posibilidades de dispersión. Tamén pode ter lugar entre larvas, caso dalgúns anfibios, onde algún deles se tranforma en caníbal ao pasar a alimentarse case de xeito exclusivo das outras larvas, o que asegura a súa metamorfose e lle permite completar o seu ciclo antes de que desapareza o medio temporal onde viven.
-
Acción que acontece cando un produto “come” mercado a outro de moi similares características e do mesmo fabricante.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza caniche.
-
Raza de can de talle mediano, de pelo longo e crecho, de cor negra, branca ou gris, coas orellas longas e colgantes. Orixinariamente se utilizaba para a caza de aves acuáticas, pero posteriormente se converteu nun can de compañía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brancura adquirida, xeneralizada ou parcial, do sistema piloso. A canicie senil é fisiolóxica e débese á diminución da vitalidade dos melanocitos. A canicie precoz é patolóxica e, polo xeral, vai ligada a alteracións endocrinas, nerviosas ou emocionais.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Período dunhas catro a seis semanas que comprende a segunda quincena de xullo e gran parte de agosto, durante a que adoita ir moita calor. O nome provén da estrela Sirius (Canicŭla), pertencente á constelación do Can Maior, que indicaba, cando se levantaba ao mesmo tempo que o Sol, o inicio do verán; foi celebrada polos exipcios e polos gregos.
-
Calor que vai durante a canícula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á canícula.
-
PRAIAS
Praia da beira oriental da ría da Coruña, no litoral de parroquia de Maianca (concello de Oleiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Maianca (concello de Oleiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cánidos.
-
Mamífero da familia dos cánidos.
-
Familia de mamíferos da orde dos carnívoros de aspecto homoxéneo, variando o tamaño dende o fenec, de 30 cm, ata o lobo de 130 cm, de formas esveltas coas patas longas e coa cabeza xeralmente pequena co fociño prolongado e orellas triangulares. Teñen a dentadura típica dos animais carnívoros, cos dentes caninos moi desenvolvidos, e as súas orellas son de longura variable, rectas e puntiagudas. O pelo é xeralmente abundante, laúdo e de tacto suave. Son fundamentalmente depredadores. Distribúense por África, América, Asia, Europa e unha especie en Australia, o dingo, probablemente orixinada a partir das formas introducidas polo home.
-
-
PRAIAS
Praia da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de San Miguel de Oia (concello de Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de San Miguel de Oia (concello de Vigo). Na década de 1960 foi obxecto dun plano estatal de desenvolvemento turístico que foi aproveitado por particulares para convertelo nunha área residencial. Deste xeito, Canido converteuse a partir da década de 1970 nun dos primeiros exemplos do proceso de periurbanización en Galicia. Ten un porto deportivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio da cidade de Ferrol que se estende entre a enseada da Malata e o barrio da Magdalena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que remite á abundancia de canas nun lugar. Presenta, por tanto, a mesma orixe que Canedo ou Caneda.
-
PERSOEIRO
Soprano. Formada con Agostino Roche, debutou en Turín en 1930 con Elektra de R. Strauss. Especializada no repertorio verdiano e verista, mantivo tamén en activo óperas antigas (Poliuto, de Donizetti, e La vestale, de Spontini).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nunha chaira na cabeceira do río Baza e accidentado pola serra de Baza (5.303 h [1996]). A economía baséase na agrícultura e gandería (ovina, vacúa e porcina) e nas industrias derivadas (fabricación de azucre e aceite). Posúe pequenos xacementos de xeso. Os Reis Católicos conquistaron esta vila aos musulmáns e convertérona ao cristianismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Óso da parte interna da perna situado entre o xeonllo e o pé.
-
Calquera dos ósos longos do brazo ou da perna.
-
Calquera dos ósos longos das ás dunha ave.
-
Parte anterior da perna entre o pé e o xeonllo.
-
-
Pernas moi delgadas.
-
Peza metálica ou doutro material arredor da que se enrola o fío, que vai disposta dentro da lanzadeira para formar a trama do tecido nunha máquina de coser ou nun tear. Preséntase en varios formatos, dependendo do tipo de fibra e do uso ao que se destina.
-
Cano de madeira polo que entra a auga no rodicio do muíño.
-
-
-
-
Cortiza parda e aromática da caneleira que se presenta en forma de tiras finas superpostas que se enrolan ao secar e forman a canela en rama. Comercialízanse os canotiños enteiros, en anacos ou en po. As máis apreciadas son as de Sri Lanka, Penang, Saigón e China. Amplamente utilizada en repostería e como condimento para peixes, polo, arroces e outros pratos, sobre todo na cociña árabe. Tamén se extrae destas codias un aceite esencial que se usa como saborizante. A esencia, rica en aldehido cinnámico, utilízase como tónico estomacal, carminativo e antiséptico, e tamén en perfumería.
-
canela branca
Cortiza da caneleira branca, aromática, de sabor picante e amargo que se emprega como especia e como estimulante estomacal e tónico.
-
canela da China
Cortiza aromática da caneleira da China, substitutiva da canela, menos suave e non tan apreciada coma esta.
-
canela en rama
Cortiza da caneleira aromática que se presenta en forma de canudos.
-
-
caneleira.
-
Que ten unha cor semellante á canela, entre amarela e parda.
-
Cousa exquisita e refinada.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da provincia, no límite con Granada (2.327 h [1996]). Está accidentado pola serra de Alhama e regado polos ríos Almachares e Bermuza. A principal produción é o viño, pero tamén son importantes os cereais, legumes, laranxas e figos. No seu relevo destaca a cova de Fajaros, onde hai formacións cristalinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por Carlos II, o 31 de decembro de 1689, a Baltasar de Molinet en Flandres, conselleiro e greffier da orde do Toisón de Ouro. Leva as mesmas armas ca as dos Molinet, en Flandres.