"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Principio activo do cánabo indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das cannabáceas ao que pertence o cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado producido polo feito de fumar ou inxerir resinas contidas en flores e follas do cánabo, chamadas comunmente haxix ou marihuana, que teñen como un dos principios activos máis importantes o delta-9-tetrahidrocannabinol. Segundo a dose e o estado psíquico do suxeito pódense dar situacións de euforia, alucinacións pracenteiras a miúdo eróticas, sensación da prolongación do tempo, percepción de embriaguez e tamén estados de confusión e ansiedade e, mesmo, delirios e exacerbacións de enfermidades mentais preexistentes como a esquizofrenia. Pódese alterar a coordinación psicomotriz e verse afectada a condución de vehículos e o manexo de máquinas; a memoria diminúe e a aprendizaxe retárdase. Ademais, hai posibilidade de alteracións vexetativas como hipotensión, hipotermia, bradicardia e depresión respiratoria. A intoxicación crónica pode asociarse a cambios de conduta e ocasionar situacións extremas de falta de motivación e apatía. Pode crear dependencia física e, en mulleres...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cannáceas.

    2. Planta da familia das cannáceas.

    3. Familia da orde das zinxiberais, constituída por un único xénero, Canna, cunhas 50 especies de plantas herbáceas á que pertence a cana da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. A súa máxima obra, History of the Theories of Prodution and Distribution [...] from 1776 to 1848 (Historia das teorías de produción e distribución [...] do 1776 ao 1848, 1893) é unha análise crítica das concepcións clásicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar que tivo lugar á beira da cidade de Cannas, na rexión italiana de Apulia, no ano 216 a C entre o exército romano, comandado polo cónsul Terencio Varrón e o exército cartaxinés, comandado por Aníbal, no marco da Segunda Guerra Púnica (218-201 a C). Supuxo unha gran derrota para Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbón denso, homoxéneo, de fractura concoidal, que ao queimarse produce unha chama moi luminosa e está constituído case exclusivamente por esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Provenza, no departamento dos Alpes-Maritimes, Francia, á beira do Mar Mediterráneo, no sector coñecido como Costa Azul (68.676 h [1990]). É un importante centro turístico e unha das estacións balnearias máis importantes de Francia. A temperatura media anual é de 16,4°C. Dentro do seu termo hai lugares nos que destaca a súa actividade turística e comercial, como o barrio da Liberdade, onde desembocan as principais rúas da cidade. No seu porto hai unha grande actividade comercial e turística, sobre todo na primavera, cando se celebran as regatas internacionais. Dende o ano 1939 celébrase un prestixioso festival internacional de cine. Fundouna probablemente no s VIII a C unha tribo ligur e, posteriormente, conquistárona e ocupárona os celtas e os romanos. No s IV d C pasou a estar baixo o señorío do mosteiro de Lérins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico internacional que se celebra anualmente na cidade francesa de Cannes dende 1939, organizado por Philippe Erlanguer e Favre Bret. A cerimonia inaugural celebrouse no Grand Hotel de Cannes. A Segunda Guerra Mundial interrompeuno ata o 20 de setembro de 1946, data a partir da que se celebrou regularmente. Entre os filmes seleccionados para o programa de apertura destacan La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral), de Jean Delannoy, La bataille du rail (A batalla do ferrocarril), de René Clément, e The lost weekend (A última fin de semana), de Billy Wilder. Ao longo dos anos premiáronse coa Palma de Ouro numerosas longametraxes, entre elas: Viridiana (1961), de Luis Buñuel; Il Gattopardo (1963), de L. Visconti; M.A.S.H. (1970), de Robert Alman; Taxi Driver (1976), de Martin Scorsese e The Mision (A Misión, 1986), de R. Joffé. Amais foron galardoados pola súa interpretación actores como: Anthony...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1793 foi elixido deputado tory. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1807-1809 e 1822-1827), desde onde propugnou a intervención inglesa na Península Ibérica contra Napoleón. Opúxose ao intervencionismo antiliberal da Santa Alianza e evitou tamén a intervención española contra os constitucionalistas de Portugal. En 1827 nomeárono primeiro ministro co apoio dos whigs, e favoreceu os católicos de Irlanda e a independencia de Grecia. O seu fillo, Charles John Cannig (Londres 1812-1862), foi gobernador xeral e primeiro vicerrei da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico italiano. Foi profesor de química en Alessandria (1851), catedrático nas universidades de Xénova (1855), Palermo (1861) e Roma (1871), e tamén senador (1871). Descubriu a reacción que leva o seu nome, desenvolveu métodos precisos de determinación de pesos moleculares e atómicos baseados na lei de Avogadro, e conseguiu a unificación dos criterios de formulación dos compostos químicos. Demostrou, ademais, que a química inorgánica e a orgánica se rexen por uns mesmos principios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónoma norteamericana. Adscrita ao observatorio de Harvard, estableceu a clase espectral das estrelas do catálogo Henry Draper (HD). Descubriu máis de 300 estrelas variables e 5 novas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo norteamericano. Foi un dos primeiros en aplicar a exploración radiolóxica ao estudo da fisioloxía dixestiva (1898). Realizou ademais investigacións básicas sobre a fisiopatoloxía da glándula suprarrenal e foi o introdutor do concepto de homeostase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conduto de forma tubular destinado ao transporte de fluídos e, eventualmente, de materias granulares e pulverulentas. Os materiais empregados na fabricación son moi variados: chumbo, aceiro, ferro coado, cobre, aluminio, aliaxes metálicas, formigón, materiais cerámicos, caucho, materiais plásticos, etc. Os canos están formados por tubos e pezas accesorias, como cóbados, derivacións en forma de T, de cruz, etc, unidas aos primeiros mediante roscas ou soldaduras. A sección depende basicamente do caudal que debe transportar, e o grosor das paredes, dos esforzos que debe soportar para un material e un diámetro determinado.

    2. Canle artificial, estreita e pouco profunda, pola que corren líquidos.

    3. Condución de sección circular ou cadrada dunha cheminea que conduce os fumes da cociña, da lareira ou da caldeira, ao exterior do edificio por riba do tellado.

    4. Conduto oco de forma cilíndrica e alongada utilizado para a condución de líquidos ou gases.

    5. Talo das plantas, especialmente das herbáceas.

    6. Parte basal da pluma das aves que se caracteriza por ser baleira, transparente, sen barbas e que vai inserida no corpo do animal.

    7. larinxe.

    8. Conduto por onde saen os ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a un individuo caracterizado por ter canas. Documéntase no s XII: “Pelagio Cano” (doc ano 1165 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, II, 1976, p 46). Nalgún caso este apelido pode ter orixe toponímica, xa que son moitos os topónimos Cano espallados polo territorio galego que remiten á existencia no lugar dunha fonte

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palla miúda que queda na eira logo de mallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten branco todo ou gran parte do pelo, barba ou bigote.

    2. Que ten canas.

    VER O DETALLE DO TERMO