"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Liñaxe asturiana procedente do lugar de Bandujo (Oviedo), de onde tomou o nome. As súas armas levan, en campo de azul, unha árbore ao natural, terrazada de sinople e un lobo tamén da súa cor e pasante, atado ao tronco por unha cadea de ferro. Algúns investigadores recollen para a rama galega deste apelido un escudo semellante: en campo de azul, unha árbore ao natural, terrazada de sinople e un lobo tamén da súa cor, empinado e atado ao tronco cunha cadea de ferro que o suxeita pola metade do seu corpo. Outra variante leva, un lobo encadeado a un carballo, en campo de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado no bandullo ou barriga.

    2. Comida ou banquete abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estómago dos animais. SIN: calleiro, recho.

    2. Primeira e maior das cavidades do estómago dos ruminantes. SIN: bandougada, bandougo.

    3. Estómago das persoas. SIN: boche.

    4. Parte do corpo humano e dos animais que envolve os intestinos. SIN: bandougada, bandougo, barriga.

    5. Doce feito con ovos, pan, especias, etc, que orixinariamente se cocía dentro do estómago do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República Democrática do Congo (295.658 km2; 4.907.000 h [estim 1994]). A capital é Bandunu (63.189 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Xava occidental, Indonesia, na illa de Xava (2.356.120 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea convocada en abril de 1955 pola India, Paquistán, Indonesia, Sri Lanka e Myanmar, na que participaron 29 países de África e de Asia (entre outros China, Exipto, Etiopia, Xapón ou Vietnam do Norte). Significou a toma de conciencia destes pobos, moitos deles independentes dende había pouco, fronte aos países desenvolvidos. A conferencia remarcou a urxencia do desenvolvemento económico e dunha política anticolonialista e neutralista. Adheriuse á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Sostivo as reivindicacións de independencia de Marrocos, Tunes e Alxeria e a loita dos árabes contra o estado de Israel. Destacaron as intervencións de Nehru, Zhou Enlai, Nasser e Sukarno. Foi o lugar de nacemento do Movemento dos Países non Aliñados, baseado na non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos dun país, o respecto á soberanía nacional e á coexistencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura mesolítica de Xava caracterizada por unha industria de follas de obsidiana con follas denticuladas, puntas triangulares e algúns obxectos de ósos moi simples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cordófono das familia dos laúdes. Ten doce cordas, sen cordal, que se fan soar co plectro. De orixe oriental (SL de Asia), foi moi popular en Ucraína a partir do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cordófono da familia dos laúdes, moi común na música popular hispánica. De dimensións reducidas (uns 50 cm), caixa de dorso plano e en forma de pera co mango moi curto, en proporción coa caixa; está dividida en catorce trastes, sen cordal e con seis dobres cordas. Nos conxuntos de bandurras e guitarras ten destinada a parte aguda, e faise soar por medio dunha puga, en trémolo case constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumentista que toca a bandurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ancho de banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte escandinavo practicado nunha pista rectangular de xeo por dous equipos de once xogadores que intentan introducir unha pelota cun bastón na portería contraria. É un precedente do hóckey sobre xeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo financeiro e banco central do Reino Unido. Foi fundado no 1694, coa finalidade de financiar a guerra contra Francia (1689-1697). Durante os ss XVIII e XIX actuou como un banco privado, xa que se encargaba da circulación e emisión dos valores do goberno; a partir do 1751, ocupouse da administración da débeda pública. Como banco central británico, realiza as funcións de banqueiro do goberno, dos bancos e das discount houses, institucións do mercado monetario. Xestiona a emisión das letras do tesouro e intervén para manter a orde no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fósil pertencente a un espécime preneandertalense atopado preto do Estany de Banyoles. Recolleuno Pere Alsius no 1887 entre os travertinos calcarios da Formiga, formados polos depósitos sedimentarios do antigo lago, moito máis grande ca o actual, cunha antigüidade próxima aos 90.000 anos. Existen varias controversias sobre o desgaste do esmalte dos dentes; sen embargo, a opinión máis común é a que atribúe ese feito a unha práctica de puído das peles polo que se sostén que pertencía a unha muller adulta. Consérvase na Colección Prehistórica Alsius de Banyoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e etnógrafo vasco. Sacerdote, foi un profundo coñecedor da cultura e do pobo vascos e un dos especialistas máis destacados na Prehistoria e Etnografía dese país. Fundou en 1921 o Laboratorio de Euzko-folklore. Exiliado e Francia en 1936, fundou o Instituto Vasco de Investigacións (1946) e a revista Ikuska. Foi profesor da Universidade de Navarra e membro da Sociedade Internacional de Antropoloxía e Etnoloxía. É autor de La religión de los ancianos vascos (1923), Antropología de la población vasca (1947), El hombre prehistórico en el País Vasco (1953 e 1979), El mundo en la mente popular vasca (1960 -1961), Mitología vasca (1960), La cueva de Ekain y sus figuras rupestres (1969), El hombre prehistórico en el País Vasco (1979), Historia general del País Vasco (1980)e Brujería y brujas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu na Coruña o día 1 de outubro de 1980. A publicación tiña como subtítulo “Revista de poesía”. Foi coordinada por Herminio Otero e Merchy Modroño. Figuraban entre os seus colaboradores: Víctor Sampedro, Ignacio Collado, Xan Rodríguez, etc. A revista estaba editada polo colexio dos Salesianos da Coruña. Por ser unha publicación de ámbito escolar, os primeiros números tiñan o formato de fanzine, pero mellorou a súa calidade gráfica ao contar co patrocinio da Comisión de Cultura do Concello da Coruña dende 1983. A partir de marzo de 1981 convocaban un concurso propio de poesía, e publicábanse na revista os traballos premiados no certame. Destacou a participación de Henrique Manuel Rabunhal co poema titulado “Galopando”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e comerciante ruso. Adicouse ás actividades mercantís en Siberia. Director da Compañía Ruso-americana, no 1799 tomou posesión de Alasca en nome do Tsar, sendo gobernador deste territorio ata o seu pasamento. Durante o seu mandato fundou colonias e factorías e estableceu relacións entre a colonia de Alasca e os EE UU, California e diversas cidades asiáticas, como Cantón (China) ou Manila (Filipinas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Tipógrafo de profesión, publicou poemas en xornais, ás veces baixo o pseudónimo de Noé Vila. Foi un dos contertulios da Cova Céltica e en 1907 apareceu como asinante do Manifiesto solidario de septiembre, acta fundacional do movemento da Solidaridad Gallega. Como poeta publicou o volume bilingüe Nada (1906). Recibiu o premio da Académie Montréal e do Athenée des Troubadours pola tradución da obra Magali de Federico Mistral e pola súa vinculación co movemento dos felibres, trobadores modernos provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea da Barberino.

    VER O DETALLE DO TERMO