"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período comprendido entre a volta ao poder absolutista de Fernando VII en España, apoiado polos Cen Mil Fillos de San Luís (outubro do 1823), e a súa morte, en setembro de 1833. Este período caracterizouse pola forte represión anticlerical, polo agravamento da crise do Antigo Réxime e pola reforma, iniciada polos absolutistas, de facenda e da administración. Estas reformas fixeron que o clero e a fidalguía constituísen un partido apostólico, encabezado polo irmán do rei, Carlos María Isidro. Fernando VII, sen fillos ata o seu cuarto matrimonio con María Cristina de Nápoles, declarou sucesora a súa única filla, a infanta Isabel (1830), e a súa nai viuse na obriga de buscar o apoio dos liberais para defender o dereito ao trono da súa filla. A recuperación do absolutismo contou en Galicia coa axuda das clases dirixentes e da Igrexa. Entre os seus partidarios cómpre destacar a Rafael de Vélez (Santiago de Compostela), Dámaso Iglesias Lago (Ourense), José Antonio de Azpeitia y Sáenz (Lugo) ou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Historia general de los hechos de los castellanos en las islas y Tierra Firme del mar Océano (1601-1615) de Antonio de Herrera. Está dividida en oito décadas e foi a primeira obra sistemática sobre a América do período 1492-1554.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto votado pola Asemblea Constituínte francesa do 17 ao 26 de agosto de 1789, que se compoñía de 17 artigos e un preámbulo. A súa redacción recollía a influencia da Declaración de Independencia dos EE UU (1776) e do pensamento dos enciclopedistas do s XVIII. Proclamaba a igualdade de todos os homes e os seus dereitos naturais e inalienables: a liberdade individual, de pensamento, de prensa e de credo, limitada no seu exercicio pola liberdade do resto da sociedade; recoñecíase a propiedade privada como dereito inviolable, o dereito á resistencia, a igualdade ante a lei, ante a xustiza e a facenda. Instaurou a liberdade de opinión e estableceu a transferencia da soberanía do rei á nación e a separación de poderes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto composto de 35 artigos que precedeu á Constitución francesa de 1793, votada pola Convención o 24 de xuño dese mesmo ano. Era máis progresista e democrática ca a de 1789. Prohibiu a escravitude, proclamou a liberdade económica e recoñeceu os dereitos á educación, ao traballo e á asistencia pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto que precedía á Constitución francesa do ano III (1795). Dun ton moito máis moderado ca as declaracións de 1789 e de 1793, eliminou os dereitos suficientes para poder instaurar unha república censataria e protexer con garantías os intereses da clase dominante. A igualdade de todos os homes quedaba reducida á igualdade ante a lei, confirmaba a liberdade económica e condenaba a escravitude.
-
-
Cantidade dalgunha substancia, non totalmente líquida, que se pode coller cun dedo e que queda pegada nel.
-
Pegada que se deixa cando se toca un obxecto cos dedos.
-
Golpe que se dá co dedo ou que se recibe nel.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode degradar.
-
-
Acción e efecto de degradar ou degradarse.
-
Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.
-
Cesamento do desenvolvemento dun órgano.
-
Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo seguindo unha serie de pasos. A miúdo reciben o nome de degradacións as reaccións de diminución do número de átomos de carbono dun composto orgánico.
-
Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.
-
Evolución dun solo de xeito desfavorable, xeralmente debida a un incremento na evacuación da fracción fina ou lavado. Isto provoca a acidificación do solo e a conseguinte diminución da fertilidade.
-
-
Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais. Consiste na privación das responsabilidades, os privilexios, as dignidades e os honores vinculados ao cargo que ocupaba ata o momento da condena.
-
degradación actual/real
Degradación que se realiza coas solemnidades que están establecidas por dereito ou aquela que vai introducida por unha cerimonia.
-
degradación canónica
Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.
-
...
-
-
-
-
de degradar.
-
Efecto fotográfico a través do que se difuminan os contornos dunha imaxe. Conséguese ao colocar diante do obxectivo unha gasa ou un filtro difusor. Normalmente, emprégase para crear unha atmosfera onírica.
-
Sector urbano que sufriu unha forte desvalorización económica, que se manifesta no deterioro da súa morfoloxía e da calidade ambiental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen degrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que degrada.
-
-
Facer que unha persoa perda o privilexio, grao, dignidade ou emprego que posúe, especialmente na milicia.
-
Facer algo polo que unha persoa se envileza ou perda a súa propia dignidade ou honor.
-
Alterar algo as calidades dunha persoa ou cousa.
-
Diminuír gradualmente nunha foto ou cadro, a luz, a sombra e a cor para producir un determinado efecto estético en función da distancia á que se supoñen situadas as súas figuras.
-
Perder alguén a súa dignidade ou honor.
-
Perder alguén ou algo a súa calidade orixinal.
-
-
-
Cada unha das capas de cereal que se estende nunha eira para ser mallada.
-
Capa de herba cortada e estendida nun prado, veiga ou noutro tipo de terreo.
-
Conxunto de crías de animais nacidas nun mesmo parto.
-
-
-
Xogada de determinados deportes que consiste en lanzar ou pasar a pelota ou o balón cun impulso frouxo. Nos deportes de raqueta, o obxectivo desta xogada é que a pelota vaia caer cerca da parede ou da rede e quede lonxe do alcance do adversario, de xeito que este non poida chegar a evitar o tanto ou, cando menos, que o esforzo realizado para alcanzar a pelota non lle permita recuperar a posición no tempo suficiente para repeler o seguinte golpe. En deportes como o fútbol ou o balonmán, a deixada é un pase que se envía paseniñamente a un compañeiro libre de marcaxe para que este poida lanzar contra a portería con precisión. No baloncesto tamén se denomina bandexa, e consiste nun lanzamento a canastra que se realiza en salto e moi próximo ao aro, impulsando o balón, que se leva coa palma da man aberta e virada cara a arriba, cun leve movemento do pulso.
-
Tirada que, no xogo de billar, deixa as bólas nunha posición favorable para o xogador que tira.
-
-
-
Pequena doenza.
-
Penalidades que alguén sofre debido á falta do máis necesario.
-
Espacio de tempo no que non se fai nada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado no xénero lírico medieval da cantiga de amigo como designación da “amiga”, voz feminina protagonista destas composicións. Procede da súa utilización como adxectivo en sintagmas como corpo delgado ou senhor do corpo delgado (tamén propios da cantiga de amigo).
-
-
Acción de trabar unha cousa cos dentes.
-
Marca ou ferida que deixan os dentes ao trabar.
-
dentabrún.
-
-
-
Límite do cociente [f(a+h)-f(a)]/h cando hD0, onde f é unha función de variable real. O valor dese límite recibe o nome de derivada de f en a, e denótase por f’(a).
-
Dada unha función f:D0ODO e un punto a∈D, límite, se existise, do cociente [f(a+h)-f(a)]/h, cando h tende a cero mantense estritamente positiva h>0. Utilízase entón a notación f’ e (a).
-
Dada unha función f:D0O e un punto a∈D, límite, se existise, do cociente [f(a+h)-f(a)]/h, cando h tende a cero mantense estritamente negativa h<0. Utilízase entón a notación f’ e (a).
-
Dada unha función f:D0O n DO, un punto a 0D, e un vector non nulo v ∈O n , límite, se existise, do cociente [f( a +h v )-f( a )]/h, cando h tende a cero.
-
Límite da función f(a+h)-f(a)/h ao tender h a 0. A derivada de f no punto a escríbese tamén f’(a).
-
Dada unha función f:D0ODO e un punto a∈D, derivada da función lnYf(x)Y no punto a. Así, polo tanto, a derivada logarítmica de f en a é f’(a)/f(a).
-
Dada unha función real de diferentes variables reais, f:D0O n DO, e un punto do seu dominio de definición, a =(a 1 ,..., a n )∈D, cada unha das derivadas nos puntos a i das funcións dunha variable f i (x i )=f(a 1 ,..., x i, ..., a n ).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que desagrada ou que non resulta agradable.