"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Distribuír un produto a través dos circuítos comerciais.

    2. Converter algo ou a alguén en obxecto de comercio, normalmente rebaixando a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen, dunha maneira profesional, se dedica á actividade comercial. Para o código de comercio español son comerciantes os que, con capacidade legal para exercer o comercio, se dedican habitualmente a el, e anuncian publicamente o establecemento no que realizan esta actividade. Tamén son comerciantes as compañías mercantís ou individuais que se constitúen con arreglo ao código de comercio. A constitución como comerciante determínase en función dos fins da sociedade. Non poden exercer o comercio, ademais dos incapacitados, os sentenciados apenas de interdición civil, os que están na bancarrota, os eclesiásticos, os maxistrados, os xuíces e os funcionarios do ministerio fiscal, os xefes gobernativos económicos ou militares, os empregados de recadación e administración de fondos estatais e os axentes de cambio e bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar operacións comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos comicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima de titularidade pública que xurdiu ao abeiro da Lei de Creación da CRTVG, aprobada polo Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984. Os seus obxectivos principais son a posta en funcionamento, a xestión e a explotación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, co que se pretende potenciar a normalización lingüística do galego, a cohesión do tecido social e xeográfico do país, e a divulgación da cultura e dos trazos identificativos de Galicia. Para isto, conta con tres órganos que dirixen o funcionamento do ente público: o Consello de Administración, o Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades, e mais o director xeral. O primeiro destes órganos está composto por doce membros elixidos en cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, que se encargan do cumprimento do disposto pola Lei de Creación da Compañía, á parte da aprobación daquelas materias que enmarcan as principais directrices que rexen o funcionamento da Compañía, como son: a programación e os seus contidos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de comparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Rivalidade de intereses entre persoas que perseguen o mesmo obxectivo.

      2. Persoa ou grupo co que se compite.

      1. Capacidade ou facultade que ten unha persoa para coñecer e xulgar unha materia en profundidade.

      2. Dereito de decidir en virtude dunha autoridade legal ou dun recoñecido coñecemento da materia.

      3. Asunto sobre o que unha persoa ou entidade ten capacidade legal.

    1. Habilidade e capacidade para desenvolver un labor correctamente.

    2. Estado dunha célula, especialmente bacteriana, capaz de transformarse xeneticamente deixando que penetre nela un fragmento de ADN. A competencia é unha propiedade herdable, relacionada coa síntese de certas proteínas extracelulares, denominadas factores de competencia.

    3. Acción antagónica entre os organismos que ocupan un mesmo nicho ecolóxico pola posesión dos seus recursos alimentarios, de espacio, de luz, etc. Diferénciase entre competencia intraespecífica e interespecífica, entre individuos da mesma ou de diferentes especies, respectivamente. Nos dous casos prodúcese o fenómeno de selección natural dos individuos máis aptos, feito que constitúe un dos mecanismos evolutivos.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanzas periódicas da Igrexa católica da diocese metropolitana de Santiago e as súas sufragáneas. O primeiro destes concilios, convocado polo arcebispo Diego Xelmírez, celebrouse en 1121, un ano despois de que a sé compostelana recibise o rango metropolitano. Os seguintes concilios celebráronse en 1122, 1124, 1125 e 1130. Os dous primeiros concilios da provincia de Compostela do s XIV reuníronse en Salamanca (1310), onde o arcebispo Rodrigo de Padrón dirixía o proceso contra os Templarios, e en Zamora (1312-1313). O derradeiro celebrouse en 1887, baixo a presidencia do arcebispo Xosé Martín de Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Satisfacción ou gusto por algo.

    2. Actitude compracente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concrescencia conxénita dun eixe lateral co talo principal do que procede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concernir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Coñecemento que o espírito humano ten da súa propia existencia e da súa actividade, é dicir, dos actos que realiza e dos estados en que se atopa. En xeral, é a facultade e acto específicos da vida psíquica. Pódese caracterizar de distintas maneiras: como o feito de decatarse dalgunha cousa, como efecto concomitante da función nerviosa, como momento subxectivo da actividade cerebral ou como relación do eu co medio ambiente. A miúdo, o termo conciencia emprégase no sentido de conciencia moral, e tamén como sinónimo de experiencia. No terreo neuropsicolóxico abarca catro tipos de funcións. O primeiro é o da conciencia do mundo ou vixilancia, que comprende as reactividades e as perceptividades. As primeiras son innatas e intégranse por debaixo da codia cerebral, como a reactividade inespecífica, a reactividade motriz á dor e a reactividade vexetativa á dor. As perceptividades son actividades nas que participa a codia cerebral e que presupoñen unha...

      2. Actitude do individuo cara ás implicacións morais e sociais do seu comportamento que implica un xuízo de valor dos propios actos en relación cunha norma de moralidade persoal ou colectiva. Discutiuse, tanto filosófica como relixiosamente, o valor e o significado da conciencia moral (imperativo categórico) e a posibilidade de establecer normas obxectivas de comportamento (ética).

      1. Coñecemento da realidade que rodea unha persoa e que lle permite a relación co medio.

      2. Coñecemento reflexivo, responsable e personalizado dunha realidade, dunha tarefa concreta, dun deber determinado ou dunha situación que lle afecta a unha persoa.

      3. conciencia colectiva

        Conxunto de crenzas, tradicións, normas e valores que integran a herdanza común dunha colectividade. Durkheim apuntou a división de conciencia individual e conciencia colectiva, e considerou que esta última tiña a súa xénese en momentos de especial efervescencia emocional e a súa base na dobre natureza da conciencia humana (individual e social). Ten como función normativizar e integrar as sociedades.

      4. conciencia de clase

        Conciencia de clase.

      5. conciencia lingüística

        Reflexión consciente que cada falante ten do uso da lingua.

      1. ...

    1. Acción e efecto de concienciar ou concienciarse.

    2. Comportamento dos individuos respecto aos procesos sociais nos que participan e aos grupos sociais dos que obxectivamente forman parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén tome conciencia dalgunha cousa.

    2. Adquirir alguén conciencia dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza convocada polos bispos das dioceses galegas en 1974. Constou de cinco sesións centradas, respectivamente, nas problemáticas da liturxia, da catequese e dos medios de comunicación, do clero, dos segrares, e da caridade e promoción social. As sesións prolongáronse ata 1979. A iniciativa da celebración do Concilio partira do arcebispo de Santiago, o cardeal Quiroga Palacios, en 1966. O cardeal pretendía aplicar na súa arquidiocese as directrices emanadas do Concilio Vaticano II, que supuñan unha fonda renovación na vida da Igrexa. Unha das esixencias máis novidosas das conclusións do Concilio Vaticano II era a necesidade de inculturación e encadramento das igrexas locais no seu contexto social e cultural. Así, o episcopado galego acordou comezar un proceso de debate no seo da Igrexa, aberto á participación do clero e dos segrares, co que pretendía coñecer a situación, as necesidades e as aspiracións da comunidade de fieis. En 1968, os bispos galegos decidiron principiar as actividades...

    VER O DETALLE DO TERMO