"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Cantautor. Coñecido como Carlos Cano, da súa produción discográfica destacan: A duras penas (1975), A la luz de los cantares (1976), Crónicas granadinas (1978), De la luna y el sol (1980), El gallo de Morón (1981), Si estuvieran abiertas todas las puertas (1983), Cuaderno de coplas (1985), A través del olvido (1986), Quédate con la copla (1987), Luna de abril (1988), Ritmo de vida (1989), En directo (1990), Mestizo (1992), Forma de ser (1994), Algo especial (1994) e El color de la vida (1996), entre outros títulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. A súa obra caracterízase polo emprego dos materiais autóctonos e polo rigor construtivo. Realizou as vivendas sociais de Badajoz (1965) e, entre 1960 e 1968, as de Vite e do Burgo das Nacións en Santiago de Compostela, onde empregou a galería tradicional galega. O ladrillo é o material dominante nas vivendas sociais da rúa Basilisca de Madrid, realizadas entre 1966 e 1974. En 1974 construíu o edificio da Universidade Laboral de Ourense e en 1986 o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Realizou o pavillón de España da Exposición Universal de Sevilla de 1992 e a sede da compañía Nationale Nederlanden de Madrid en 1991. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes e recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Doutor en Historia e profesor de prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela, a súa liña de investigación centrouse nas tecnoloxías prehistóricas, principalmente no camposanquense. Dirixiu a escavación do xacemento de Portecelo (O Rosal). Escribiu Las industrias líticas talladas en la costa de La Guardia a Bayona (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e arquitecto. Discípulo do seu pai, Miguel Cano, en 1614 trasladouse a Sevilla onde coñeceu a Velázquez e onde estudiou pintura con Francisco Pacheco e escultura con Martínez Montañés. Entre as obras realizadas durante este período sevillano destaca o retablo maior de Santa María de Lebrija (1629-1631), así como as pinturas tenebristas entre as que se atopa a de San Francisco de Borja (1624). En 1638 instalouse en Madrid, onde foi pintor do conde duque de Olivares e restaurador da colección de pinturas de Filipe IV. Acusárono do asasinato da súa dona e, aínda que o declararon inocente, abandonou a cidade en 1644 e refuxiouse en València ata 1645, data na que regresou a Madrid. Durante o seu período na capital realizou dous retablos para a igrexa de Getafe (1645), o arco triunfal da porta de Guadalajara, co que se celebrou a chegada de Mariana de Austria en 1649, e unha serie de lenzos entre os que destaca El milagro del pozo, influenciado por Velázquez....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante, compositor e locutor. Diplomouse en Maxisterio, estudiou canto no Conservatori del Liceu con Francisco Kraus, harmonía no Taller de Músics de Barcelona, guitarra con Yoshimi Otani e foi discípulo de Manuel Oltra e Josep Antoni Roda. Membro do coro do Gran Teatre del Liceu (1984) e do grupo de jazz vogal A Capel·la (1990-1993), fundou a Coordinadora Coral Galega de Catalunya e colaborou na revista Alborada (1989-1990). Director do Coro Universitario Galego de Barcelona e do Coro Lonxe da Terra, participa nos programas radiofónicos de ERGAC (Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya). Compuxo a sintonía da coordinadora ERGAC e o arranxo para a banda de Marcha del soldadito de plomo, de F. Kraus, estreada en 1999 no Teatro Pérez Galdós de Las Palmas. Na súa discografía destaca Expreso Estrella (1994) e Porgaleuzca (1996), integrado por versións corais de temas de Voces Ceibes en colaboración co Coro Universitario Galego de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Actuou como secretario e colaborador da revista Insula dende a súa creación en 1946. Da súa produción poética destacan as obras Otoño en Málaga y otros poemas (1955), Luz del tiempo (1963) e Poesía 1942-1962 (1964). Como crítico literario publicou Poesía española del siglo XX (1960), La poesía de la generación del 27 (1970), Heterodoxos y prerrománticos (1975) e as biografías de Federico García Lorca (1962), Antonio Machado (1976) e Vicente Aleixandre (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. En 1523 ingresou na orde dos Predicadores. Profesor de teoloxía en Alcalá de Henares (1541) e en Salamanca (1546), entre 1551 e 1552 foi teólogo do Emperador Carlos V no Concilio de Trento. Conselleiro de Filipe II, alentouno, por medio da súa Consultatio Theologica, a abandonar definitivamente a dirección relixiosa erasmiana seguida por Carlos I e a emprender unha política de catolicismo nacional e autárquico, pechado ante Europa. Elixido provincial dos dominicanos en 1557, non foi confirmado por Roma ata 1560, despois da morte do Papa Paulo IV, o seu grande adversario. A súa obra máis importante é De locis theologicis (Sobre os lugares teolóxicos, 1563), onde se sintetiza por vez primeira a doutrina sobre o método de determinar a verdade en teoloxía, preconizando o retorno ás fontes bíblicas e patrísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, xornalista e poeta. No eido artístico, as súas exposicións reflicten a influencia expresionista, surrealista e do pop-art. Colaborou con artigos literarios en diversos xornais, entre outros no suplemento El Sábado de Faro de Vigo, e foi director da revista literaria Follas secas. Membro fundador da editorial SPAC, exerceu como secretario do Padroado Curros Enríquez dende 1985 e foi un dos promotores do Premio Celanova Casa dos Poetas. Deuse a coñecer no mundo literario co libro de relatos O mal tempo (1981) e, posteriormente, publicou Lembranza dun home (1983), os relatos Once nudos I (1984) e Once nudos II (1985), e a novela Areas (1990). É tamén autor dos volumes de entrevistas Conversas con Manuel María (1990) e Cen galegos (1993). En colaboración con X. L. Méndez Ferrín coordinou Voz e voto. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no X aniversario do seu pasamento (1991). En...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación menor, lixeira, normalmente dunha soa peza, de medidas moi variables (xeralmente de eslora inferior a 10 m), de forma alongada e apuntada na proa e na popa, desprovista de temón, de quilla e polo xeral, tamén de vela. Presenta como formas particulares a piragua, coñecida en América, África e Oceanía, e o kaiak das zonas árticas, construído con pel e de casco pechado. O termo canoa aplícase dun xeito especial ás propias embarcacións dos indios de América do Norte. Introduciuse en Europa en 1835 e  foi aceptada, xunto co kaiak, como embarcación deportiva de competición nos Xogos Olímpicos de 1936.

    2. Embarcación propulsada pola forza motriz dun ou de máis motores de combustión con hélice somerxida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, ao N de Porto Alegre (287.505 h [1995]). Posúe varias refinerías de petróleo que a converten nun importante centro da industria petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘paraugueiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo preparado para unha carreira de cans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que tripula unha canoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael García Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Catálogo ou lista.

      2. Lista de autores, obras e motivos que constitúe o repertorio tomado como referencia nunha determinada literatura. A aparición de listas selectivas remóntase aos ss III e II a C: filólogos alexandrinos confeccionaron listas de obras consideradas modélicas pola súa excelencia no uso da lingua e dignas de imitación. O primeiro canon medieval non bíblico foi o dos chamados Padres da Igrexa. Seguiuno a lista dos autores medievais, composta por autores cristiáns e pagáns seleccionados para o estudo nas escolas. A lista mantívose sen controversias, exceptuando a inevitable tensión entre obras pagás e cristiás, a miúdo resolta mediante a adaptación alegórica do paganismo ao cristianismo, ata a aparición no Renacemento das linguas vernáculas que alteraron o canon latino. En consecuencia, a partir dos ss XVII e XVIII formuláronse canons ligados ás distintas culturas. O canon literario é o resultado do acordo entre xeracións de lectores e de críticos e da influencia da obra en si no futuro. Entre...

      1. Cada un dos artigos de que consta o Código de dereito canónico pertencente á Igrexa católica latina. O vixente Código foi promulgado polo Papa Xoán Paulo II o 25 de xaneiro de 1983, vinte e catro anos despois de que Xoán XXIII principiase o proceso de renovación. Comprende un total de 1.752 canons ou artigos, divididos en sete libros.

      2. dereito canónico.

      3. canon apostólico

        Coleccións canónicas das que se conservan tres unidades: a máis antiga é a dos Canons eclesiásticos dos santos apóstolos, e comprende trinta regras, redactadas en lingua grega a principios do s IV en Siria ou Exipto; logo están os 85 canons gregos ou canons apostólicos, que probablemente datan dos ss V e VI; e por último, os 127 canons dos apóstolos, en lingua arábiga, que reproducen materiais gregos anteriores como a Tradición apostólica e as Constitucións apostólicas.

      4. canon dogmático

        Proposición doutrinal establecida por un concilio ecuménico cun contido moi preciso e tan importante que se impón baixo pena de excomuñón.

    1. Composición a dúas ou máis voces onde cada unha repite, despois dun espazo de tempo prefixado, a mesma frase melódica. É a forma máis estrita de imitación polifónica, que respecta rigorosamente a regra. No s XV acadou un auxe salientable que diminuíu no século seguinte cando se considerou unha técnica musical inferior fronte á creación contrapuntística libre. Foi no período barroco cando se recuperou de novo a arte do canon da man de J. S. Bach, que decaeu no clasicismo e que rexurdiu cos compositores do s XX. Hai diversas clases de canons: canon directo ao unísono, no que a voz que propón o debuxo melódico ou antecedente está imitada, nota por nota, pola voz secundaria ou consecuente; canon latino, executado despois do Sanctus, que forma parte da liturxia latina e que constitúe a parte central da misa católica; canon mixto, que inclúe un acompañamento instrumental ademais do desenvolvemento propio do canon; canon por aumento ou por diminución...

    2. Composición poética, propia do rito bizantino, consistente nun conxunto de nove grupos de estrofas, compostas cada unha delas dun εἰ ρμός (‘estrofa-chave’) e varios tropos. Creada para acompañar as nove odas ou cánticos do oficio, acabou por substituílas; o xénero, ademais, pasou a outros momentos e actos litúrxicos. Foron os seus grandes cultivadores Andrés de Creta, Xoán Damascano, Cosme de Mainma e Teodoro Estudita, entre outros. O canon suplantou o antigo kontakion.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obxecto oco de forma cilíndrica e alongada.

      2. Tubo por onde sae o proxectil lanzado por unha arma de fogo.

      3. Peza de artillería de tubo relativamente longo respecto ao calibre, capaz de lanzar proxectís a gran distancia. Consta esencialmente do tubo ou boca de fogo, onde se pon o proxectil e a carga explosiva, chamado tamén canón, que é o soporte que lanza o proxectil; dunha montura ou elemento de transporte e ancoraxe no terreo; duns órganos de puntería e, eventualmente, dun órgano elástico entre o tubo e a montura capaz de absorber a enerxía do retroceso. Diferénciase do obús e do morteiro pola traxectoria do tiro, que é moito máis elevada no morteiro, intermedia no obús e baixa no canón. O canón está determinado pola relación entre o calibre e a lonxitude. Canto maior é o calibre, maior é a precisión, a velocidade inicial e o alcance. Na súa construción emprégase o aceiro e o níquel. A montura é o soporte da boca de fogo; debe ser resistente, estable, móbil e cun gran sector de tiro, tanto horizontal como vertical. Estas características adáptanse ás necesidades tácticas do...

      4. canón bombeador

        Canón curto de gran calibre que lanzaba granadas, usado nos barcos desde finais do s XVIII substituíu os morteiros, pois era máis preciso e podía bater o casco dos barcos inimigos co seu tiro rasante. Desapareceu coa introdución dos canóns estriados.

      1. Paso profundo e estreito entre montañas, xeralmente formado por un río que discorre polo fondo.

      2. canón submarino

        Entallamento fondo na plataforma e no talude continentais, que forma un val submarino estreito, de paredes escarpadas, que descende cara ás chairas abisais. Crese que a súa orixe está estreitamente relacionada coa acción erosiva das correntes mariñas do fondo oceánico.

    1. Dispositivo formado por un conxunto de electrodos destinado a producir e concentrar un feixe de electróns. Emprégase en tubos de raios catódicos, iconoscopios, microscopios electrónicos e aceleradores lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obxecto oco de forma cilíndrica e alongada.

      2. Tubo por onde sae o proxectil lanzado por unha arma de fogo.

      3. Peza de artillería de tubo relativamente longo respecto ao calibre, capaz de lanzar proxectís a gran distancia. Consta esencialmente do tubo ou boca de fogo, onde se pon o proxectil e a carga explosiva, chamado tamén canón, que é o soporte que lanza o proxectil; dunha montura ou elemento de transporte e ancoraxe no terreo; duns órganos de puntería e, eventualmente, dun órgano elástico entre o tubo e a montura capaz de absorber a enerxía do retroceso. Diferénciase do obús e do morteiro pola traxectoria do tiro, que é moito máis elevada no morteiro, intermedia no obús e baixa no canón. O canón está determinado pola relación entre o calibre e a lonxitude. Canto maior é o calibre, maior é a precisión, a velocidade inicial e o alcance. Na súa construción emprégase o aceiro e o níquel. A montura é o soporte da boca de fogo; debe ser resistente, estable, móbil e cun gran sector de tiro, tanto horizontal como vertical. Estas características adáptanse ás necesidades tácticas do...

      4. canón bombeador

        Canón curto de gran calibre que lanzaba granadas, usado nos barcos desde finais do s XVIII substituíu os morteiros, pois era máis preciso e podía bater o casco dos barcos inimigos co seu tiro rasante. Desapareceu coa introdución dos canóns estriados.

      1. Paso profundo e estreito entre montañas, xeralmente formado por un río que discorre polo fondo.

      2. canón submarino

        Entallamento fondo na plataforma e no talude continentais, que forma un val submarino estreito, de paredes escarpadas, que descende cara ás chairas abisais. Crese que a súa orixe está estreitamente relacionada coa acción erosiva das correntes mariñas do fondo oceánico.

    1. Dispositivo formado por un conxunto de electrodos destinado a producir e concentrar un feixe de electróns. Emprégase en tubos de raios catódicos, iconoscopios, microscopios electrónicos e aceleradores lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Umia pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos, no límite entre as parroquias (e concellos) de San Tomé de Nogueira e Paradela (Meis) e Lois (Ribadumia). O seu curso adopta unha dirección SL-NO que serve de límite entre as parroquias de Lois e Paradela ata a súa desembocadura, na fronteira coa parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kitāb al-Qānūn fī-l-ibb.

    VER O DETALLE DO TERMO