"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado, tamén chamado queixo de nata. De callado enzimático, é de tamaño mediano e ten a codia lisa. Pode presentarse de tenro a semicurado e de graxo a extragraxo. Ten a pasta sen ollos, mol, elástica e untuosa e é de cor amarela moi clara. De orixe centenaria, elabórase en gran parte de Cantabria e está protexido pola Denominación de Orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio dos cántabros, ao N da Península Ibérica, aínda que este topónimo apenas se menciona nas fontes históricas clásicas. Na época romana pertenceu ao convento xurídico cluniacense da provincia Tarraconense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidad Autónoma de España constituída pola provincia homónima, que se corresponde coa antiga rexión castelá denominada La Montaña (5.289 km2; 527.437 h [1996]). Esténdese entre os 42° 40’ de latitude N no seu punto máis meridional e os 43° 32’ no máis setentrional (Cabo de Ajo). Situada no centro da fachada atlántica setentrional da Península Ibérica, limita ao O con Asturias, ao S con Castela e León e ao L con Euskadi. Dividida en 102 municipios, a súa capital é Santander.
    Xeografía física
    O territorio de Cantabria aséntase sobre estruturas do Mesozoico, formadas sobre todo por calcarias cretáceas intensamente pregadas que deron como resultado unha paisaxe morfolóxica esencialmente montañosa. Dentro da complexidade do relevo, de dirección latitudinal, cómpre distinguir tres grandes unidades: a plataforma litoral (rasa cantábrica), que orixinou unha costa moi recortada con numerosas rías e portos naturais, onde se concentra a maioría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade con valor de piso (e idade) do Estefaniano Superior, situada sobre o Westfaliano D e baixo o Estefaniano A.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Cantabriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Macizo montañoso que se ergue ao N da Península Ibérica entre a fosa Cantábrica ao N e a Submeseta Norte de Castela ao S. Limita ao O co Macizo Galaico e chega polo L ata Euskadi (val do río Mena). Xeoloxicamente, divídese en dous sectores ben diferenciados: o Paleozoico, que presenta afloramentos harmonicamente curvados formando unha forte convexidade cara ao O para dar lugar ao chamado arco astúrico, froito da tectónica herciniana, onde se atopan depósitos de hulla; e o sector Mesozoico, con pregamentos laxos de estilo Xurásico, producidos pola oroxenia alpina, con depósitos de 500 e 800 m de espesura. No que respecta ao relevo, pódese distinguir unha rexión litoral cunha altura mediana entre 300 e 500 m, formando unha costa abrupta e recortada e unha rexión interior con alturas importantes como Peña Rubia e Peña Ubiña (2.417m). Máis ao L hai unha liña de outeiros e cimas elevadas situadas a máis de 2.000 m que se denominan brañas, onde están as máximas elevacións, os Picos de Europa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cantabria.

    2. Relativo ou pertencente ao Mar Cantábrico e á zona bañada por el.

    3. Da Cordilleira Cantábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do Océano Atlántico que baña as costas do N da Península Ibérica e do SO de Francia (golfo de Bizkaia). Como é un mar moi aberto ao océano, non ten as características hidrolóxicas propias dos mares interiores, polo que a súa denominación é simplemente local. Paralelo á Cordilleira Cantábrica, chega a unha profundidade máxima de 5.000 m. Na plataforma continental de Bizkaia (de 60 km de lonxitude) desenvolveuse un canón submarino de 245 km de lonxitude e 495 m de profundidade. O litoral na banda da Península Ibérica é recortado e abrupto, e na banda francesa é recto e chan. Estendido dende os 43° de latitude N, a súa salinidade é no interior inferior ao 35‰, e ten unha gran riqueza en plancto. A temperatura das augas superficiais en xaneiro é de 11°C, mentres que no verán chega ata os 18°C no lado occidental debido á transgresión atlántica, que de xullo a setembro transporta auga cálida. Esta época correspóndese coa tempada de pesca do bonito e da sardiña, que migran coa corrente....

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga rexión de Cantabria, dividida administrativamente entre as comunidades autónomas de Asturias e Cantabria.

      2. Relativo ou pertencente á Comunidad Autónoma de Cantabria ou aos seus habitantes.

      3. Natural ou habitante de Cantabria.

      1. Relativo ou pertencente aos cántabros.

      2. Individuo do pobo cántabro.

      3. Grupo de pobos prerromanos establecidos na costa norte da Península Ibérica, na zona montañosa da actual Comunidad Autónoma de Cantabria e parte oriental de Asturias, desde o río Sella ata o Nervión. Existe entre os cántabros un elemento básico preindoeuropeo e outro céltico ou indoeuropeo antigo. Practicaban a recolección, unha incipiente agricultura (cereais) e eran tamén pastores e gandeiros (cría de cabras, porcos e cabalos). Aparecen mencionados por primeira vez no 195 a C e caracterizábanse pola súa forte oposición a Roma, que non conseguiu sometelos totalmente ata o 19 a C, tras un longo período de guerras (Guerras Cántabras). A súa romanización foi, con todo, lenta e parcial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia distinguida do imperio Bizantino, unida desde o s XII, a través de matrimonios, aos emperadores. De orixe grego, no s XI era unha das familias feudais máis poderosas de Tracia. Un dos seus principais membros, Xoán VI Cantacuceno, proclamouse emperador de Bizancio en 1347. A familia conservou o seu poder a pesar da caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453). No s XVII pasou a Romanía onde tomou o nome de Cantacucinos, e no s XVIII a Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza triangular en forma de pináculo que vai colocada enriba da porta do hórreo, no testeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aviso ou denuncia que se dá ou se recibe secretamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sabe cantar ou é afeccionado ao canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición destinada ao canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rebaixe ou amosega no eixe do carro onde vai colocado o coucillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que canta ou que ten afección polo canto.

    2. Persoa que ten o oficio de cantar ou que ten habilidade para o canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo propio da rexión auvernesa homónima que xa se elaboraba na época prerromana. É graxo, de pasta prensada, cun peso de 35 a 45 kg e unha maduración mínima de tres meses. Ten un gusto e un aroma suaves. Na actualidade está protexido por unha Appellation d’Origine Contrôlée (AOC). Consómese principalmente relado e presenta unha óptima calidade cando está moi maduro e seco. Existe unha variedade con AOC denominada Salers Haute Montagne, elaborada con leite de vaca da raza Salers que pace en pastos de altura, e outra variedade chamada Laguiole, máis suave, feito con leite de vacas da raza Aubrac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo volcánico da Auvernia, Occitania, que forma un conxunto circular moi erosionado, de 80 km, que culmina no Plom de Cantal (1.858 m). Os glaciares cuaternarios formaron circos e vales profundos. Os contrafortes do macizo no verán son notables superficies de pasto para o gando vacún principalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Auvernia, Francia (5.726 km2; 155.200 h [estim 1995]). A capital é Aurillac.

    VER O DETALLE DO TERMO