"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao NO de Sepúlveda (3.521 h [1996]). Presenta unha agricultura de secaño dedicada ao cultivo de legumes, cereais e viña. O relevo é unha gran chaira, formada por materiais sedimentarios. A industria limítase á elaboración de madeira para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado a diversas variedades de melón de orixe francesa. Os froitos levan costelas moi marcadas na casca, teñen a epiderme dura e a miúdo rugosa, e a carne é moi olorosa e de cor branca alaranxada.
-
-
Persoa que profesionalmente se dedica ao canto.
-
Aplícase á persoa que ten un unha actitude inconsecuente ou contraditoria.
-
Nas representacións heráldicas, aplícase aos galos ou a calquera outra ave que ten o peteiro aberto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que canta flamenco.
-
-
Reproducir coa voz unha melodía determinada proferindo os sons axeitados, normalmente formando as palabras correspondentes á letra desta melodía. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cantar mal e recuncar, non é de aprobar. Ao arrendar, cantar; e ao pagar, chorar. Quen che mandou cantar, meu frade, quen cha mandou cantar, que che pague”.
-
Dicir en voz alta algunha cousa cunha entoación parcialmente melodiosa para que a escoite un grupo de persoas.
-
Celebrar ou loar de forma literaria algunha cousa ou a alguén.
-
No xogo do bingo, proclamar en alta voz que se completou unha liña ou o cartón enteiro.
-
Nalgúns xogos de cartas, como o tute, facer corenta puntos (cando se ten o cabalo e o rei de trunfos) ou vinte puntos (cando se ten unha parella de cabalo e rei do mesmo pao pero sen ser de trunfo).
-
Declarar ou confesar unha persoa cousas que non se coñecen ou que se deberían manter en segredo.
-
Proferir sons con inflexións musicais ou modulacións melodiosas da voz.
-
-
Emitir a súa voz os paxaros. Na tradición oral recóllese: “Cantou o pardal, e cantou polo seu mal”.
-
Emitir o seu canto o galo ou as galiñas.
-
...
-
-
-
-
Composición cantada, xeralmente breve, e de carácter popular.
-
-
Composición poética formada, normalmente, por unha única estrofa de catro versos de arte menor, especialmente octosílabos, con rima asonante nos pares. Tradicionalmente, inspírase na lírica popular, aínda que tamén se cultivou na poesía galega e española culta dos ss XIX e XX, con autores como Rosalía de Castro ou Manuel Machado.
-
cantar de xesta
Poema narrativo medieval, en lingua románica, centrado en feitos históricos con moitos elementos lendarios. O cantar de xesta xenuíno divulgábano os xograres ambulantes que recitaban ou cantaban ante toda clase de público. Centrábase en momentos gloriosos ou en personaxes famosos do pasado dun país e, deste xeito, convertíase no que se podía chamar historia do pobo, na que tiña cabida a fantasía e a imaxinación. Fronte aos historiadores que escribían en latín, os cantares de xesta pretendían informar emotivamente a unha gran masa. Todo cantar de xesta ten un autor inicial, aínda que unha característica do xénero é a súa evolución de acordo cos cambios de gusto do público. No paso do s XII ao XIII, cando xa estaba o xénero bastante desenvolvido, apareceron escritores de formación literaria culta que adoitaban asinar as súas obras e refundiron os vellos temas. Nesta etapa, o xénero, influído pola novela, converteuse nun tipo de literatura destinado á lectura. Na súa derradeira etapa,...
-
-
-
cantar de arada
Canto entoado polos labregos cando aran a terra. Normalmente se interrompen coas exclamacións: ei, marelo! ou ei boi, ei!
-
cantar de arrieiro
Canto propio dos arrieiros caracterizado por ter un ritmo lento e monótono.
-
cantar de aninovo
Composición coñecida igualmente como xaneira, anibón e panxoliña que presenta unha estrutura simple executada por rapaces e mozos (nunca mulleres), con acompañamento ou non de instrumentos tradicionais, diante das casas do lugar. Cántase dende o serán de San Silvestre (31 de decembro) ata o mediodía dos Manueis (1 de xaneiro), inda que ás veces pode chegar ata a festa de Reis. Os veciños corresponden cun aguinaldo, en especie ou, modernamente, con diñeiro. Na noite de San Silvestre íase sumando xente á rolda, que remataba na casa máis espaciosa consumindo a colleita e recibindo o aninovo cantando e bailando. As letras son moi variadas, aluden en xeral á data, e nelas deséxalle parabéns á xente. Hainos tamén de escarnio, para os casos nos que non se reciben os aguinaldos esperados. Se estes eran bos, botábase a despedida, copla coa a que se loaba os donos da casa. Hoxe fanse os manueis, unhas cantigas máis urbanas dedicadas ás persoas que levan...
-
cantar de berce
Canto que ten unha melodía monótona e un ritmo suave, cunha cantilena a xeito de retrouso para provocar o sono e que se emprega para facer durmir os nenos.
-
cantar de canteiros
Canto entoado por persoas que traballan nos labores de erguer pedra, baixo a dirección dun mestre de obras, para lle dar forza e ritmo ao traballo realizado. Caracterízase por conter vocabulario das xergas dos canteiros.
-
...
-
cantar de arada
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico castelán que consta de 3.730 versos anisosilábicos distribuídos en tiradas ou series monorrimas asonantes, cunha certa unidade temática, e divididos por unha pausa interna ou cesura en dous hemistiquios que oscilan entre as 3 e 11 sílabas, sendo os máis frecuentes de 7, 8 e 6 sílabas. Dende unha perspectiva máis poética ca histórica este cantar narra en tres partes (“El destierro”, “Las bodas” e “La afrenta de Corpes”) o derradeiro período da vida de Rodrigo Díaz de Vivar o Cid Campeador (1043-1099), cabaleiro da corte de Sancho II de Castela e Afonso VI de Castela e León que estendeu o dominio castelán ata o Reino de València. A primeira parte narra os sucesos ocorridos tralo desterro ao que foi condenado polo Rei Afonso VI en 1081 por mor dunha falsa acusación de quedar coas parias reais. Na segunda parte o Cid volve a Toledo e, perdoado polo rei, concerta o casamento das súas fillas, Sol e Elvira, cos infantes de Carrión en València. Na terceira parte, de ton máis...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro da Biblia do Antigo Testamento dos cristiáns, que se conserva entre os escritos sapienciais tradicionalmente atribuídos ao Rei Salomón. Consiste nunha colección de oito poemas breves que cantan o amor humano a través do diálogo alternado entre o amado e a amada, un home e unha muller novos que se admiran, se aceptan e, finalmente, se unen, aínda que no texto non hai alusións explícitas á procreación nin aos lazos conxugais. O sentido directo do texto non ofrece ningún indicio de orixe relixiosa, pero interpretouse como unha alegoría do amor de Deus por Israel; posteriormente, para os cristiáns, de Cristo pola súa Igrexa e, desde a época medieval, do amor entre Cristo e a alma. Ademais do sentido alegórico, viuse no Cantar un sentido dramático baseado na forma dialogada de gran parte da obra e tamén unha reminiscencia de cultos pagáns da fertilidade procedentes do Oriente Medio. A obra tivo unha grande influencia na literatura mística cristiá, como por exemplo...
-
-
Recipiente, xeralmente de barro, estreito na súa parte superior e inferior, que serve para transportar líquidos.
-
Medida para líquidos cunha capacidade que equivale a dezaseis litros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cantarela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción de madeira en forma de andel ou banco, normalmente situada na cociña, onde se colocan os cántaros e outras vasillas de barro que se empregan en tarefas domésticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cantadeiro.
-
-
Copla que se canta en voz baixa ou sen ter moi en conta a entoación.
-
Frase ou dito que se repite a miúdo e que resulta molesto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cantarelais.
-
Fungo da orde das cantarelais.
-
Orde de fungos da subclase das afiloforomicetídeas ao que pertencen os xéneros Cantharellus e Craterellus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo do xénero Cantharellus, da orde das cantarelais, de cogomelos en forma de funil, de himenio decorrente e pregado, sen láminas auténticas. En Galicia están presentes as especies C. cibarius e C. friessii, de cogomelo de cor amarela alaranxada ou avermellada, de ata 12 cm de altura e cheiro a pexego, propias das carballeiras e moi apreciadas en gastronomía; C. tubaeformis, de cogomelo comestible de ata 6 cm de altura, co pé oco e marxe moi irregular, de cor acastañada agrisada e de cheiro débil, que aparece baixo os piñeiros; C. lutescens, de cogomelos comestibles de ata 16 cm, de cor laranxa pardenta, cheiro a froitas e propio de piñeirais; e C. cinereus, de cogomelo comestible de ata 15 cm, de cor acastañada escura, que vive baixo os carballos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Rosalía de Castro, considerada como o primeiro gran título da literatura galega contemporánea e o libro fundacional do Rexurdimento en Galicia, ao ser o primeiro escrito integramente en lingua galega. Na súa elaboración influíu a pegada da música popular, a recuperación romántica da tradición, as culturas autóctonas e as manifestacións populares, e a obra de Antonio Trueba Libro de los cantares (1852). O libro publicouse grazas ao empeño do seu home, Manuel Murguía, quen considerou o seu valor como difusor do sentimento galeguista. A primeira edición, impresa nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel en Vigo, data de 1863, e a segunda fíxose en Madrid (1872), con catro composicións novas. Rosalía foi consciente de que escribía dende un país marxinado e esta obra reflite, a pesar do seu manto folclorista e costumista, unha ideoloxía de defensa e exaltación dos valores específicos de Galicia, ao tempo que denuncia as inxustizas que sufría. Estruturalmente, conta cunha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
cantería.
-
SEMANARIOS
Semanario que apareceu en Betanzos o 15 de outubro de 1901. O seu director foi Ramón Buyo. Esta publicación xuvenil sucedeu a El Chaparrón e cesou no número dous.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coleóptero do xénero Lytta, de escaravellos de corpo alongado e exoesqueleto brando, cunha lonxitude duns 21 mm, de cor verdosa azulada metalizada e antenas longas. Os adultos aliméntanse de follas de árbores e arbustos, mentres que as larvas son parasitas das abellas de vida solitaria, agardan nas flores para aferrarse a elas e ser transportadas ata o niño onde se alimentan de mel. Viven nos bosques caducifolios do sur de Europa. Os escaravellos captúranse para empregalos, unha vez secos, como afrodisíacos debido á cantaridina que conteñen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio activo que se atopa na cantáride e noutros insectos. É un sólido cristalino que funde a 218°C, insoluble en auga pero soluble en disolventes orgánicos. Actúa como vesicante da pel.