"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mediametraxe filmada en 1916 polo fotógrafo José Gil, que constitúe a primeira película galega de ficción que se conserva. Foi obxecto de dúas reconstrucións, nas décadas de 1980 e 1990. Con guión de Rafael López de Haro, destaca polas paisaxes pontevedresas e a interpretación dun grupo de actores afeccionados de Pontevedra, entre os que figura Castelao nun breve papel secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento inglés, anteposto ao apelido, que recibe a muller solteira.

    2. Título que se lle dá á gañadora dun concurso de beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Misal Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Misal Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británico. Destacado seguidor do bullionismo, explicou a crise da industria británica a comezos do s XVII a causa da saída de ouro e prata debido a un exceso de importacións. Escribiu Free Trade or the Means to Make Trade Flourish (1622) e The Circle of Commerce or the balance of Trade (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionarios carolinxios delegados polo monarca para vixiar a administración e o cumprimento das leis civís e eclesiásticas. Instituídos por medio dun capitular do 802, xulgaban en última instancia as cuestións xurídicas máis graves e controlaban os impostos e os traballos públicos. Desapareceron a comezos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución eclesiástica francesa encargada da evanxelización das rexións máis descristianizadas. Foi establecida pola xerarquía francesa en Lisieux (1941) e a súa sé foi trasladada a Pontigny (Yonne), onde pasou a depender dun prelado francés (o primeiro foi o cardeal Liénart, bispo de Lille), representado por un vigairo xeral residente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao SO de Toronto (544.382 h [1996]). Suburbio residencial de Toronto que se converteu nun importante centro industrial, con construcións aeronáuticas, motores e turbinas, derivados do petróleo, caucho e aceiro, plásticos e cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran río de América do Norte que recolle e leva cara ao golfo de México as augas das grandes chairas de EE UU, que atravesa de N a S. Nace en Elk Creek, unha das zonas de lagos de Minnesota, a 512 m de altitude, e ten unha lonxitude medida de 6.800 km desde o nacemento do Missouri, o que o converte no cuarto río máis longo do mundo. O seu caudal é o maior de América do Norte. En todo o seu percorrido é un río de chaira cunha pendente moi escasa o que fai que teña ata 1 km de ancho, e en tempo de enchenta inunde extensións extraordinarias. Os afluentes do Mississippi son de dúas clases: os da dereita, do O árido, proveñen da vertente oriental das Montañas Rochosas, de escasas precipitacións e polo tanto de pouco caudal, destaca o Missouri, o White, o Arkansas e o Red; os da esquerda proveñen da rexión dos Grandes Lagos e do sistema montañoso Allegheny, que son zonas ricas en precipitacións, destacando o río Ohio, que domina o seu réxime. Descuberto en 1541 por Hernando de Soto, foi unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, que recibe o seu nome do río Mississippi, o que constitúe o seu límite occidental (123.514 km2; 2.844.658 h [2000]). Limita ao N con Tennessee, ao L con Alabama, ao S co golfo de México e Louisiana e ao O con Arkansas. A súa capital é Jackson. A chaira aluvial do Mississippi esténdese desde o ángulo NO do estado ata Vicksburg. A agricultura ocupa á metade da poboación activa, con cultivos de cereais, forraxe, laranxas e algodón, que está moi mecanizado. A súa industria, máis atrasada, deriva da explotación forestal. É un dos estados menos desenvolvidos de EE UU, a pesar das súas boas condicións para o transporte e da abondosa dispoñibilidade de enerxía. O territorio, habitado polas tribos indias Chickasaw, Choctaw e Natchez, foi explorado por Hernando de Soto (1541), Jolliet e Marquette (1673) e Cavelier de la Salle (1682). Formou parte de Louisiana (1682), vendida pola monarquía hispánica a EE UU (1795) e por mor do desenvolvemento do cultivo algodoeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Época que se corresponde co Carbonífero Inferior e que está comprendida entre o Devónico e o Pennsylvaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Mississippi.

    2. Relativo ou pertencente ao Mississippiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Norte, EE UU, o afluente máis longo do Mississippi con 4.740 km. Nace nas Montañas Rochosas, nas chairas altas do Yellowstone, e está composto por tres ríos, o Jefferson, o Madison e o Gallatin, que sucan profundamente o país; xa reunidos, saltan nas Great Falls para abandonar as terras altas e rochosas e atravesar a maior parte da chaira do oeste-central norteamericano ata Saint Louis, onde libera o seu caudal. Entre os seus afluentes destacan o Yellowstone, o Bighorn, o Platte e o Kansas. Preto do Mississippi as precipitacións son abundantes en inverno, pero non chegan a notarse no rexime do río. A conca do Missouri é esencialmente rural, agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da rexión Central NO de EE UU, que limita ao N con Iowa, ao S con Arkansas, ao O con Oklahoma, Kansas e Nebraska e ao L con Illinois e Kentucky (180.516 km2; 5.595.211 h [2000]). A súa capital é Jefferson City. O curso inferior do Missouri, que atravesa o seu territorio de O a L ata chegar ao Mississippi, separa unha rexión N, alterada polos vales dos afluentes do Missouri e dominada por pradarías; e unha rexión S, de montes. Son importantes os seus recursos mineiros. A industria, con produción de material de transporte, automóbiles, industria alimentaria, refinarías de petróleo, petroquímica e maquinaria agrícola, é a primeira actividade económica do estado e atópase concentrada arredor das cidades de Kansas City e Saint Louis. Explorado o seu territorio por Jolliet e Marquette (1673), formou parte de Louisiana (1682) e logo pasou a EE UU (1803). Foi admitido como estado escravista da Unión (1822). A pesar da decisión de permanecer integrado á Unión (1861),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Canadá, situado na banda meridional da península do Labrador. Desauga na baía James a través do río Rupert (2.185 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de   Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa italiana. Coñecida como Tina Modotti, comezou a súa carreira con Edward H. Weston (1921). Viaxou a México (1922), onde coñeceu a Diego Rivera, José Clemente Orozco e David A. Siqueiros. Colaborou na revista Mexican Folkways e integrouse no Partido Comunista Mexicano (1927). Expulsada de México (1930), viaxou por Rusia e Alemaña, onde se relacionou coa Bauhaus de Berlín, e participou na Guerra Civil Española. A súa obra difundiuse a través da exposición itinerante Women of Photography (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moissac, Gascoña. Está situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago e a abadía data dos ss XII e XIII, da que destaca o claustro (1100). Na igrexa ten importancia a porta meridional, cun monumental relevo da Visión da Apocalipse (1130) de influencia mozárabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO