"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Termo xeral utilizado para designar diversas enfermidades cutáneas caracterizadas pola presenza de pápulas e polo intenso prurito que producen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é da natureza da prurixe.

    2. Que causa prurixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Orissā, India, situada no golfo de Bengala (124.835 h [1991]). É un dos centros de peregrinaxe máis importantes do país. Destaca o templo, do s XII e restaurado e completado en 1532, dedicado a Krixna, que se venera como Jagannath (Señor do Universo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. purínico.

    2. Substancia de carácter básico, derivada da pirimidina, que forma parte dos ácidos nucleicos. As pirimidinas biosintetízanse a partir da purina, que está formada por dous aneis, un pentagonal e outro hexagonal. Forman parte dos ácidos nucleicos ARN e ADN dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de puro.

    2. Aquilo que non se pode saber ou que se mantén oculto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de purificar ou purificarse.

      1. Conxunto de accións, ritos e cerimonias que establecen ou restablecen unha persoa ou un grupo social na condición física, cultural e espiritual que un determina de acordo coas tradicións relixiosas, válidas nun ámbito socio-cultural concreto. Ademais do pecado, hai numerosas impurezas que necesitan estes ritos. Como medio de purificación, á parte dos diversos ritos expiatorios, hai que considerar o lume. A proba e a purificación do home no xuízo final producirase, segundo san Paulo, a través do lume, mentres que Xoán Bautista fala do bautismo de lume que leva Xesús ao mundo. A auga é un dos medios de purificación máis importantes en todas as culturas, e o baño un dos ritos máis correntes, así como o seu substituto, a aspersión.

      2. Acto de limpar co purificador, na liturxia romana, algúns obxectos que estiveron en contacto co sagrado, como o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.

      3. purificación de María

        Rito realizado pola Virxe María corenta días despois do parto, tal e como prescribía a lei mosaica. A súa festa celébrase o 2 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín purificatĭōnem, de purifico ‘purificar, expiar’, formado de purus ‘puro, limpo’ e facio ‘facer’. Presenta a variante Pura e os hipocorísticos Puriña, Puri e Purfica. Nas crónicas, como nome feminino, refírese á festa católica da Purificación de María. A festa xa se celebraba no s IV en Xerusalén, segundo conta Exeria. No s VI era festa importante no santuario da Blancherna en Constantinopla. En Occidente difundiuse desde o s VII para substituír unhas festas pagás en honor de Plutón. O uso das candeas naceu na procesión que en Xerusalén instituíu Ikelia, pero que non aparece en Occidente ata o s X. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que purifica.

    2. Pano de liño que na misa serve para limpar os vasos sagrados despois das ablucións.

    3. Lenzo que emprega o sacerdote para limpar os dedos.

    4. Aparato que serven para depurar ou purificar, lavar ou filtrar, especialmente algún fluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que purifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer puro ou máis puro algo ou a alguén.

      1. Realizar determinados actos rituais para facer a unha persoa ou cousa digna de entrar en contacto co sagrado.

      2. Limpar co purificador o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.

      3. Cumprir certos ritos de purificación.

    2. Extraer dunha parte ou dun líquido do corpo as cousas que lle son estrañas, para deixalos en estado de pureza.

    3. Facerse máis puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa xudía celebrada o 14 e 15 do adar (os primeiros días de marzo), en conmemoración da data en que se salvaron da matanza decretada por Hamán, nunha data elixida a sorteo por el mesmo, en tempos do Rei Asuero. O día anterior á festa faise xaxún. Durante a celebración lese o libro de Ester onde se relatan os feitos, cómense doces, realízanse representacións de relatos bíblicos, os nenos disfrázanse e intercámbianse regalos, que se envían aos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido que escoa do esterco.

    2. Líquido que sae das cortes formado por auga, ouriños e excrementos dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto heterocíclico que está formado por dous aneis, un hexagonal e un pentagonal, do que derivan as bases púricas que forman parte dos ácidos nucleicos.

    2. Substancia de orixe natural que deriva do composto da purina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á purina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión empregada para indicar a festa (8 de decembro) da Virxe María no misterio da súa Inmaculada Concepción. A súa iconografía amósaa como unha moza vestida cunha túnica branca e un manto azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de purista.

    2. Movemento pictórico francés que se desenvolveu entre 1918 e 1925, que rexeitaba a abstración cubista. Promovido por A. Ozenfant e Le Corbusier, sobre o que teorizaron nas revistas L’Élan (1915) e L’Esprit Nouveau (1920-1925), o manifiesto purista publicouse en 1918 co título Après le cubisme. Pretendían desterrar da arte as calidades decorativas e toda fantasía e preciosismo, representando os obxectos na súa simplicidade arquitectónica e preocupándose polas formas primarias, a estética da máquina e o funcionalismo.

    3. Movemento pictórico italiano que se desenvolveu na primeira metade do s XIX e que, derivado do nazarenismo, preconizaba a inspiración relixiosa na arte e a revalorización do Trecento e o Catrocentos italianos. Dos seus membros destacan os pintores A. Bianchini (1803-1884), autor de Del purismo nelle arti (1849), e o historiador da arte P. Selvatico (1803-1880). Supuxo unha renovación da temática, pero non do estilo, que se mantivo dentro do academicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se axusa rigorosamente á pureza ou corrección da linguaxe, evitando voces estranxeiras ou neoloxismos innecesarios.

    2. Que ou quen preserva o propio das influencias foráneas e sen cambios nin innovacións.

      1. Relativo ou pertencente ao purismo.

      2. Seguidor do purismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de puritano.

    2. Movemento político-relixioso, no seo das igrexas reformadas de Inglaterra e de Escocia, nacido no período que vai desde o establecemento de Isabel I de Inglaterra (1559) ata a restauración monárquica de Carlos II de Inglaterra (1660), que pretendía a total purificación das reformas romanas e a implantación do pensamento calvinista. A expresión máis típica é o Pilgrim’s Progress de John Bunyan e o Paradise Lost de John Milton. O puritanismo comporta, como estrutura eclesiástica, o presbiterianismo fronte ao episcopalismo, e a presenza do consistorio, formado prevalentemente por laicos, nas parroquias. Iso levounos a defender o parlamentarismo fronte a Xaime I de Inglaterra. O rexeitamento orixinou un puritanismo político, que sostivo a causa de Tomas Cromwell. En 1620 os pioneiros do Mayflower fundaron a colonia de Plymouth, que foi o reduto puritano de EE UU. Influíu no nacemento dos baptistas e dos cuáqueros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cumpre con rigor as normas e principios morais.

      1. Relativo ou pertencente ao puritanismo e aos puritanos.

      2. Membro ou seguidor do puritanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á púrpura.

    2. Composto bicíclico, pouco estable, que se obtén por tratamento con amoníaco da aloxantina e acidificación do enol amónico de alí obtida.

    VER O DETALLE DO TERMO