"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘querer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cara fea.

    2. Xesto que deforma a expresión da cara, especialmente os que se fan para mofarse dunha persoa.

      1. Obxecto que cobre a cara dunha persoa para non ser recoñecida.

      2. carantoña de arame

        Careta que ten os arames moi xuntos empregada para protexer a cara das picaduras das abellas cando se castra unha colmea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que presenta como armas escudo cortado: en campo de goles, brochante sobre o todo un carballo de sinople e, saínte da súa copa, brazo armado empuñando unha espada de prata coa gornición de ouro. Entre outros brasóns recollidos para esta caste, cómpre salientar: en campo de goles, cinco cabezas de reis mouros ao natural, postas en aspa; en campo de ouro, tres cabezas ao natural, coroadas de prata e mal ordenadas; en campo de ouro, tres cabezas coroadas e mal ordenadas e tres mans dereitas apalmadas e ben ordenadas, alternando coas cabezas, todo da súa cor natural; en campo de goles, cinco brazos armados, empuñando cadanseu puñal de sable, dous moventes do flanco destro e tres do flanco sinistro; outros, en campo de goles, tres brazos armados ao natural, empuñando cadansúa espada de prata coa punta cara a arriba e postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de química inorgánica da Universidad de Madrid. Exerceu como redactor xefe da revista Motor Mundial e redactor de El Español, amais de dirixir El Comercial dende 1954, onde publicou numerosos artigos xornalísticos co pseudónimo de Till. Editou, entre outros, os libros: El siglo futuro (1954), Memorias del peregrino Till (1965), Viaje a tierras de Finisterre en el año del cometa Kohoutek (1974) e Introdución a Orlando Pelayo (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Despois de opositar en Salamanca (1733), ingresou no Colegio de Pasantes de Alba de Tormes. En 1736 gañou o lectorado de artes no convento de Tui. Na Universidad de Salamanca rexentou a cátedra de Teoloxía, pero acabou por renunciar a ela. Publicou en 1747 Oración fúnebre en las exequias que la Universidad de Salamanca celebró en su Real Capilla de San Jerónimo (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caránxidos.

    2. Peixe da familia dos caránxidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo que pode ser dende alongado e fusiforme ata alto e fortemente comprimido; o pedúnculo caudal pode ser fino ou lixeiramente alto, cunha ou varias quillas laterais. A cabeza varía dende moderadamente longa e arredondada a curta, alta e moi comprimida; os ollos poden ser pequenos ou grandes, en ocasións cunha pálpebra adiposa moi desenvolvida; a boca presenta normalmente dentes, pequenos ou diminutos, en ringleiras ou bandas, presentes tamén no ceo da boca e na lingua; as aberturas branquiais son grandes. Son peixes peláxicos, moi bos nadadores, que presentan movementos máis ou menos migratorios. Xeralmente gregarios, a maior parte das especies forman cardumes, especialmente aquelas máis pequenas (caso do xurelo), que poden reunirse en bancos densos de dimensións considerables, preto do fondo, en profundidades de 100-200 m ou incluso 500 m; de aí a súa importancia pesqueira. A maioría aparecen en augas superficiais tropicais; algunhas especies...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia, baixo a advocación de santa María, do antigo concello de Serantes, integrado dende o 23 de xaneiro de 1940 no concello de Ferrol. Dende aquela perdeu o carácter de parroquia a efectos estatísticos e integrouse no núcleo urbano da cidade departamental, da que constitúe un dos barrios residenciais máis populosos. Mantén, sen embargo, o carácter parroquial no ámbito eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación educativa editada pola Comunidade Cristiá de Santa María e Pío X, da poboación de Caranza. A revista contén artigos en galego e en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Traballou no campo do cálculo de variacións, na teoría de funcións de variable complexa, en óptica xeométrica (construíu aparellos de proxección), en mecánica e en termodinámica para a que formulou o principio de Carathéodory. Foi pioneiro da axiomatización da teoría da medida e da teoría de campos, que considerou relacionada co cálculo diferencial en derivadas parciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de comerciantes, peregrinos ou outros viaxeiros que se reúnen para atravesar o deserto, países perigosos ou lugares de difícil travesía, especialmente de Oriente.

      1. Grupo numeroso de xente, cabaleiros ou coches que van xuntos cara a algún sitio.

      2. Aglomeración de vehículos que circulan nunha estrada a velocidade menor da normal e moi xuntos, feito que impide ou dificulta a fluidez do tráfico.

    2. Expedición guerreira por mar que realizaban os novicios da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou de Malta contra os mouros e contra os piratas; era unha proba necesaria para a súa profesión.

    3. ehículo ou remolque acondicionados para ser habitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guía dunha caravana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Tono Carbajo, estudiou na escola Massana e na facultade de Sant Jordi de Barcelona. En 1983 trasladouse a Madrid, onde traballou no taller de Luis Gordillo no Círculo de Bellas Artes. As súas primeiras propostas, que se achegan a unha figuración matérica e xestual, están realizadas en superficies de formatos irregulares. Posteriormente, creou obras de carácter conceptual, nas que os obxectos forman parte da obra e na que os novos materiais, como a fibra de vidro, non fan esquecer os materiais tradicionais como o lenzo. A súa primeira exposición individual realizouna en 1982 na galería Novecento en Vigo e, desde entón, fixo exposicións individuais nesta cidade, na Coruña, en Santiago de Compostela e en Madrid; participou tamén en mostras colectivas como ARCO’85 ou a VII Bienal de Arte de Pontevedra, entre outras. No ámbito internacional participou en diversas exposicións colectivas: Palazio degli aratisti (Turín), Galleria Fascimile (Roma), Casa de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mariana Fernández Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Química e edafóloga. Doutorouse en Farmacia en 1964 pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o certificado de estudios superiores de edafoloxía na Universidade de Nancy (1967) e o cargo de investigadora asociada no Centre National de la Recherche Scientifique (1970-1971). Foi profesora de bioquímica, termodinámica e mecánica estatística na Universidade de Santiago de Compostela (1959-1966), encargada de edafoloxía (1969) e investigadora do CSIC en 1965. Foi discípula do doutor Guitián Ojea, co que colaborou na elaboración dos mapas de solos de Galicia, e do edafólogo Duchaufour de quen traduciu, entre outras obras, Manual de Edafología, Atlas Ecológico de los Suelos del Mundo e Edafología. 1. Edafogénesis y clasificación. Tamén escribiu sobre a ciencia do solo. Pertenceu á Comisión Internacional para a avaliación científico-técnica do Research Institut of Crop Prodution de Praga-Ruzyne (Checoslovaquia, 1992) e á Comisión Europea para a avaliación do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballeda de Avia. A fachada principal amosa as características propias do barroco: frontón semicircular partido, que acolle unha imaxe orante da Virxe con remate curvo, torre con varios corpos e balaustrada na parte superior, e decoración con bólas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e actriz. Licenciada en Filoloxía Hispánica e especialista en teoría e práctica da interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela. Contacontos profesional, en 1996 incorpourouse ao grupo Berrobambán Teatro, co que iniciou unha programación infantil estable na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Como autora de literatura infantil publicou A percura (1990), Robin a Boa Xente (1994), Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996), Xuvenca e Cochón, estrelas da canción (1998), Mateo (1999), Un porco e unha cabra xa fan zoolóxico (1999) e Olo-iepu-iepu (1999). Recibiu o Premio infantil O Facho polos relatos “Viaxe á morte” (1986), “A fuxida do pintor Luís” (1987) e “A estrela que baixou á Terra” (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO