"América" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 105.

  • América Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América Latina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América Latina.

    3. Arte musical cultivada polos diferentes pobos que forman parte de América Latina. Cómpre ter en conta as aportacións que a constituíron: a música aborixe precolombina, a música dos descubridores e dos colonizadores, o elemento negro da música afrocubana, afroamericana, brasileira, e a achega europea posterior, como a zarzuela e a ópera italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión americana integrada polo territorio comprendido entre o río Sinaloa e as concas do Lerma e Soto de la Marina en México, ata o río Ulúa no Golfo de Honduras e Punta Arenas, en Costa Rica. O termo foi acuñado en 1943 por Paul Kirchhof para designar un contexto cultural, histórico e xeográfico en que se desenvolveron importantes civilizacións precolombinas (olmeca, tolteca, zapoteza, azteca e maia), cunha orixe cultural común que compartía características básicas, como a concepción do Universo e do tempo, as prácticas relixiosas, ou a estratificación social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mesoamérica, ás súas culturas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mesoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal fundado en 1941, e instalado desde 1965 na súa sede actual en Madrid. Os seus fondos están constituídos polas antigas coleccións de arqueoloxía e etnografía americana do Museo Arqueológico Nacional, así como polas doazóns, depósitos e adquisicións de novas obras. A súa temática abarca desde a prehistoria americana ata os primeiros anos do s XXI, aínda que pon especial énfase na arqueoloxía precolombina, a etnografía e a arte colonial. Ademais da exposición permanente, organiza actividades destinadas ao coñecemento e ao entretemento, relacionadas co continente americano, actividades educativas para escolares e cursos especializados para adultos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 2001 con sede en Bos Aires. Proxectado desde 1998 pola fundación Eduardo F. Constantini, concibiuse como unha institución privada sen ánimo de lucro, co obxectivo de coleccionar, preservar, estudar e difundir a arte latinoamericana desde comezos do s XX ata a actualidade. A Colección Constantini esta formada por máis de duascentas obras dos principais artistas latinoamericanos modernos e contemporáneos. Ademais da exposición permanente, organiza exposicións temporais, así como ciclos de cine, obradoiros, debates ou encontros con escritores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a América do Norte ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de América do Norte.

    1. estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo Norteamericano de Libre Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de América Central, fundada en 1951 por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua para promover a unidade e a cooperación dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo fundado en 1948 con sede en Washington para promover a cooperación económica, política e cultural e para garantir a defensa dos seus membros. Agrupa todos os estados americanos agás Cuba, expulsada en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada polos representantes latinoamericanos en La Habana (1966) para formular unha estratexia de loita contra o imperialismo e o neocolonialismo en América Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de aviación fundada en 1927 para dar servizo á liña Florida-Cuba, a primeira internacional de EE UU. A partir de 1945 iniciou a diversificación das súas actividades, dedicándose á hostalaría e aos programas espaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panamericanismo.

    2. Partidario do panamericanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao conxunto formado por América do Norte, América Central e América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estadounidense creada en 1919. Dedicouse desde os primeiros tempos á explotación de cadeas de radiofonía e diversificou despois as súas actividades cara á electrónica, o material de comunicación e a discografía. En 1926 creou a National Broadcasting Company (NBC), dedicada á produción televisiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.

    VER O DETALLE DO TERMO