"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Aragón (2.670 h [1996]). A fertilidade do territorio fai da agricultura unha importante actividade e destacan os cultivos de cereais, esparto, legumes e froitas. Tamén é importante a gandería, especialmente a cría de gando vacún e lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica practicada sobre a porción terminal do esófago para restablecer o funcionamento normal do cardia en caso de acalasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial eclesiástica tamén denominada Cartaxinense ou Cartaxinense Espartaria (ss VII-VIII), baseada na provincia romana civil correspondente. Toledo era a súa metrópole. Desapareceu definitivamente durante a época islámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastião José de Carvalho e Melo.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Impartiu clase no seminario de Montefiascone. Da súa produción destacan as obras: Poema tartaro (1787), Novelle galanti (Contos galantes, 1793) e Gli animali parlanti (Os animais falantes, 1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é castizo.
-
-
-
Calidade de casto.
-
Comportamento casto, principalmente o que atinxe á abstinencia absoluta dos praceres sexuais.
-
voto de castidade
voto de castidade.
-
-
irtude que ordena a conduta sexual. No matrimonio comporta a configuración da sexualidade segundo unha integración plena e persoal do suxeito ao redor do outro cónxuxe. Fóra do matrimonio, significa a renuncia consciente ao acto sexual e a aqueles actos relacionados coa sexualidade. As diversas relixións e culturas tiveron diversas valoracións e prácticas deste hábito moral que foi xa no mundo antigo un valor social e relixioso. Foi no cristianismo onde cristalizou con forza e chegou a ser obxecto de voto por motivos relixiosos. Téndese a comprendela dentro dunha dinámica de relación intersubxectiva e como unha expresión da necesidade de non reducir o corpo a simple obxecto e a sexualidade a unha cuestión individual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode castigar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de castigar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen castiga.
-
-
Impoñerlle un castigo a alguén porque anteriormente cometeu unha falta ou un delito.
-
Corrixir a alguén dunha maneira rigorosa para que non volva cometer o mesmo acto.
-
Mortificar fisicamente o corpo ou unha parte del.
-
Estimular as cabalerías para que corran máis dándolle cun látego ou cunhas esporas.
-
Danar algunha cousa un fenómeno natural.
-
Diminuír algo a causa dos gastos que sufriu.
-
Corrixir ou enmendar un escrito.
-
Realizar unha extracción excesiva dun recurso natural renovable de xeito que se poña en perigo o seu sostemento.
-
Atormentarse unha persoa psiquicamente ao se sentir culpable dalgún suceso desagradable pasado.
-
-
FAMILIAS
Familia de pintores. Giovanni Benedetto Castiglione (Xénova 1610? - Mantua 1665), pintor, debuxante e gravador coñecido como Il Grechetto, precedeu á estética do rococó. Nomeado pintor de cámara do duque de Mantua (1648), realizou, entre outras obras, A viaxe de Abraham, Sacrificio a Pan e Dióxenes buscando o home. O seu fillo, Francesco Castiglione (Xénova? - 1716) imitou o seu estilo e sucedeuno como pintor do duque de Mantua. O seu irmán Salvatore Castiglione (Xénova s XVII) pintou obras de temática pastoril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre-François-Charles Augereau.
-
-
Acción e efecto de castigar.
-
-
Pena provocada conscientemente co fin de corrixir un comportamento considerado desaxustado e afastado do que se considera normativo.
-
Escarmento que se lle fai a alguén para que non volva cometer o mesmo acto e lle sirva de exemplo.
-
Corrección moral para quen non sabe ou non quere comportarse segundo as normas morais e de convivencia social. Ten, ademais, unha función social ao impoñerlle unha pena -normalizada legalmente- a quen alterou ou actuou contra aquela. A primeira condición do castigo pasa pola xustiza e eficacia do mesmo e, polo tanto, pode ocorrer que o alumno sancionado se afaste do educador por consideralo inxusto. Esta consideración resulta habitual ao estar o castigo intimamente vinculado á imaxe de agresión física, aspecto este que na cultura anglosaxona, por exemplo, chegou a estar regulamentado e mesmo integrado no sistema educativo como un elemento máis do currículo, sobre todo na rede dos tradicionais colexios privados ingleses. J. J. Rousseau foi quen comezou a reflexión crítica sobre os castigos. Segundo as súas propostas deberían substituírse os castigos arbitrarios por castigos naturais, derivados da natureza das cousas, e opoñerse frontalmente aos castigos físicos. Ao longo do s XX foron aparecendo...
-
-
Persoa ou cousa que causa algún tipo de sufrimento ou molestia.
-
Emenda ou corrección que se fai nun escrito.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Guadiana que forma no seu termo o encoro de García Sola (1.403 h [1996]). A economía baséase na agricultura e na gandería, especialmente a lanar e caprina. Son importantes os bosques de aciñeiras e piñeiros. O 31 de decembro de 1931 tivo lugar neste municipio o levantamento de Castilblanco no que un grupo de campesiños asasinou os catro gardas civís do cuartel.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, localizado nos contrafortes de Sierra Morena e drenado polos ríos Viar e Rivera de Cala (4.457 h [1996]). A agricultura de secaño, especialmente as oliveiras e os cereais, así como a gandería porcina e ovina, son as principais actividades económicas. O sector industrial potenciouse coa creación dunha unidade básica de información empresarial. Entre os seus monumentos destacan a igrexa de El Divino Salvador dos ss XVI e XVII e o santuario de San Benito, patrón de Castilblanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de arquitectos portugueses. João de Castilho (Santander 1490 - Tomar 1553?), traballou dende 1517 en Portugal, onde foi un dos introdutores das novas formas renacentistas e un dos arquitectos máis destacados do estilo manuelino. Ocupouse da dirección das obras do mosteiro dos Jerónimos, entre elas a construción do clautro, e traballou no convento de Cristo en Tomar e nos mosteiros de Alcobaça e de Batalha. O seu irmán, Diogo de Castilho (Santander? - Coimbra 1574?) traballou na sé de Viseu, no mosteiro dos Jerónimos, na igrexa de Nosa Senhora do Pilar (Gaia) e realizou a ventá da sala capitular do convento de Cristo en Tomar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador na prensa da época, dirixiu a Revista Universal Lisbonense e foi redactor de O Agricultor Micaelense. Introduciu o romanticismo no seu país, aínda que a súa obra presenta tamén trazos neoclásicos. Contra este anacronismo reaccionaron os poetas novos de Coimbra e promoveron unha polémica, a Questão Coimbrã, que contribuíu á afirmación do romanticismo proudhoniano e inconformista. Da súa produción destacan as obras: Amor e melancolia (1828), Quadros históricos de Portugal (1839), Escavações poéticas (1844), Crónica certa e muito verdadeira da Maria da Fonte (1846) e Outono (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Gobernador xeral de Moçambique (1885-1889), capitaneou unha división naval en Rio de Janeiro durante a sublevación contra o mariscal Peixoto. Foi nomeado ministro da Mariña e de Ultramar, e, coa chegada da República, abandonou o cargo. Entre as súas publicacións destacan: O Zambeze (1880) e O Transvaal e o dominio inglés (1881).
VER O DETALLE DO TERMO