"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • ILLAS

    Grupo de atois do océano Índico, uns 350 km ao NO de Madagascar, que constitúe unha dependencia das Seicheles. Os cocos e a exportación de copra son a súa principal fonte de riqueza. Na súa fauna destacan as tartarugas terrestres xigantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e diplomouse na École de Hautes Études en Sciences Sociales de París. Investigou sobre temas relacionados con Galicia. En 1979 editouse un volume da súa autoría titulado Os labregos na prensa galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintura romana ao fresco que representa un aspecto da cerimonia dunhas vodas e figuras mitolóxicas simbólicas. Descuberta en Roma no 1605, é un exemplar típico da pintura romana de influencia helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre orixinaria da Toscana. No s Xll establécese en Florencia e lígase ao Partido Güelfo. A partir do s XVl instalouse en Roma. A ela pertence o Papa Clemente VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido groso de superficie xeralmente aveludada, con diversidade de debuxos e cores, feita con fíos de la ou coa mestura desta e mais fibras sintéticas, que ten por base un tecido forte de cánabo, iute ou algodón. Empréganse para recubrir o chan dos cuartos, os banzos das escaleiras, para resgardar do frío e como ornamentación. A arte de fabricar alfombras provén do Oriente, onde se coñece dende a máis remota antigüidade. Segundo a súa orixe, teñen debuxos xeométricos (tribos nómadas de Asia central), debuxos de figuras (de influencia chinesa) e motivos florais (de orixe persa). As alfombras poden ser fabricadas manualmente, en bastidores ou teares, ou mecanicamente.

    2. Feixe de cousas que cobren o chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de alfombrar.

    2. Relativo ao espazo ou estancia que está cuberto ou adornado con alfombras.

    3. Espacio cuberto de alfombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir o espazo dun dormitorio, dun salón ou de calquera estancia con alfombras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 24 de agosto de 1983 por Xosé Filgueira Valverde, Manuel Fraga, Felipe Fernández Armesto, Luís Moure Mariño, Manuel Chamoso Lamas e Manuel Varela Rey, entre outros. Foron os seus presidentes, Filgueira Valverde (1983-1985), Carlos Otero Díaz (1985-1990) e Francisco Puy Muñoz (1990). Entre as súas finalidades destacan a promoción e desenvolvemento de estudios e investigacións sobre temas sociais, especialmente, aqueles que teñen relación con Galicia e que se publican en diferentes coleccións. Estas coleccións divídense en Administración, Antropoloxía, Arte, Ciencia, Comunicación, Dereito, Economía, Educación, Europa, Historia, Igrexa, Informática e Letras, entre outras. Amais diso, organizan cursos de verán, encontros, xuntanzas e conferencias con fins didácticos. Para a súa realización colaboran con entidades de aforro e coas distintas administracións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto monumental situado a carón de Granada, pero independente da cidade, á cal dominaba. Foi levantada polos reis nazarís para a súa residencia. Case todo o que se conserva corresponde aos reinados de Yūsūf I (1333-1353) e Mu ḥ ammad V (1353-1391). Abrangue tres partes: a fortaleza militar, o palacio e a poboación. O sector de máis interese corresponde ao palacio, constituído por tres partes independentes: a do Mexuar, a de Comadres e a dos Leóns. O Patio de Comadres responde ao modelo clásico Al-Andalus, e o Patio dos Leóns, que combina o xardín, a auga e a arquitectura, acadando mestría no aproveitamento de materiais pobres en estruturas sinxelas. Azulexos cerámicos, xeserías policromadas e outros adornos, son o maior encanto do Salón dos Embaixadores, das salas de Abencerraigos e das Torres da Cativa. Despois da conquista cristiá, a Alhambra foi modificada para incluír o gran palacio de Carlos I, obra sobranceira do renacemento hispánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. Foi un dos principais representantes das vangardas en Portugal. Estivo en contacto co grupo Orpheus. Escribiu algúns dos máis irreverentes manifestos futuristas e outros, conferencias e varios textos doutrinais: Manifesto Anti-Dantas (1915), A Cena de Ódio (1923), Direcção Única (1933), Elogio da Ingenuidade (1938), entre outros. Mantivo contactos con Sonia Delaunay e cos ballets rusos. Formou unha compañía de ballet e traballou en París como bailarín (1919). Fixo decoracións murais en Madrid e en Lisboa. Publicou A Engomadeira (1917), A Invenção do Dia Claro (1921) e Nome de Guerra (1938), así como obras de teatro, Antes de começar (1919), Deseja-se mulher (1928) e Pierrot e Arlequim (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politólogo norteamericano. Ensinou ciencias políticas nas universidades de Yale, Princeton e Stanford. Da súa produción, destacan os seus ensaios The American People and Foreign Policy (O pobo americano e a política exterior, 1950) e Political Development (Desenvolvemento político, 1970), nos que adopta unha análise estrutural funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘quen pega, quen castiga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘castigar, pegar, maltratar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Álvares Cabral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Despois de traballar como copista e no departamento do Tesouro de México, comeza a estudar pintura e música na Academia Nacional de Belas Artes de Cidade de México. Engordiño foi interesándose pola fotografía e pola arte indíxena mexicana. Ensinou fotografía na Escola Central de Artes Plásticas, no Instituto Cinematográfico Mexicano e no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos. Traballou como cámara nos filmes Que viva México! (1930-1931) e Tehuantepec (1934). En 1931 recibiu o seu primeiro premio de fotografía. Ao ano seguinte expuxo individualmente na Galería Posada de México. Fundou o Fondo Editorial da Plástica Mexicana en 1959. En 1974 recibiu os premios Sourasky e o Nacional das Artes do Goberno de México. As súas exposicións percorreron medio mundo (México, Chicago, Nova York, Boston, Caracas, Francia, Milán, Londres, etc). Publicou os libros Manuel Álvarez Bravo (México, 1935), La pintura mural de la Revolución Mexicana (México,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveiro e bibliotecario en Madrid. Afeccionado ao debuxo, foi tamén un escritor prolífico. Publicou artigos históricos e literarios en xornais e revistas como La Suerte, El Buscapié, Galicia, La Ilustración Nacional, La Ilustración Cantábrica, Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, La Gaceta Popular, etc. Publicou os estudios Gramática y vocabulario del dialecto gallego (1863), Catálogo de la Biblioteca Provincial de León, Siglas y abreviaturas latinas con su significado y un catálogo de las que se usaban en los documentos pontificios, premiado en la Exposición Literaria y Artística de Madrid en 1885; os apuntamentos de viaxes Guía del viajero en Santiago (1876, 1885), Galicia, León y Asturias (1894); as novelas históricas Roland (premiada nun certame internacional en Tolosa) e Don Gutierre, folletín publicado en El Porvenir, de León entre 1895 e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte das matemáticas que estudia as estruturas alxebraicas dos conxuntos. A álxebra moderna é o resultado de dúas inclinacións diferentes. Dunha parte, a álxebra clásica, simple instrumento para facer cálculo e resolver ecuacións. Doutra, o uso de notacións simbólicas (letras para designar incógnitas) e de conceptos operativos (o cero, os números negativos, os números imaxinarios), así como o manexo de demostracións formais. Aplícase, polo tanto, nas situacións onde existe un conxunto ben definido e unha noción clara de operación entre os seus elementos (operación interna) ou entre estes e os elementos doutros conxuntos (operación externa). O concepto fundamental da álxebra é o de estrutura alxebraica. Así, dado un conxunto C onde existe definida unha operación (+) entre os seus elementos (a, b, c, etc), é posible que se verifiquen as seguintes propiedades: 1) conmutativa: a+b = b+a; 2) asociativa: (a+b)+c = a+(b+c);...

    2. Desenvolvida por George Boole no ano 1850, aplicación dos métodos da álxebra á teoría dos conxuntos e á lóxica como consecuencia de intentar obter os resultados destas como simples inferencias da súa estrutura alxebraica abstracta, unha álxebra de Boole, da que recibe o nome por extensión. Unha álxebra de Boole consta dun conxunto ben definido, dotado de dúas operacións internas e dunha aplicación de complementariedade (A,=,>,I), que verifica certas propiedades. No marco da lóxica de enunciados, o conxunto formado polas clases de enunciados loxicamente equivalentes dotados dos conectores = (‘e’), > (‘ou’) e I (‘non’) ten tamén esta estrutura e recibe o nome de álxebra de Lindenbaum-Tarski. Tense aplicado a álxebra de Boole en teoría de probabilidades e no deseño dos circuítos eléctricos en que se basean as unidades lóxicas dos ordenadores ( lóxica electrónica).

    3. Nome dado ao cálculo de clases, a causa do uso de símbolos literais.

    4. Estrutura composta (A, +, x, ·) onde (A, +, x) é una anel, (A, +, ·) é un módulo sobre un anel conmutativo con unidade K e verifícase que, se λ ∈ K e a, b ∈ A, λ(ab)= a(λb)= (λa)b. A álxebra é lineal se (A, +, ·) é un espazo vectorial.

    5. Teoría alxebraica que se ocupa das operacións entre matrices.

    6. Manipulación de símbolos matemáticos e non soamente dos seus valores númericos. Aplicado na informática, simplifican o proceso de deducir e manipular as fórmulas matemáticas.

    7. Toda ecuación polinómica de grao n > 0 con coeficientes complexos que ten polo menos unha raíz complexa. Como consecuencia, todo polinomio de grao n > 0 con coeficientes complexos pode descomporse nun produto de n factores lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Grecia Central na costa do mar Xónico, onde desemboca o río Arakhthós. Comunica co mar por medio dun canal duns 2 km de anchura coa localidade de Préveza na saída. Na costa S están os pequenos portos de Vónitsa e Amfilokhía.

    VER O DETALLE DO TERMO