"CY" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 139.

  • Xénero de fungos, de cogomelos de sombreiro plano ou convexo, que presentan un pé cun anel a xeito de cortina e láminas na madureza de cor amarela ou alaranxada. En Galicia están presentes as especies D. anthracina, D. aureifolia, D. cinnabarina, D. cinnamomea, D. cinnamomeobadia, D. cinnamomeolutea, D. crocea, D. croceifolia, D. malicoria, D. sanguinea, D. semisanguinea e D. uliginosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de cómic creado polo debuxante norteamericano Chester Gould. Apareceu por vez primeira no New York Daily News en outubro de 1931. Trátase dun policía que, na época de máis actividade do gangsterismo, emprega todo tipo de estrataxemas ilegais para acabar cos seus rivais. Trala retirada do seu creador en 1977, o novelista Max Allan Collins e os debuxantes Dick Fletcher e Dick Lochercontinuaron coa produción da serie. En 1994 foi levado ás pantallas cinematográficas da man de Warren Beatty, Al Pacino, Dustin Hoffman e Madonna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos fósiles da suborde dos dicinodontos, de ata 1,2 m de lonxitude, coa cabeza grosa, o corpo curto, e un par de caveiros longos e saíntes na mandíbula superior. Vivía baixo terra alimentábase de raíces e bulbos. Propios de finais do Pérmico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Seine-Saint-Denis, île-de-France, Francia, situada ao NL da área urbana de París. É un importante núcleo industrial, no que destacan a construción de avións, as destilerías e as artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de literatura infantil e ensaio, en moitas das súas obras describe a moderna cidade africana e a disolución dos vínculos e códigos rurais tradicionais dos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada baixo a dirección de Denis Diderot entre 1751 e 1780, en 35 vols, dos que 17 son de texto e 11 de láminas (1751-1772), 5 de suplementos (1776-1777) e 2 de índices analíticos (1780). O seu título completo é Encyclopédie ou Ditionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, aínda que tamén se coñece co nome abreviado de Encyclopédie (ou Enciclopedia

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional europea que aglutina a investigación espacial no continente, con sede en París. Creouse en 1975 a partir da fusión da European Launcher Development Organization (ELDO) e da European Space Research Organization (ESRO). Ten como misión promover a investigación e a tecnoloxía espacial con propósitos exclusivamente pacíficos. Está integrada por trece estados: Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia e Suíza. Finlandia é un membro asociado e Canadá asinou un acordo de cooperación. A ESA realiza os seus programas mediante o foguete Ariane. Iniciou o programa da estación espacial Spacelab e programou misións interplanetarias, como a da sonda Giotto lanzada ao encontro do cometa Halley en 1986. En 1991 creou o consorcio Spacelink.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e antropólogo galés. Doutorado en Arqueoloxía Prehistórica no University College de Londres (1928), foi profesor de xeografía e antropoloxía na University of Aberystwyth e director do International African Institute de Londres. Seguidor das teorías de Gordon Childe, centrou os seus estudios no fenómeno megalítico europeo e na aplicación da etnografía no estudo da prehistoria africana. Entre as súas obras destacan Habitat, Economy and Society: a geographical introdution to ethnology (Hábitat, economía e sociedade: introdución xeográfica á etnoloxía, 1934), African worlds: studies in the cosmological ideas and social values of African peoples (Mundos africanos: estudios das ideas cosmolóxicas e os valores sociais dos pobos africanos, 1954), e Essays on the ritual of social relations (Ensaios do ritual das relacións sociais,1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de príncipes rusos de orixe lituana. Descenden de Guedimín I de Lituania (1316-1341) e entre os seus membros destacaron Vasili Vasiliejvi č (1643-1714), conselleiro do Tsar Fiodor III e un dos artífices da Paz Perpetua con Polonia (1686); Mikhail Mikhajlovi č (1674-1730), conquistador e gobernador de Finlandia (1714-1721); Dimitri Alexejvi č (1738-1803), ilustrado e autor de Descrición de Taúrida (1888); e Boris Borisovi č (1862-1916), físico e director do observatorio de San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación gratuíta editada na Coruña a partir de 1906. Subtitulouse “Revista mensual ilustrada” e o seu propietario e editor foi F. García Ybarra. Serviu como promoción dos obradoiros tipográficos do mesmo nome e tivo unha tiraxe media de 3.000 exemplares. Incluíu crónicas, novas da cidade da Coruña e de poboacións da provincia, poesías e referencias a intelectuais galegos. Destaca pola calidade dos seus fotogravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ácaros, da familia dos tiroglífidos, que se caracterizan por presentar un tegumento liso ou rugoso e o último par de patas máis longo ca o resto. Normalmente viven sobre a materia orgánica seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, marqués de Gouvion-Saint-Cyr. Loitou na Revolución Francesa e, posteriormente, integrouse no exército do Rin, onde ascendeu a capitán (1792). Nomeado xeneral en xefe do exército de Roma (1797), participou coas forzas napoleónicas nas campañas de Italia, España e Rusia, onde foi nomeado mariscal (1812). Ministro de Guerra de Luís XVIII (1817-1819), deixou o cargo trala morte do duque de Berry pola oposición dos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Discípulo de F. Busoni, destacou como intérprete de música contemporánea. Da súa produción destacan as pezas Molly on the Shore (1921) e Händel in the Strand (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Traballou no campo da cinética das reaccións químicas. Son relevantes os seus estudios da cinética química dalgúns enzimas bacterianos. En 1956 compartiu con Sem’onov o Premio Nobel de Química polas súas achegas á cinética química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das higroforáceas, que presenta láminas grosas, basidios longos sen veo parcial e con esporada branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das solanáceas, de follas simples e alternas, flores infundibuliformes quinquelobuladas e froito en cápsula que se inclúe no cáliz acrescente. Son plantas oficinais que medran en terrapléns ou preto de muros. A especie H. albus atópase fundamentalmente na rexión mediterránea e H. niger medra en case toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das cortinariáceas, clase basidiomicetos. Son de cores pardas, máis ou menos escuras, e escamosas, e resulta difícil diferencialos. En Galicia son comúns as especies I. heimii (propio de piñeirais e dunas), I. geophylla e I. calamistrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deligth Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Dubiecko, Galitsia 1735 - Berlín 1801) Poeta polaco. Bispo de Varnia (1766), foi un dos autores satíricos máis interesantes e o poeta máis destacado da Ilustración en Polonia. Ademais de traducir a Plutarco e escribir tratados de poesía, publicou Bajki (Fábulas, 1779) e Stayry (Sátiras, 1779).

    VER O DETALLE DO TERMO