"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
PERSOEIRO
Arqueóloga. Doutora en Xeografía e Historia, investigou os inicios da metalurxia en Galicia. Escribiu en colaboración El tesoro desencantado (1998) e publicou Los inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica (1998). Membro da Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1985 no ámbito do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, dependente do ministerio de Cultura e con sede en Madrid. Ideouse co obxectivo de manter a vixencia e a actualidade da literatura dramática clásica castelá. Adolfo Marsillach dirixiuna ata 1989, ano no que asumiu a dirección Rafael Pérez Sierra, quen ocupou o cargo ata 1992. Posteriormente, Marsillach volveu ocuparse da dirección ata 1996, función que logo pasou a exercer José Luís Alonso de Santos. Calderón de la Barca, Lope de Vega, Ruíz de Alarcón, Miguel de Cervantes, Tirso de Molina, Fernando de Rojas ou Agustín Moreto son algúns dos autores máis recorrentes nas realizacións escénicas da compañía, desde a que tamén se desenvolveron diversas actividades de promoción e divulgación dos clásicos, como o Festival de Teatro Clásico de Almagro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame de textos teatrais que durou tres anos (1964-1966), convocado pola asociación cultural compostelá O Galo. En 1964 recibiu este galardón a obra de Ángel de la Peña Cando morren os faroles; A revolta, de Jenaro Marinhas del Valle, e Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres foron os seguintes premiados. Para este concurso púxose en marcha a chamada “Campaña do peso”, coa que se recolleron os fondos para o premio económico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cerimonia matrimonial romana de carácter relixioso, practicada dun xeito maioritario polos patricios, pola que o marido adquiría o manus, a autoridade que exercía sobre a súa esposa e que tiña que ver coa transmisión da facenda e da sucesión. Recibiu este nome porque durante o cerimonial se comían tortas de orxo (far, farris).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento teatral promovido por Vsevolod Meyerhold a partir dos seus traballos no Teatro Estudio, obradoiro experimental creado ao abeiro do Teatro de Arte de Moscova, que dirixía Konstantin Stanislavski. Naquel marco de investigación, Meyerhold desenvolveu diversas propostas de traballo para eliminar a ilusión escénica, co que tentaba superar a estética naturalista e establecer unha nova relación entre o actor e o seu personaxe, entre o elenco e os espectadores. En anos sucesivos, Meyerhold foi formulando novas teorías no terreo da posta en escena, da interpretación e da recepción; destaca o papel do espectador como un creador máis, pois entendía que como receptor tiña que utilizar a súa imaxinación para dar pleno sentido ás suxestións e propostas do espectáculo teatral. O director de escena ruso partía igualmente do principio de que a creación teatral non ten como obxectivo mostrar unha ilusión, senón construír un mundo dramático que actores e espectadores saben fiticio, feito que permite...
-
-
Substancia relativamente pouco soluble en auga e insoluble no éter, que aparece no tecido muscular. En combinación co ácido ortofosfórico orixina o fosfáxeno ou fosfocreatina, que intervén na cesión de enerxía para a contracción muscular. Sintetízase no fígado e nos riles, e en solución acuosa dá lugar á creatinina.
-
Sal que forma a fosfocreatina con ións metálicos.
-
Enzima que cataliza a fosforilación reversible da creatina polo ATP con formación de fosfocreatina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a reacción química que transforma a creatina en urea e metilglicocola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto final do metabolismo da creatina que se localiza no tecido muscular e no sangue. Excrétase polos ouriños nunha cantidade de aproximadamente 15-25 mg por quilogramo de peso, en 24 horas. Sinteticamente, obtense por tratamento da creatina con ácido clorhídrico. Na tecnoloxía alimentaria, a súa cuantificación analítica é útil para determinar a riqueza en extracto da carne dun produto alimenticio.
-
-
Capacidade humana de crear co intelecto ou coa fantasía.
-
Capacidade da competencia de construír e comprender un número infinito de oracións que nunca se oíran ou pronunciaran antes. N. Chomsky considera a linguaxe como un proceso creativo, ao contrario co estruturalismo descritivo. Ademais distingue entre creatividade controlada por regras, que depende da competencia e consiste en producir oracións novas por medio de regras recursivas da gramática; e a creatividade controladora de regras, que inflúe no conxunto de regras existentes, depende da actuación (ou fala) e consiste en variacións individuais que poden modificar o sistema de regras.
-
-
-
-
Que posúe a capacidade de crear.
-
Que estimula a capacidade de crear.
-
-
Que ou quen traballa nunha axencia de publicidade con responsabilidade directa na creación e supervisión da produción de anuncios ou calquera outro material creativo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de carne sen dixerir nos excrementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación producida pola inxestión de carne con toxinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación escollida por Antonin Artaud para designar unha nova forma de entender e practicar a arte teatral, formulada polo escritor francés en dous manifestos que aparecen en 1932 e 1933, e que serán despois incluídos no seu libro máis importante, Le Théâtre et son double (O teatro e o seu dobre, 1938). Malia a denominación escollida, o que Artaud propoñía era unha reteatralización do teatro, de xeito que se puidesen recuperar vellas linguaxes, como o xesto, o movemento, a música ou a danza, desprazadas pola palabra, que predominaba na escena naturalista, dominante naquela altura. Influenciado polo teatro balinés e polas cerimonias e celebracións das comunidades tarahumaras de México, o teatro da crueldade propón unha volta ás orixes e unha recuperación da tradición teatral primitiva, tanto no plano da realización como da comunicación directa co espectador, de forma que o teatro puidese chegar a se converter nunha experiencia vital iniciática e mística onde os seres humanos fixesen...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Áctor e Molíone. Xunto ao seu irmán Éurito, coñécense coma os Moliónidas. Ambos os dous foron asasinados por Heracles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía afeccionada de teatro creada pola Asociación de Mulleres Rurais de Noira e dirixida por Víctor Vez Villar. Conta cunha sección infantil e con outra de adultos, nas que se producen espectáculos cunha decidida dimensión popular a partir de textos de Eduardo Blanco Amor, Nicolás Bella, José Luís Alonso de Santos ou os irmáns Serafín e Joaquín Álvarez Quintero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía fundada na Coruña en 1983 por Carlos Clemente Martínez Gallego como Escola de Expresión Rítmica e Dramática. Algúns dos seus primeiros espectáculos foron A máis forte (1985), de Strindberg, e Sobre o tabaco (1985), de Čekhov. No ano 1989 representaron a súa primeira peza de monicreques, Peluquillas Mangariñas II, de Marcelino de Santiago, Kukas, e a partir dese momento realizaron tamén diversas adaptacións de contos, como A Casiña de Chocolate e O pequeno Frankenstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Val da Morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou sinal parecido ao d co que, nunha proba de imprenta, se indica que debe suprimirse algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro berlinesa fundada en 1883 por Adolphe L’Arronge e Ludwig Barnay. Contaba cun elenco no que destacaban intérpretes como Josef Kainz e Agnes Sorma, e tiña como obxectivo crear un repertorio de espectáculos seguindo a pauta da compañía creada polo Duke de Meiningen. En 1894, Otto Brahm, creador e director do prestixioso Freie Bühne (Teatro Libre de Berlín), asumiu a dirección da compañía e introduciu nas súas producións a estética naturalista e os principios dos teatros de arte, ao tempo que pasou a ser considerado unha especie de teatro nacional, a semellanza dos existentes noutros países europeos. Non obstante , o estilo comprometido de Brahm, defensor do realismo crítico de Henrick Ibsen ou Gerhart Hauptmann, non eran do agrado das autoridades, polo que en 1905 Max Reinhardt asumiu a dirección artística, cargo que desempeñou ata 1933, ano en que emigrou aos EE UU trala instauración do réxime nazi. Durante a súa estadía á fronte da institución, Reinhardt creou unha escola...