"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir dunha serie de fondos procedentes do patrimonio bibliográfico de Fermín Penzol Lavandeira. Pertence á Fundación Penzol con sede en Vigo e abriuse ao público en 1963. Está constituída por textos escritos en galego ou referidos directamente a Galicia. Inclúense neles tamén as áreas do Bierzo, occidente de Asturias, Portugal e as antigas colonias, Brasil e a produción editorial dos centros galegos espallados por España e por todo o mundo. Contén máis de 12.000 volumes, 8.690 folletos e 300 revistas. Entre as temáticas principais destacan a lingua e literatura galego-portuguesa, así como a xeografía, historia, dereito e economía de Galicia. Contén tamén algún incunable como a Historiarum initium ad aufelium augustinum (Venecia, 1500) de Pauli Orosii e manuscritos de Martín Sarmiento, Educación de la Juventud (s XVIII), e de Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca inaugurada o 5 de setembro 1955 na Casa da Cultura, compartindo edificio co Arquivo do Reino de Galicia. Os fondos iniciais proceden do Instituto Eusebio da Guarda. Contén máis de 40.000 volumes, moitos deles proveñen das doazóns do Centro Nacional de Lectura e do Depósito Legal. Nos seus fondos hai obras do s XVI. Conta, amais, cunha sala de lectura, cunha sala de revistas e cunha biblioteca infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca fundada no ano 1845 con fondos que proviñan de numerosos mosteiros e conventos da provincia, que quedaran desertos trala desamortización do ano 1837. A maior parte destes fondos desapareceron nun incendio ocorrido en 1927; entre eles incluíanse series teolóxicas, xurídicas, patrísticas e unha colección de obras do Tostado. Contaba nos seus inicios con 11.430 volumes, e no incendio desapareceron 17.000, entre os que figuraban algúns manuscritos e incunables. A finais do s XX, a Biblioteca contaba con máis de 60.000 volumes, a maior parte deles modernos. A obra máis antiga é do cronista real Lucio Marineo Sículo, do ano 1533.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1848 con fondos que proviñan dos mosteiros e conventos da provincia. Inaugurouse o 2 de febreiro de 1849. Do Instituto Provincial de Segunda Enseñanza trasladouse á Sala de Quintas do Palacio Provincial, e logo a unha sala do Arquivo da Delegación de Facenda. Despois de varios traslados (1931) instalouse no Instituto de Enseñanza Media. Entre os seus fondos figuran a colección da Sociedade de Arqueoloxía, a colección Sampedro, os libros de homenaxe a Losada Diéguez e os que figuraban no Instituto de Enseñanza Media. Pouco a pouco foi aumentando a súa colección bibliográfica, con numerosas subscricións a revistas e xornais. Adquiriu tamén en 1946 a Biblioteca Muruais, composta por obras de arte e literatura francesa e inglesa do século XIX. Finalmente, sufriu un novo traslado ao Arquivo Histórico Provincial, onde incrementou os seus fondos. En 1977 conformouse a sección de libros infantís con máis de 2.000 volumes. A finais da década dos anos 80 contaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de numerosos volumes procedentes de conventos e mosteiros da provincia, fundamentalmente do mosteiro de San Xián de Samos. Entre os seus fondos figuran abundantes obras dos ss XVI, XVII e XVIII, da biblioteca de Antonio Alexandre Sarmiento de Sotomayor, bispo de Mondoñedo e da colección de Benito Menacho con 6.800 volumes, con edicións españolas e francesas do s XVIII. Tamén inclúe a colección Montenegro con obras literarias de principios do s XX, unha colección de clásicos franceses e edicións dos ss XVI, XVII e XVIII. A biblioteca posúe unha sala dedicada ao libro galego e dispón dunha colección de xornais lucenses de finais do s XIX en adiante. A sala xeral ten tres incunables. A finais dos anos 80 contiña máis de 60.000 volumes nos seus fondos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca universitaria que tivo a súa orixe na primitiva librería da Universidade creada na metade do século XVI e situada no Colexio fundado polo arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III. A súa colección histórica foi resultado da adquisición de fondos e de sucesivas doazóns. No ano 1571 mercóuselle ao cabido da catedral da cidade a biblioteca do bispo Carmona e, con posterioridade, chegaron sucesivas doazóns de destacados benefactores como Filipe de Castro ou Manuel Ventura Figueroa, xunto ás compras das bibliotecas particulares de Fernando de Paula Cousiño, que contiña cartas e papeis eruditos do Padre Sarmiento, ou Xacobe de Parga e Puga. Tamén son valiosas as contribucións bibliográficas recibidas por mor da expulsión dos xesuítas no s XVIII e da desamortización do s XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia, das que sen dúbida a máis importante é a do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, de onde procede o Libro das Horas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ao seu cargo a formación, a conservación, a catalogación e o funcionamento dunha biblioteca. Dende Zenódoto de Éfeso, primeiro bibliotecario da biblioteca de Alexandría, ata o s XIX, a atención das bibliotecas adoitaba estar encomendada a persoas que sobresaían nalgún aspecto científico ou literario. Co xurdimento das grandes bibliotecas públicas comezou a recoñecerse o bibliotecario como un profesional, pero non foi ata o ano 1885 cando a Library Association estableceu un sistema de probas para poder obter o título acreditativo. En todo o mundo hai diversas escolas de bibliotecarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repertorio biobibliográfico, establecido segundo a orde alfabética de nomes de pía, dos escritores da Península Ibérica dende o 1500 ata a época do autor, redactado por Nicolás Antonio e editado en Roma no 1672. Foi reeditado no 1788, xunto á Bibliotheca Hispana Vetus, coa incorporación de correccións feitas polo autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repertorio biobibliográfico, por orde cronolóxica, dos escritores da Península Ibérica dende a época de Augusto ata o 1500, redactado por Nicolás Antonio e editado postumamente en Roma no 1696 por conta do cardeal Xosé Sáez de Aguirre. Corrixida e aumentada por Francisco Vicente Pérez e Baier, foi reeditada, conxuntamente coa Biblioteca Hispana Nova, en 1788 en Madrid pola viúva de J. Ibarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das diferentes estruturas de tipo mecánico existentes nos seres vivos.

    2. Enfoque da Bioloxía, asistida pola Enxeñería, que busca unha explicación mecánica (ou, máis exactamente, física) dos fenómenos vitais que se producen nos seres vivos. Aplícase no ámbito da Medicina deportiva e en técnicas de rehabilitación.

    3. Termo utilizado no ámbito da teoría teatral por Vsevolod Meierhold, discípulo de Konstantine Stanislavski, que consiste nun método de adestramento do actor onde se presta especial importancia ao xesto, ao movemento, á postura e ao espacio, desenvolvendo todo un programa de formación no que teñen especial importancia o aparato físico do actor (voz incluída), a acrobacia, a danza, os procedementos da Commedia dell’Arte italiana, a improvisación e a música. Meierhold formula, xa que logo, unha nova teoría da interpretación na que a elaboración do personaxe se entende e practica desde unha perspectiva construtivista, pois o actor “constrúe” o seu personaxe desde o exterior e non desde o interior, tal e como propuxera, na súa primeira etapa, Konstantin e Stanislavsk. É así como o actor mantén a consciencia da convención e o control do seu personaxe, executando unha partitura interpretativa sen chegar a confundirse ou perderse nel. As teorías de Meierhold teñen especial relevo nas correntes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bisecar.

    2. Aplícase ao selo que por escaseza de determinados valores de franqueo se cortou en dúas partes iguais: vertical, horizontal ou diagonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir unha superficie ou un corpo xeométricos en dúas partes iguais mediante unha liña ou un plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘punta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘punzón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de trapo, louza, madeira, plástico, goma ou outro material que imita unha forma feminina e serve como xoguete para os nenos ou como adorno.

    2. Armazón con figura de muller para probar vestidos e traxes.

    3. Pequena bóla de trapo impregnada con tinta e alcohol, que se emprega para vernizar, puír ou abrillantar.

    4. Muller de corpo pequeno e ben feito.

    VER O DETALLE DO TERMO