"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Razoamento ou argumentación por analoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno do crecemento, debido a causas xenéticas ou ambientais, na que un individuo acada un talle inferior aos límites considerados normais para a súa especie. Na especie humana débese a unha insuficiente secreción da hormona do crecemento durante a infancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • comunismo libertario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina político-social que preconiza a liberdade total da persoa humana, o pacto ou libre acordo deste cos seus semellantes e a desaparición do estado e da propiedade privada para crear unha sociedade na que non deben existir clases nin intereses privados. O seu ideal é unha sociedade sen goberno. Considéranse como precursores: a Campanella, autor da Cidade do Sol; Thomas More, de Utopía; Mably e outros. Non obstante , William Godwin (1756-1836), foi o primeiro pensador propiamente anarquista: na súa obra Investigacións sobre a xustiza política rexeitaba o estado e a propiedade privada, e propugnaba unha sociedade economicamente igualitaria. Pierre Joseph Proudhon e Mikhail Aleksandrovič Bakunin son os dous teóricos do anarquismo máis importantes do s XIX que atoparon nos escritos de Coeurderoy, Rousseau, La Boetie, Bellegarrigue e Dejacques, principios e críticas que ampliaron e profundizaron. Así mesmo, as bases científicas do anarquismo están definidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ás sacudidas dun terremoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun sistema óptico anastigmático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de producir novos xuros aos xa vencidos, é dicir, xuros dos xuros. Prohibido na lexislación canónica e romana, non foi admitido ata o código de Napoleón. Asumido con restricións nas modernas lexislacións, na española admítese cando se reclaman de xeito xudicial ou se está así pactado no contrato. Está prohibido entre os comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trastornos psíquicos -entre os que sobresae a depresión- producidos en determinados individuos que levan un certo tempo fóra do seu país e non se dan adaptado debido a que se atopan nun ambiente que ofrece unhas condicións de vida completamente distintas ás súas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de andaluz.

    2. Idiotismo peculiar na fala dos andaluces.

    3. Palabra ou modismo lingüístico propio do andaluz introducido nunha lingua peninsular, especialmente no castelán, por exemplo juerga.

    4. Movemento político que reivindica algunha forma de autogoberno para Andalucía. Xurdiu de elementos da pequena burguesía federal, intelectuais e profesionais opostos á gran burguesía oligárquica e centralista andaluza. Xa en 1883 a Asemblea de Antequera aprobou un proxecto de Constitución para Andalucía. Blas Infante publicou El ideal andaluz (1915), decantado cara á esquerda. No ano 1918, o Congreso de Ronda fixou a bandeira, o himno e o escudo de Andalucía e, no 1930, o Infante creou a Xunta Liberalista, que se esforzou inutilmente por tratar de sacar adiante un Estatuto de Autonomía. En 1973 naceu a Alianza Socialista de Andalucía, que daría lugar ao Partido Socialista de Andalucía. O andalucismo foi asumido polos diferentes partidos do ámbito político andaluz dende o 1977 e, en 1981, foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación do vento coa dirección de crecemento nas plantas ou de voo nos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inhibición sexual caracterizada pola ausencia de pracer no home ou na muller no momento da realización do acto sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso. A miúdo causa hemorraxias, embolias e lesións dos órganos circundantes. Pode ser conxénita ou conseguinte a unha acción patolóxica posterior ao nacemento. O aneurisma desecante, localizado moi frecuentemente na aorta, prodúcese pola infiltración de sangue entre as paredes da arteria; o aneurisma arteriovenoso relaciónase cun saco aneurismático que comunica unha arteria cunha vea; e o aneurisma micótico é o producido por un axente infeccioso.

    2. Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón semellante a un aneurisma, causada por un infarto de miocardio.

    3. Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos (cabalos, tenreiros, etc), especialmente dos individuos novos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao aneurisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura do saco dun aneurisma por diversos procedementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a anexionar. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento das especies químicas anfóteras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina dos cristiáns que viven en comuñón coa sé de Canterbury. O termo de Igrexa Anglicana inclúe actualmente as igrexas de diversos países da Commonwealth Británica, e incluso doutros países como, por exemplo, a Igrexa Episcopaliana dos EE UU. Como igrexa estruturada, provén do tempo no que Enrique VIII declarou a Igrexa de Inglaterra independente da Santa Sé. Thomas Cranmer, durante o reinado de Eduardo VI, emprendeu unha reforma radical e impuxo unha nova liturxia co Book of Common Prayer (Libro da pregaria en común), o Ordinal e os 42 articles (1552) que revelan unha marcada influencia luterana. Durante o reinado de Isabel I foron aprobados os 39 articles (1552) de influencia calvinista e aparece ben precisada a vía media entre o Calvinismo e o Catolicismo: o sistema anglicano quedaba así fixado. O Anglicanismo é pluralista: os chamados católicos poñen o acento na eclesioloxía e nos sacramentos, os anglocatólicos seguen a doutrina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vocábulo inglés ou o seu calco semántico incorporado noutra lingua. O alto nivel demográfico de anglofalantes, a expansión comercial, política e científica do mundo anglosaxón, a profusión dos deportes de raíces anglosaxoas, determinaron a introdución de numerosos anglicismos nas principais linguas da cultura occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO