"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Dentro dun realismo preocupado pola técnica e o estilo, publicou, entre outras obras, os contos Lima, hora cero (1954) e Kikuyo (1955), e a novela No una, sino muchas muertes (1958), iniciadora do realismo urbano en Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicógrafo inglés. Realizou estudios en Oxford e posteriormente en Viena. En 1950 iniciou as súas colaboracións como crítico musical no Daily Telegraph e foi director de The Musical. Publicou, entre outros libros, French Music from the Death of Berlioz to the Death of Fauré (Música francesa dende a morte de Berlioz ata a morte de Fauré, 1951) e Beethoven: the Last Decade (Beethoven: a última década, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteceso. Conserva restos prerrománicos e románicos, como un sartego antropomorfo cunha parte da tapa, na que se distinguen dúas liñas que parten das esquinas e avanzan cara ao centro, ao modo das laudas de estola; de aí que se poida relacionar cunha necrópole sueva ou posterior. Incrustado no testeiro da ábsida, aparece un pequeno relevo de talla en reserva no que se representa unha faciana antropomorfa de trazos moi sumarios semellante ás pezas hispanovisigodas ou asturianas. O muro sur da igrexa, que pertenceu a un edificio románico, conserva dúas estreitas fiestras de medio punto, con derramo interior, e unha porta de mediados do s XII. No interior ten remate semicircular e por fóra está coroada por un arco de medio punto que se apoia en dúas columnas con fustes lisos, capiteis cubertos con follas rematadas en punta e cun dos colariños en forma de soga, e bases de perfil ático. O tímpano é liso e está sostido por machetas adornadas con figuras de carneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Amoeiro. De estilo románico, construíuse baixo o padroado de dona Urraca Fernández. O bispo de Ourense don Afonso consagrouna o 16 de abril de 1200, segundo a inscrición que flanquea a porta meridional do templo. Trátase dun edificio de pequenas dimensións, de planta única, con cuberta de madeira a dúas augas e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado e apóiase en dúas columnas con bases decoradas con talos e capiteis con lazos rematados en volutas. O seu aspecto exterior destaca pola sobriedade só alterada pola decoración de canzorros. Cómpre salientar a portada occidental, co arco maior, os capiteis e a chambrana decorados con motivos xeométricos. Sobre o lintel aparece unha figura erguida, flanqueada por dúas grandes pinas, vestida con túnica ata os pés, e que sostén entre as súas mans unha cartela estendida na que se vislumbran algunhas letras. Contorneando o semicírculo do tímpano esculpiuse un festón de arquiños de medio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre artesán de instrumentos populares galegos e gaiteiro. Na infancia trasladouse a Lugo, realizou os estudios primarios en Rábade e de novo volveu á cidade de Lugo. Na súa mocidade, nun primeiro momento, compaxinou o seu traballo de axente comercial coa súa afección musical. Realizou as primeiras incursións no mundo da música tocando cos grupos Os Modernos e Os Montes, entre outras agrupacións, para, posteriormente, dedicarse por completo e de forma autodidacta á construción de instrumentos. Na década dos 70 ingresou no Obradorio de Instrumentos da Deputación de Lugo, substituíndo a Paulino Pérez; a continuación, fundou en Ortigueira e exerceu a docencia no Obradoiro Escola de Santa Marta de Ortigueira. Paralelamente, organizou exposicións de instrumentos populares dentro do marco do Festival do Mundo Celta de Ortigueira e creou o Grupo Didáctico de gaitas, zanfonas, pitos e requintas, primeira agrupación na que tocaron todos estes instrumentos xuntos. De novo en Lugo, formou a Cooperativa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo marqués do Valle de Oaxaca e fillo de Hernán Cortés. En 1540 trasladouse a España e foi paxe de Carlos I e Filipe II. Tomou parte na Batalla de San Quintín (1557) e regresou a México en 1563. Foi un dos dirixentes da revolta crioula coñecida como La Revuelta del marqués del Valle (1565-1568). Fracasada a rebelión, foi encarcerado e trasladado a España onde o condenaron ao desterro en Orán ata 1574. Os seus irmáns Martín (1523-1595) e Luis (1525-1600), participaron tamén na revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Tomou o nome de frei Martiño de Xesús ao ingresar na orde franciscana. En 1524 trasladouse a Nueva España xunto con outros relixiosos e contribuíu á fundación de conventos. En 1531 intentou, por dúas ocasións, desembarcar nas illas do Pacífico. Acompañou a Hernán Cortés no descubrimento de California (1534). Foi gardián das misións de Michoacán. Atribúeselle a obra Relación de las ceremonias y ritos y población y gobernación de los indios de la provincia de Mechuacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, escritor e político. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, doutorouse en Xurisprudencia (1875). Foi profesor de lexislación comparada na Universidad Central (1874), pero renunciou ao seu cargo xunto con Francisco Giner. Foi un dos membros fundadores da Institución Libre de Enseñanza (1876), na que deu clases de leis e de historia, ademais de dirixir o BILE. Influído polo krausismo e polo historicismo alemán, e politicamente autodeclarado como republicano federalista, mantivo unha vida política moi activa, caracterizada pola súa oposición ao sistema da Restauración. Considérase como o principal pensador do rexeneracionismo, que propuña reformas socioeconómicas e políticas, entre as que destacan a reforma agraria e a loita contra o caciquismo. Entre as súas obras cómpre salientar Colectivismo agrario en España (1898), Reconstitución y europeización de España (1900), Crisis política de España (1901), El problema de la ignorancia del derecho...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xurxo Martiño, a súa obra caracterizouse polo emprego de temas relacionados coa cidade e a paisaxe urbana, sen integrar a figura animal e humana, para crear así un ambiente de absoluta soidade. Artista conceptualista, aproximouse ao surrealismo pero nalgunha das súas formas é herdeiro da tradición grecolatina. Entre as súas obras destacan a serie Campus Stellae, Far West (Val de Soneria, s/n) (1995), Finis Terrae (1994-1995) e Azul II (1994-1995). En 1985 participou nunha mostra colectiva organizada no Círculo Mercantil de Santiago de Compostela e dende entón realizou exposicións individuais e colectivas. Entre as primeiras destacan a do Modus Vivendi (Santiago de Compostela, 1986), a do Club Financiero Atlántico-Galería Trinta (A Coruña, 1992) e a da Galería Minotauro (Santiago de Compostela, 1992). Participou, entre outras mostras colectivas, en Arco 1992 e 1993, na Bienal de Pontevedra de 1988, onde obtivo un accésit, no Festival Interceltique de Lorient...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Construíu a capela da Virxe da Soidade na igrexa de Salomé en Santiago de Compostela (1700) e a igrexa de Ameixenda (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Paio de Bóveda de Amoeiro (concello de Amoeiro). Edificada no último terzo do s XVIII, presenta planta en forma de U e cunha torre ameada nunha das coxías. A súa construción relaciónase coa liñaxe dos Nóvoa e Yáñez. Malia a súa reconstrución, conserva unha solaina sobre piares e chemineas monumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Val do Dubra. Contén restos da primitiva fábrica oxival no presbiterio. No interior destaca o altar maior barroco e no exterior a espadana barroca. Foi reconstruída en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Taboada. No muro occidental conserva unha porta románica de finais do s XII abucinada e rematada por dúas arquivoltas de medio punto, que descansan sobre os muros e sen tímpano. A rosca maior ten a aresta moldurada en bocel e seguida dunha media cana; arredor aparece unha chambrana de tacos. Baixo os beirís hai algún canzorro de factura sinxela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. Pertenceu a un mosteiro de cóengos regulares de santo Agostiño do s XII, data de construción da igrexa. Consérvanse algúns documentos medievais que nomean o prior da Cova. Foi unha das dignidades da catedral de Lugo (1728-1824). O templo ten planta rectangular, cunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida con dous tramos, o recto cuberto con bóveda de canón apuntado e o semicircular con bóveda de cuarto de esfera. No tramo recto consérvanse pinturas murais que representan a Trindade. O arco triunfal é apuntado. No interior, consérvanse retablos dos ss XVII e XVIII. A portada principal está formada por un arco de medio punto con dúas arquivoltas de moldura, que se apoian en columnas de bases áticas, fuste liso e capiteis vexetais. O tímpano non presenta decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe asturiana, trasladouse a Galicia con oito anos. En 1936 viviu o bombardeo de Santander pola aviación da lexión Cóndor, feito que marcou a súa existencia. No 1949 coñeceu a Francisco Asorey e no 1954 trasladouse a Madrid, onde ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1954-1959). Foi catedrático de Anatomía Artística e Debuxo do Natural en Movemento das Escolas de Artes e Oficios Artísticos (1961) e catedrático de Debuxo de ensino medio (1963). Nomeado director da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela (1963-1966), promoveu a renovación das instalacións do centro e o cambio do nome polo de Mestre Mateo.
    En 1967 instalouse na Coruña, onde exerceu como catedrático de Debuxo. A súa obra, de carácter figurativo, caracterízase polo dominio do debuxo como creador das formas e das cores....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha nave e unha ábsida rectangulares. No interior destaca o arco triunfal de medio punto, peraltado e dobrado, coa rosca maior decorada con boceis e medias canas, e apoiado nun par de columnas acobadadas que teñen as bases baixo o pavimento do presbiterio. Os capiteis cóbrense con dúas ordes de follas estilizadas e aguzadas. A chambrana adórnase cunha fila de billetes. No exterior destaca a portada occidental formada por un arco semicircular peraltado e moldurado cinguido por unha chambrana de bólas e apoiado en dúas columnas acobadadas con capiteis vexetais e con pomas nos cimacios. Os canzorros que sosteñen os beirís son rudos e presentan cabezas de cuadrúpedes, figuras humanas, volutas ou sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Trátase dun templo románico de transición construído entre 1225 e 1230 do que só se conserva o arco triunfal e a nave. O arco é apuntado, dobrado e de sección rectangular, apoiado nun par de columnas con bases adornadas con zigzag, sogas e rombos. Os capiteis do arco presentan incisións que evocan elementos vexetais e volutas. No exterior destaca a porta principal, rematada nun arco de medio punto sobre columnas acobadadas con bases áticas, garras e decoración similares ás do arco triunfal; os capiteis presentan decoración incisa de tipo vexetal e unha figura humana simplificada. A portada norte coróase cun arco de medio punto que engloba un tímpano cunha cruz de brazos iguais ensanchados cara aos extremos e inscrita nun círculo. Nos cimacios e nunha das xambas aparece ornamentación xeométrica a base de arquiños, círculos e rectángulos axadrezados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, biólogo e naturalista. Profesor na década dos oitenta da Escola Naval Militar de Marín. Foi presidente da primeira xunta rectora do Parque Natural das Illas Cíes dende 1981 ata 1985 e un dos promotores da súa declaración como espazo protexido. Participou como naturalista nas dúas primeiras expedicións españolas á Antártida (1988-1989 e 1989-1990), e elaborou o primeiro catálogo español de cetáceos, pinnípedos e aves daquel continente. Publicou numerosos artigos dedicados á divulgación dos valores naturais de Galicia en Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia, que asinou co seu nome o co pseudónimo Rasele. Formou parte, xunto con Borobó, Maximino Sar, E. Fernández de la Cigoña, Blanco Tobío, Fariña Jamardo, Hipólito de Sa e outros, do grupo Los Endovélicos de Galicia. Entre os seus libros destacan Fauna gallega y algo más (1978), que marcou o comezo dunha literatura ecoloxista en Galicia; Más allá de la corredoira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e escultores franceses. Drouet de Dammartin (? - Jargeau 1413) traballou no palacio do Louvre, trazou os planos da cartuxa de Campmol e foi mestre de obras dos duques de Borgoña, cargo que exerceu tamén o seu irmán Gui de Dammartin (?-1398?). Jean de Dammartin , fillo de Drouet, traballou nas catedrais de Tours e Mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Doutor en Filosofía, dedicouse ao xornalismo. Baixo o pseudónimo de Otto von Schaching escribiu narracións xuvenís e novelas costumistas. Da súa obra destaca Geschichte des gallo-fränkischen Unterrichts und Bildungswesen von den ältesten Zeiten bis auf Karl den Grossen (Historia do ensino e formación galo-franca dende a Antigüidade ata Carlomagno, 1892).

    VER O DETALLE DO TERMO