"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • GALICIA

    Político. Foi concelleiro (1983-1991) e primeiro tenente-alcalde do concello de Ferrol (1987-1989) polo Partido Popular. Deputado pola Coruña no Congreso na IV, V e VI lexislaturas, dende o 2000 foi delegado do Goberno en Galicia. Foi distinguido coa Gran Cruz ao Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Coñecido como Guadalupe Victoria, loitou en favor da independencia mexicana e aceptou o plan de Iguala (1821), pero, oposto ao Emperador Itúrbide, participou no pronunciamento de Santa Anna (1822). Formou parte do poder executivo provisional (1823) e foi elixido presidente da República (1824-1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, é crítico de cine e televisión no xornal La Voz de Galicia (desde 1981). Vinculado ao desenvolvemento do audiovisual galego desde finais dos anos setenta, promoveu e presidiu (1985-1990) a Federación de Cineclubes de Galicia (con anterioridade presidira o Cineclube Carballiño) e coordinou (1984-1996) as Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (XOCIVIGA). Tamén dirixiu e presentou na Televisión de Galicia (1985-1986) o espazo “Galicia no cine”. Posteriormente foi asesor cinematográfico no gabinete de prensa da CRTVG. Colaborador de distintas publicacións, destacan as súas obras Crónica de cine. O Carballiño (1900-1990) (1994), Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2002) (Premio Sempre en Galiza 2001) e A Bella Otero, pioneira do cine (Premio Chano Piñeiro 2002). Cómpre mencionar tamén as súas actividades como empresario cinematográfico e as súas incursións como narrador no terreo da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Cursou estudios de mariña civil e dereito. Iniciou a súa actividade profesional na fotografía de paisaxes, para o que percorreu as serras e os montes de España. Traballou primeiramente para a axencia Omega e, posteriormente, creou o estudo Tam Tam Comunicación Visual. Especializado en fotografía de teatro e ópera, os seus traballos apareceron distribuídos en publicacións de todo o mundo, como Scherzo, Opera, Centro Dramático Galego, Centro Dramático de Viana do Castelo ou Guipuzcoa Tours.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Periodista e político, fillo do impresor Miguel Fernández de Dios. Dirixiu o xornal La Concordia (1903). Foi alcalde de Vigo entre xuño de 1909 e xaneiro de 1910 e deputado provincial durante tres lexislaturas (1905-1910). Colaborou na Liga de Defensores de Vigo e na Unión de Entidades Viguesas. Presidiu a Asociación da Prensa e foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), exerceu como médico ata a súa elección como alcalde de Pontevedra (1999) polo BNG, agrupación pola que fora elixido concelleiro en Samos (1983) e Pontevedra (1987), e na que formou parte do Consello Nacional e da Permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e biólogo. Presidente do grupo Erva (1991-1996), centrou a súa actividade na conservación de zonas húmidas como a das Gándaras de Budiño, para as que estableceu as medidas de rexeneración que recibiron o Premio de Medio Ambiente de Galicia. Destacan as súas publicacións dedicadas á fauna acuática -como os sapoconchos, cangrexos e insectos, especialmente libélulas, para as que estableceu, no 2001, o primeiro catálogo faunístico de Galicia-. Achegou algúns dos primeiros datos para Galicia de aves acuáticas como o mazarico mouro, a garza grande e a cegoña negra. Ademais investigou (1996-1998) a diversidade de macromicetos das carballeiras, co que incrementou o catálogo galego en máis de 40 especies. Como técnico, para a Xunta de Galicia, traballou na conservación do cangrexo autóctono e en plans de manexo de invertebrados acuáticos nos Parques Naturais do Aloia, Corrubedo e a Serra da Enciña da Lastra. Membro do equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, publicou o libro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Francisco Miguel e de formación autodidacta, participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña. Viviu en París, onde ampliou a súa formación artística, e trasladouse a México, onde traballou con David Alfaro Siqueiros e colaborou, entre outras revistas literarias, en Contemporáneos. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1956) e especializouse na química de polímeros orgánicos na Yale University (1956-1959). Posteriormente traballou no desenvolvemento de córneas artificiais e outros implantes oftálmicos no Massachusetts Eye and Ear Infirmary (Boston). En 1964 entrou na Retina Fundation onde continuou cos seus traballos sobre materiais sintéticos para uso oftálmico, especialmente no estudo de materiais para as lentes de contacto. En 1971 converteuse no xefe do laboratorio de polímeros biomédicos de The Schepens Eye Research Institute (Boston) e en 1998 científico emérito da mesma institución. Entre outras distincións, recibiu o título de doutor honoris causa en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1988) e o Pergamiño de Honra e Louvanza da fundación do Patronato do Pedrón de Ouro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano e escritor. Profesou en Salamanca (1828) e foi destinado ás misións de Filipinas (1832). Foi lector de humanidades no colexio de San Tomé de Manila, e mestre de novicios en varios conventos daquelas illas. Colaborou no Dicionario ibanag-español (1854) dos dominicanos e no Dicionario español-ibanag (1864), e dirixiu a reimpresión do Catecismo en lingua ibanag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Director do CGAC, foi profesor nas facultades de Belas Artes de Salamanca (1988-1992) e Pontevedra (1993-1995). Fundador de Arte y parte, foi o seu director, editor e membro do consello de redacción (1996-1998). Colaborou como crítico de arte, entre outras publicacións, en ABC, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e foi xefe de redacción de Buades, periódico de arte (1984-1989). Foi membro do consello reitor (1996-1998) e do comité de compras (1997-1998) do IVAM e responsable de compras da Fundación Coca-Cola España (1995-1998). Foi comisario de numerosas exposicións, responsable da delegación española na Bienal de São Paulo de 1989 e membro do xurado de diversos premios artísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e escritor. Coñecido como Miguel Ángel Pacheco, acadou o doutoramento en Belas Artes pola Escuela de San Fernando de Madrid. Traballou como deseñador de cubertas de Anaya-Educación e na área de deseño da facultade de Belas Artes de Salamanca. O seu labor centrouse no eido da literatura infantil e xuvenil como autor, ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou en programas infantís de televisión e ideou e escribiu diversas series de libros infantís con J. L. García Sánchez. Entre outros premios recibiu o Premio Lazarillo de Ilustración (1973), por Maestros de la fantasía; Premio Nacional de Ilustración (1980), pola colección Gracias a...; Premio Nacional de Ilustración (1983), por La Bella y la Bestia; Premio Lazarillo de Literatura Infantil y Juvenil (1996), por Los zapatos de Murano; e Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María (2000) e Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (2001), por Verdadera historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Lucas Antonio Ferro Caaveiro. Renunciou as formas barrocas que aprendera co seu pai e realizou unha obra plenamente neoclásica. Desempeñou o cargo de mestre de obras da catedral dende 1770 e asumiuno plenamente en 1772. En 1774 nomeárono director das obras hidraúlicas da Coruña para a construción de diques e dende 1780 foi arquitecto privativo das obras públicas e particulares de Santiago. En 1787 nomeárono profesor de arquitectura na Real Sociedad Económica de Amigos del País. Desenvolveu un amplo programa educativo e en 1792 publicou Divertimentos de Geometría Mixta. Inventou o Prontuario Crononólico, aparello que servía para saber o mes, o día e a hora de todas as partes do mundo, e en 1798 o Taboeiro das Máquinas Armónicas, aparello músico-matemático. En 1804 abandonou a arquitectura por mor da enfermidade. Traballou na capela da Comuñón, antiga capela de don Lope, da catedral compostelá, de planta circular e con planos, probablemente, de Domingos Lois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre. Secretario comarcal do PSOE no Ribeiro, foi elixido alcalde de Ribadavia e deputado por Ourense durante a terceira lexislatura (1990-1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico do urbanismo. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1942). As súas primeiras obras, entre outras o edificio central do CSIC (1942), mostran o monumentalismo da arquitectura de posguerra. Coa construción do Instituto Nacional de Óptica Deza del Vallés (1948) adoptou as formas orgánicas. Dende 1959 centrouse na aplicación do formigón. A súa arquitectura relixiosa baseouse no xogo de luces e no dinamismo dos muros. Destacan, entre outras, a igrexa dos dominicanos de Arcas Reales (Valladolid, 1952), Nuestra Señora de la Coronación (Vitoria, 1958) e Santa Ana (Madrid, 1965). En Galicia proxectou a igrexa de Santa Cruz de Oleiros, o colexio de Santa María do Mar na Coruña e no edificio para o CSIC en Santiago de Compostela (1952). Recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura Española en 1994. Pertence á Real Academia de Doctores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. O seu nome real era Miguel Burro Fleta. Estudiou en Barcelona e Italia, e debutou en Trieste (1919) con Francesca da Rimini, de R. Zandonai. Actuou en toda Europa, América e o Extremo Oriente. En 1925 presentouse en Barcelona con Carmen, de G. Bizet, e en 1926 estreou Turandot, de G. Pucini, na Scala de Milán. Retirouse en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Miguel Fernández Moratinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou no Partido Progresista e, desde a Restauración, no Partido Liberal. Foi elixido deputado pola provincia de Ourense en 1843 e polo distrito de Becerreá en 1876-1879, e na lexislatura de 1879 foi presidente do Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1851-1873). Bispo de Jaca (1847-1852), foi nomeado cardeal da Igrexa romana polo Papa Pío IX en 1862. Influído polo auxe do xornalismo fundou o Boletín (1862), en busca da defensa da ortodoxia católica e dos dereitos da Igrexa. A aplicación da lei desamortizadora de Madoz (1855) e, principalmente, a supresión do foro eclesiástico (1868) marcou a ruptura entre o cardeal e o goberno español. Foi procesado polo goberno ante a súa negativa a facilitar a relación de eclesiásticos que pasaron ao bando carlista trala supresión dos foros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Xoán Antonio García de Bouzas. Formouse co seu pai, co que colaborou, entre outras obras, na igrexa dos xesuítas de Pontevedra e no retablo maior de San Paio de Antealtares. Instalouse en Lugo cara a 1735. Traballou na catedral nos retablos de Santiago e santo Uxío e no dourado da custodia da capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes. Realizou, entre outras obras, o pintado do retablo de Santa María das Viñas en Betanzos (1738) e o dourado e pintado dos colaterais de San Pantaleón das Viñas (1746).

    VER O DETALLE DO TERMO