"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente xurdida a mediados da década dos sesenta do s XX entre os partidos comunistas da Europa mediterránea. Defendía a necesidade dunha nova estratexia de instauración do comunismo, adaptada ao capitalismo avanzado, na que o predominio da clase media non permitise aplicar os esquemas clásicos do marxismo, a loita de clases e a toma revolucionaria do poder. Renunciaba á ditadura do proletariado, aceptaba o pluralismo democrático, o pacto con outras forzas progresistas e a independencia respecto á URSS. Difundírono sobre todo Enrico Berlinguer e Santiago Carrillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao eurocomunismo.

    2. Partidario do eurocomunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • excomuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alleo á Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de entidades locais (concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares) fundada en 1980 en Madrid, onde radica a súa sede. Os seus fins son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas; a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre todas as entidades locais; a promoción e favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas entidades locais e as súas organizacións no ámbito internacional, especialmente o europeo, iberoamericano e árabe; e a xestión de programas gobernamentais destinados ao ámbito local. O 12 de xaneiro de 1980 celebrouse en Madrid unha xuntanza de alcaldes da que xurdiu unha xunta xestora presidida polo alcalde de Málaga, Pedro Aparicio Sánchez, que tramitou a constitución formal da Federación Española de Municipios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial formado en xuño de 1998 para a xestión dun holding relacionado co mundo da comunicación. Presidido por Xavier Godó e dirixido por Carles Godó, en prensa escrita, o holding dispón dos diarios La Vanguardia e Mundo Deportivo, así como das revistas Vanguardia Dossier, Magazine, Què Fem?, Qué Más!, Escape, Interiores, Historia y Vida, La Revista dels Súpers, Club e Guia del Treball. Dentro do ámbito radiofónico, xestiona unha cadea de radiofórmula (RAC 105) e unha convencional (RAC 1), dispón do 50% de Antena 3 Radio e participa cun 20% en Unión Radio. Ademais, posúe unha licenza de radio dixital en España. En Internet está presente con La Vanguardia Digital, Mundo Deportivo On-line, Los Clasificados.com, e no proxecto Viápolis, entre outros. No campo da produción audiovisual conta con GDA, e desde o 23 de abril de 2001 coa canle local Citytv. No eido da publicidade dirixe Publipress. Ademais do seu mecenado en actos culturais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas escudo cuarteado: primeiro, en campo de sinople, unha cruz de ouro, baleira e floreteada; segundo, en campo de goles, un castelo de ouro, sumado dun brazo armado, de prata, cunha espada na man, do mesmo metal; terceiro, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; cuarto, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con oito armiños de prata e oito aspas de ouro, alternando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de comunicación creada en Vigo e na que se integraron os xornais mensuais e de distribución gratuíta A Rúa Vigo, A Rúa Val Miñor e A Rúa Condado Paradanta. Está presidida por Felipe Gutiérrez Estévez. Todas estas publicación autofináncianse mediante a publicidade e inclúen noticias locais sobre actos culturais e sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por IMACO, I & Co na Coruña a partir de finais de 1999. Dirixida por Uxío Fernández, trátase dunha publicación profesional orientada ao mundo do deseño gráfico e a comunicación. Nos seus diferentes apartados inclúe información sobre novas producións televisivas e cinematográficas, deseño industrial e fotografía industrial e publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de incomunicable.

    2. Incapacidade para comunicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode comunicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de incomunicar.

    2. Falta de comunicación cos demais.

      1. Situación provisional e transitoria que pode acordar o xuíz a fin de impedir que os presos traten, de palabra ou por calquera outro medio, con outra persoa.

      2. Separación acordada polo xuíz a fin de illar temporalmente das testemuñas o presunto autor dun delito para evitar a posible confabulación entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de incomunicar.

    2. Que sofre incomunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar a algo ou a alguén de comunicación

    2. Afastarse alguén do trato coa xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmune.

      1. Exención de obrigas, penas ou cargas a prol dunha persoa ou dun lugar.

      2. inmunidade diplomática

        Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.

      3. inmunidade eclesiástica

        Privilexio outorgado á Igrexa polo que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder o asilo relixioso; os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e ademais fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servicios.

      4. inmunidade parlamentaria

        Prerrogativa que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a cal non poden ser detidos (agás en caso de flagrante comisión de delito) nin inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa (suplicatorio) da cámara da que forman parte.

      1. Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, gracias á formación de anticorpos específicos. Nun sentido máis amplo, o termo é empregado para definir a capacidade de reacción dun organismo diante dunha substancia antixénica. A inmunidade pode ser natural (conxénita) ou adquirida.

      2. inmunidade celular

        Conxunto de procesos inmunitarios que se realizan en ausencia de anticorpos e que son posibles grazas aos linfocitos T3 (timodependentes).

      3. inmunidade humoral

        Conxunto de procesos inmunitarios relacionados coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B (bursadependentes).

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO