"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
-
Que serve para tratar ou previr a poliomielite.
-
acina que contén os tres tipos de polivirus que provocan a enfermidade e que desenvolve a inmunidade contra cada un deles. A vacinación acostuma realizarse aos 2, 4 e 18 meses de idade, unha dose de recordo ao ano seguinte e outra cada cinco anos. Un tipo de vacina alternativa é a OPV (vacina oral de polivirus), que contén cepas de virus vivos, aínda que inofensivos, e se administra por vía oral. Esta última, moi utilizada, pode excepcionalmente (nun de cada cinco millóns) provocar a poliomielite no vacinado ou nas persoas que o rodean. Cabe salientar, aínda así, que non hai ningún medicamento eficaz contra a poliomielite unha vez adquirida a enfermidade. Os pacientes que quedan paralíticos mentres o virus permanece activo requiren de repouso na cama e tratamento fisioterapéutico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica das paredes dun antro, especialmente do mastoide ou do antro do estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica do apéndice vermiforme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á apomixe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na formación do embrión sen a previa fecundación do óvulo. Pode ser por aposporia, por apogamia ou por partenoxénese.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos, de hábitos xilófagos e presentes nos salgueiros de toda Europa. A única especie deste grupo é A. moschata, de antenas longas, de cores metálicas brillantes, xeralmente azuis ou verdes, e con dúas manchas vermellas no tórax. Polo seu cheiro a almiscre era apreciado como aromatizante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade interdisciplinaria que agrupa astrónomos, arqueólogos e outros especialistas e que estudia os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas supostamente baseadas no astronómico (monumentos megalíticos, pirámides exipcias, etc) así como avaliar os coñecementos e os métodos orientados á Astronomía das culturas do pasado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resección dun segmento arterial e do plexo simpático (rede de filamentos nerviosos) que o envolven.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica practicada nunha arteria que se realiza para practicar unha sangría ou para introducir un catéter en caso de exploracións funcionais cardiolóxicas ou vasculares, ou de administración continuada de sangue, plasma ou líquidos terapéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica consistente na extirpación dunha articulación.
-
-
Relativo ou pertencente aos ascomicetos.
-
Clase de fungos, caracterizada pola formación de ascosporas, actualmente substituída por catro clases: acarpoascomicetos, himenoascomicetos, laboulbeniomicetos e plectomicetos, englobadas baixo a subdivisión ascomicotina.
-
Fungo ascomiceto do que se descoñece a reprodución sexual e por tanto a produción de ascosporas. Viven principalmente saprofiticamente sobre follas e talos mortos ou parasitan plantas vivas. Moitos deles teñen un grande interese en fitopatoloxía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subdivisión de fungos caracterizados por producir esporas sexuais no interior dunha célula denominada asco. É frecuente a composición de formas de resistencia, ou esclerocios, moitas veces asociada á perda da capacidade da reprodución sexual. Os fungos poden ter un micelio ramificado e de membrana quitinosa, presentarse como células ailladas ou células agrupadas en colonias. Aínda que os ascocarpos poden estar ausentes ou ser moi pequenos, tamén poden acadar un tamaño considerable e ter interese culinario, como é o caso das trufas, os orellanzos e as pantorras. A subdivisión ascomicotina engloba as clases dos acarpoascomicetos, himenoascomicetos, laboulbeniomicetos e plectomicetos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en 1989 por Ramón Bouzas Lorenzo. Presidida por Faustino Gómez Rodríguez, desenvolve diversas actividades de ensino e investigación, co obxecto de fomentar a afección non profesional á Astronomía. Dende a súa creación a asociación desenvolve proxectos en colaboración con diversas entidades como: a Liga Iberoamericana de Astronomía (Liada), a Casa das Ciencias da Coruña, a Facultade de Física da Universidade de Santiago, a Asociación Astronómica Ramón Mª Aller (Vila de Cruces), o Concello de Santiago de Compostela e outras asociacións veciñais dos arredores. Con frecuencia convoca cursos elementais de Astronomía e organiza seminarios para afeccionados afondando nos diferentes eidos desta ciencia (observación solar, lunar, satélites e planetas do sistema solar, cometas e asteroides, ceo profundo, astrofotografía, novidades de astronaútica, etc). Ademais, proporciona información continua sobre as efemérides necesarias para a observación de fenómenos destacados e organiza actividades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aberración cromosómica que consiste na perda dos dous cromosomas dunha parella de homólogos.
-
-
Ciencia que estudia a posición, os movementos, a natureza, a estrutura e a evolución, individual ou colectiva, de todos os corpos celestes. As súas ramas son a Astrometría, que determina as posicións dos astros -o que permitiu a confección do calendario, a medida do tempo e a navegación astronómica-; a mecánica celeste, que describe e calcula os movementos dos astros, fundamentalmente obxectos do Sistema Solar (planetas, satélites, asteroides, cometas e tamén as máquinas lanzadas polo home), e confecciona táboas astronómicas, almanaques náuticos ou efemérides; e a Astrofísica, sucesora da astronomía descritiva, que aplica os métodos da Física ao descubrimento dos fenómenos celestes, e que ocupa actualmente case que toda a actividade da Astronomía. A Astronomía é a máis antiga das ciencias da natureza. A interpretación que o home primitivo fixo dos fenómenos astronómicos máis elementais foi esencialmente relixiosa e deu orixe á Astroloxía. En todas as primitivas...
-
Denominación frecuentemente empregada para designar a parte da Astrometría que se ocupa da determinación da posición dos astros e do observador.
-
Rama da Astronomía que se limita a describir os corpos celestes e a explicar superficialmente os fenómenos astronómicos. Recibe tamén o nome de Cosmografía. Ata chegar á invención do telescopio, a descrición do cosmos limitábase ás constelacións, ás fases da Lúa e de Venus, e aos eclipses do Sol. A partir de Galileo, o estudo dos obxectos resolubles avanzou con rapidez. Galileo observou por primeira vez as manchas do Sol e as montañas da Lúa; a partir do século seguinte a descrición da Lúa converteuse nunha rama particular: a Selenografía. A mediados do s XVIII foron descubertos os cometas. O desenvolvemento dos obxectivos (lentes e espellos), de prismáticos e telescopios permitiu ampliar moito o universo a describir. Pero dende o s XIX a Astronomía descritiva foise subordinando cada vez máis á Astrofísica.
-
Denominación empregada a miúdo para designar a parte da Astrometría que se ocupa do cálculo da posición dos astros e do observador mediante a trigonometría esférica.
-
Denominación comunmente empregada para designar a parte da Astrometría que se ocupa dos problemas da navegación astronómica.
-
Denominación empregada frecuentemente para designar o estudo e a descrición do movemento dos corpos celestes a partir da mecánica celeste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra en latín de Johannes Kepler, aparecida en 1609, na que dá a coñecer as dúas primeiras leis que levan o seu nome.
-
-
-
Relativo ou pertencente á Astronomía.
-
De acordo cos métodos ou principios da Astronomía.
-
unidade astronómica [UA]
Unidade de distancia igual á distancia media da Terra ao Sol. Equivale aproximadamente a 149.600.000 km. Con esta unidade mídense as distancias do Sistema Solar. Para as distancias extragalácticas emprégase, preferentemente, o parsec.
-
-
Moi alto, moi elevado.
-