"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
PERSOEIRO
Rei de todos os francos (481-511). Sucedeu o seu pai, Khilderico I. Logo de vencer a Siagrio, o último representante do Imperio Romano na Galia (486), impúxose como rei único dos francos salios e, grazas á axuda que lles prestou aos francos ripuarios, atacados polos alamanos (496), estes tamén o elixiron rei (509). Converteuse ao cristianismo (496) e obtivo a influínte adhesión do episcopado, feito que significou a submisión dos galorromanos e que lle facilitou a loita contra os visigodos, aos que derrotou en Vouillé (507). Reuniu un concilio en Orléans (511) e mandou codificar a lei consuetudinaria dos francos salios (lex salica). Fixo de París o centro do seu reino, que abranguía case toda a Galia, agás Borgoña, Provenza e Septimania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei merovinxio de Neustria e Borgoña (639-657), fillo de Dagoberto I. Durante o seu reinado Austrasia recuperou a autonomía perdida no reinado anterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que conmove.
-
-
-
Producir un sentimento de emoción nunha persoa por mor dunha desgraza allea.
-
Causarlle a algúen algunha cousa un sentimento de compaixón ou unha alteración do ánimo con tendencia a chorar.
-
-
Mover ou facer tremer algunha cousa que estaba afianzada.
-
Experimentar un sentimento de emoción ante unha desgraza allea, de compaixón ou outra alteración do ánimo con tendencia ao choro.
-
-
PERSOEIRO
Médico, agrónomo e intelectual ilustrado. Estudiou medicina nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, onde ocupou unha cátedra de Física Experimental e Agricultura. Defendeu o racionalismo, a observación e a experimentación fronte á filosofía escolástica e peripatética, feito que lle ocasionou problemas coa Inquisición; así mesmo, amosou unha gran preocupación polo ensino das ciencias utilitarias e a súa aplicación á realidade económica galega. Centrou a súa análise na industria do liño e achegou importantes recomendacións para o seu desenvolvemento; así, propuxo reformas técnicas, como a difusión da roda de fiar, o branqueo anterior ao tecido, o emprego do liño para lenzos finos e non para panos, etc. Escribiu, entre outras obras, Memoria sobre el conocimiento de las tierras, verdadero y económico método de cultivarlas (1786), Ensayo sobre hidráulica rústica (1788) e Memoria físico-económica sobre el mejoramiento de los lienzos gallegos por todos los medios conocidos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Discusión prolongada e intensa entre dúas ou máis persoas sobre calquera tema a causa de diferentes interpretacións ou opinóns.
-
Método teolóxico empregado na polémica dos temas que se debaten, tanto se se trata de verdades básicas non compartidas polas diversas confesións cristiás, coma de puntos secundarios nos que non se poñen de acordo as escolas teolóxicas. Neste senso, foron famosas durante os ss XVI e XVII as controversias entre dominicos e xesuítas sobre o problema da gracia de Deus e a liberdade humana.
-
Nivel de complexidade ou dificultade que pode acadar o discurso no ámbito da retórica. As primeiras tipoloxías propuxéronas Cicerón e Quintiliano. Distínguense tres graos: a controversia simplex, articulada a partir dunha única causa xudicial; a controversia coniuncta, que reúne nun mesmo proceso varias acusacións de parecida ou distinta gravidade; e a controversia comparativa, que se produce cando se establece unha confrontación entre dous ou máis membros dun debate que defenden posicións opostas. Consérvase unha colección de Controversiae, compilada por Lucio Anneo Séneca, que instrúe na arte da oratoria forense.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que trata sobre puntos de controversia.
-
-
Manifestar desacordo con algún argumento, algunha razón ou algunha idea mediante unha argumentación oposta.
-
Intercambiar ideas ou argumentos varias persoas entre si.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode discutir.
-
-
de controverter.
-
Que se discute con frecuencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica franco-británica realizada en 1988. Dirixida por Peter Greenaway, interpretárona Richard Bohringer, Michael Gambon, Helen Mirren, Alan Howard e Tim Roth, entre outros. Os temas centrais do filme son o sexo, a violencia e a gastronomía, que se desenvolven na cociña e no comedor dun restaurante de luxo, durante dez comidas. O realizador moldea a imaxe utilizando unha estética pictórica na que destaca o vermello intenso. Tamén son importantes os deseños de Jean-Paul Gaultier e a música de Michael Nyman, que conseguen amplificar as imaxes.
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Deuse a coñecer en 1966 con The Origin of the Brunists (A orixe dos Brunist), premio William Faulkner de novela. Da súa produción destacan ademais: The Universal Association, Inc. J. Henry Waugh, Prop (1968), The Water Power (O poder da auga, 1972), Pricksongs & Descants, The Public Burning (1977), Whatever happened to Gloomy Gus of the Chicago Bears (O que lle aconteceu a Gloomy Gus dos Chicago Bears, 1986), Gerald’s Party (A festa de Gerald, 1987), Night at the movies (Noite no cine, 1987) e Pinocchio in Venice (Pinocho en Venecia, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendón ou vea que se percibe sobresaíndo da pel, especialmente no pescozo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico humorístico que se emitiu en Radio Voz Galicia os domingos ao mediodía, formado por dous presentadores, un cantante e cinco actores que imitaban máis de setenta voces de coñecidos persoeiros. Tivo dúas etapas: na primeira (1993-1995) participaron Xacobo Pérez, Moisés Morales, Carlos Jiménez, Paco Lodeiro, J. A. López de Alba, Siro López e o cantautor Santiago Rouco; na segunda (1996-1998) integráronse Leo Toral (Paco Vázquez), Alexandre Rodríguez Pipo (Arsenio Iglesias), Fernando Acebal (Felipe González) e o cantautor O Parga, xunto con Siro López, López de Alba, Xacobo Pérez (Fraga e Xoán Paulo II) e Moisés Morales (Aznar). Combinaban o seu traballo no estudo con actuacións en directo en diversos auditorios de Galicia e Madrid. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia ao mellor programa radiofónico (1994), o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene (1994) e o Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio e Televisión...
-
PERSOEIRO
Diplomático. Membro dunha familia aristocrática do Imperio Austro-Húngaro, foi o fundador da Unión Paneuropea (1922). Defendeu a unión política, económica e cultural de Europa, da que excluía a URSS e o Reino Unido. Expuxo as súas teorías no libro Paneuropa (1923) e nunha revista do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cavidade que lles serve de refuxio ou na que habitan certos animais.
-
Parte posterior e inferior da cabeza.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. É o diminutivo correspondente ao apelido galego Cova. Unha variante fonética deste apelido é Cuvela. A mesma orixe presentan os plurais Covelas e Cuvelas. Todos estes apelidos adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.