"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Ostentou diversos cargos diplomáticos en Florencia (1795), Viena (1800), Lisboa, etc. Secretario nas Cortes de Cádiz, no 1821, foi ministro de Estado e Presidente do Goberno (18.8.1837-16.12.1837), ao rexeitar o cargo Espartero. É autor de Cuestiones de Estado e Historia de las relaciones diplomáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado na comarca pirenaica da Cerdanya, no curso alto do Segre (1.535 h [1996]). A súa situación montañosa e a diversidade litolóxica provocan unha gran variedade na vexetación (carballos, faias, carrascos ou salgueiros). A paisaxe, atractivo turístico, constitúe o seu principal recurso económico. Ao abeiro desta actividade dinamizouse o comercio e a construción, favorecida pola mellora nas comunicacións trala apertura do túnel de El Cadí (1984). Teñen sona os seus embutidos artesanais. O Rei Xaime I mandouna fortificar e levar por alí o camiño da Seu d’Urgell a Puigcerdà, outorgándolle privilexios e franquicias. As guerras franco-españolas supuxeron a ocupación francesa en varios períodos dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome persoal feminino Bernalda Bernaldo/Bernalda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. silvamar.

    2. madreselva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xogo de rapaces que consiste en bater cun pao cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor. No xogo empréganse dous paos, xeralmente de carballo; un deles chamado palán ou pao que mide un metro aproximadamente e o outro chamado billarda máis pequeno ca o anterior e afiado polas dúas puntas. Para comezar o xogo, márcase no chan un punto de partida e co palán dáselle un golpe forte na punta da billarda, esta ao estar afiada salta polo aire e nese momento golpéase co palán botándoa o máis lonxe posible.

      2. billarda de parede

        ariedade de billarda que se diferenza por colocar o palán de forma oblicua, cun extremo no chan e o outro apoiado nun muro, guindándoo a través.

    1. Pao pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, unha billarda co seu palán. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Billalda, Billa, Bilarda e Bigarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Ex-semanario festivo” apareceu en Ourense o 5 de setembro de 1920, e foi publicada ata mediados de 1921. A obra gráfica xogaba un papel moi importante con colaboracións de autores como A. R. Veiras, Julio Prieto Nespereira e Pedro García del Villar. Dirixida por Ceferino Valencia Nóvoa, era bilingüe e nela colaboraron tamén Javier Prado Lameiro, Arturo Noguerol Buján, Sueiro e Fernández Gallego, entre outros. Dado o seu carácter claramente satírico, case todos os seus artigos ían asinados con pseudónimos. O galego tiña moi pouca presencia, de tal xeito que só se poden destacar algúns poemas asinados por Vicente Risco e un artigo de A. Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma de fogo, de ferro ou de bronce, de pouca lonxitude e xeralmente de gran calibre que se utilizou durante a segunda metade do s XIV e todo o s XV. Constaba de dúas partes, a posterior (o macho), que constituía a recámara e que se encaixaba á anterior (a trompa), onde se aloxaba o proxectil de pedra.

    2. Barco de guerra de desprazamento moi variable, armado cun ou dous morteiros de gran calibre. A súa finalidade táctica era o bombardeo de obxectivos situados detrás das murallas de cidades marítimas ou de portos onde había importantes concentracións de barcos inimigos.

    3. Embarcación mediterránea de vela, de dous paos dunha soa peza, ademais do bauprés.

    4. Instrumento de vento, feito en madeira, de lingüeta dobre e tubo sempre recto, cunha perforación cónica, antecesor do óboe e do fagot. Utilizouse moito en Europa desde o s XVI ao XVII. Tiña dimensións diversas e constituía unha familia de sete instrumentos.

    5. Rexistro de lingüeta do órgano, de 16 (ou 32) pés e tubos de perforación cónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aranda ou canto superior de cada un dos costados dunha embarcación. Tamén designa o ángulo formado pola cuberta e o costado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño militar e matemático. Atopou un método astronómico para calcular a situación dos barcos e deu a coñecer un círculo de reflexión que leva o seu nome. Participou na medida do grao do meridiano entre Dunquerque e Barcelona. Escribiu, entre outras obras, Mémoires sur le mouvement des projectiles (Memoria sobre o movemento dos proxectís, 1756) e Descriptions et usage du cercle à reflexion (Descricións e emprego do círculo de reflexión, 1778).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño percorrido por un barco entre dúas viradas cando, polo feito de ter vento de proa, ten que navegar de bolina, escorándose, a babor ou a estribor, da ruta que non pode seguir directamente.

    2. irar a nave a un lado e outro sobre os costados e alternativamente para gañar o vento en contra.

    3. Chegar o barco ao punto no que convén facer a virada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bordar.

    2. Labor de adorno que se fai con fío nunha tea, lenzo, ou coiro, normalmente en relevo e con moita filigrana. O bordado a man realízase dispoñendo o tecido de base nun bastidor ou tear e facendo a man as pasadas de agulla. O bordado a máquina faise con máquinas moi semellantes ás de coser, provistas dun bastidor sobre o que se dispón o tecido, que se move manualmente para repasar o debuxo, ou con máquinas de bordar. É unha das artes máis antigas que se coñece. Posiblemente ten unha orixe asiatica. Entre os pobos orientais, cultívase o bordado en Asia Menor, Crimea, Tartaria, Turquestán, China, India, Xapón e Exipto. En América é moi importante a cultura téxtil do Perú pre-inca. A técnica do bordado foi transmitida de Oriente a Europa a través dos países mediterráneos. Actualmente, ten os centros máis importantes en Suíza e en Inglaterra.

    3. Relativo a unha situación ou cousa totalmente satisfactoria.

    4. Operación de facer ornamentos enriba dun tecido de base sensible á acción de certos axentes químicos (ácidos ou álcalis) someténdoo a un tratamento con estes axentes, que o queiman ou o disolven e só deixan o motivo ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que borda.

    2. Fabricante de encaixes de coxíns.

    3. Mesteiral que traballaba a madeira para fabricar pequenos obxectos de decoración, para uso doméstico ou uso militar. Durante a Idade Media os bordadores traballaban ao servizo da igrexa ou da corte. Non foi ata os ss XV-XVI cando se integraron en diferentes confrarías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bordar.

    2. bordado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Naceu a bordo do navío Patria, en travesía de Portugal a Angola, onde viviu durante a súa infancia, establecéndose en territorio portugués en 1968. Licenciou en Ciencias Sociopolíticas, e a partir de 1970 adicouse á canción, compartindo vivencias artísticas con outros cantores, paisanos seus, como Jose Afonso. O devir dos acontecementos políticos, convertérono nun intérprete contestatario co réxime fascista que imperou en Portugal ata a Revolução dos Cravos (abril de 1974). As súas composicións, con raíces na música popular portuguesa, reflicten os seus degoiros íntimos, así como a situación do pobo portugués na diáspora. Entre a súa discografía destacan: Madrugada dos trapeiros (1977), Histórias de viageiros (1979), Por este rio acima (1982), Crónicas da terra ardente (1994), e a escolma Atrás dos tempos vêm tempos (1996). Varias das súas gravacións foron premiadas con Discos de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Denominado como Columbano, foi discípulo en París de Carolus Duran. Pertenceu ao Grupo do Leão, escola naturalista que reaccionaba contra a arte oficial. Na súa obra o empastamento domina sobre o debuxo. Abrangueu toda unha época da arte portuguesa. Dos seus retratos salientan os de Antero de Quental, Guerra Junqueiro e Eça de Queirós. Cultivou tamén a pintura de xénero e os grandes murais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer un bordado nun tecido.

    2. Unir embelecementos, ornamentos (a unha historia, unha narración, unha peza de música, etc).

    3. Máquina empregada para obter bordados mecanicamente, na que o tecido base vai montado sobre un bastidor vertical que cambia de posición mediante un pantógrafo co que é repasado un debuxo, feito a grande escala, que as agullas fixas, reproducen enriba do tecido. Actualmente, o pantógrafo substituíuse por un sistema de cartóns perforados que comunican o movemento ao bastidor dunha maneira completamente automática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor de idiomas. Catedrático de francés e de italiano, publicou diversas obras entre as que destacan: Gramática italiana (1824), Arte de hablar bien el francés (1848), El inglés sin maestro (1848) e Colección de temas para ejercitarse en la tradución del catalán al castellano (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e editor lituano. Coa ocupación soviética marchou a Alemaña (1944) e despois aos EE UU (1949), onde se dedicou á edición dunha Lietuviu Enciklopedija (Enciclopedia Lituana); máis tarde levou a cabo unha publicación sobre a cultura lituana titulada Lietuviu Dienos (Días lituanos). Poeta de grandes contrastes, recibiu tanto as influencias realistas como románticas, líricas ou dramáticas. Destaca o seu libro de poemas Amzinas zydas (O xuízo eterno, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO