"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Historiador e xurista. Entre as numerosas obras que escribiu de temática histórica e xurídica, salientan Studia nad prawem polskiem (Estudios de dereito polaco, 1855) e Królestwo Polskie: 1295-1370 (O reino de Polonia: 1295-1370, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria domiciliada en Bilbao e creada no 1988 como resultado da fusión do Banco de Bilbao e do Banco de Vizcaya. En 1999 adquiriu Argentaria (Corporación Bancaria de España), converténdose deste xeito nun dos principais dous bancos españois, en competencia co Banco Santander Central Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede social en Bilbao nacida da fusión entre o Banco Bilbao Vizcaya e Argentaria (Corporación Bancaria Española), aprobada polos respectivos consellos administrativos o 19 de outubro de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1901 en Bilbao. Inicialmente tiña un claro carácter industrial (Altos Fornos de Biscaia, Iberduero, etc), pero despois entrou na liña comercial e converteuse nun banco mixto. En 1984 adquiriu a Banca Catalana. No 1988 fusionouse co Banco de Bilbao para formar o Banco Bilbao Vizcaya (BBV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que se independizou nas Illes Balears e en Ifrīqiya durante época almohade. Alī ibn Yūsuf, lugartenente do almorábide Yūsuf ibn Tašfīn, casou cunha parenta deste, Ġāniya (de quen tomou nome a dinastía), e tivo dous fillos: Ya ḥ yà e Mu ḥ ammad, gobernador de Mallorca seguramente dende 1126. Durante a conquista almohade do Al-Andalus, Mu ḥ ammad ibn Ġāniya conseguiu a autonomía das Illes Balears. Dos seus fillos, semella que Mu ḥ ammad ibn I ṣ hāq ibn Ġāniya permaneceu no goberno das Balears, namentres que ‘Alī ibn Is ḥ āq ibn Ġāniya levou a rebelión antialmohade a terras norteafricanas. A actuación dos Banū Ġāniya precipitou a decadencia almohade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe coñecida en Occidente por omeia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Europa central, situada entre os montes Mecsek e os ríos Danubio e Drava, e repartida entre Hungría (megýek de Baranya) e Croacia. Constitúe un macizo granítico moi degradado, cuberto polo bosque. Os principais recursos económicos son a agricultura e a minería do carbón e do uranio. Baranya foi unha das rexións de Hungría que quedaron case despoboadas trala conquista turca (s XV). O repoboamento non rematou ata a instalación, a partir do 1720, dos colonos croatas, maxiares e, sobre todo, alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megýek de Hungría (4.430 km2; 405.000 h [estim 1998]). A capital é Pécs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático en Medicina. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse coa tese Las variaciones atávicas y las detenciones en el desarrollo, en el maxilar superior de los locos. En 1927 acadou a cátedra de Anatomía da Universidad de Salamanca e posteriormente trasladouse á de València, universidade onde ocupou os cargos de decano da facultade de Medicina (1945-1964) e reitor (1966-1972). Pioneiro na especialidade de neurocirurxía en España, foi o primeiro presidente da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía e membro da British Society of Neurological Surgeons, Société Française de Neurochirurgie e Societá Italiana de Neirochirurgia, entre outras institucións científicas. Descubriu e desenvolveu un método para rexistrar as modificacións circulatorias intercraneais a través do cranio intacto que recibiu o nome de palencefalografía....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática da familia papúa de Nova Guinea e do grupo angano. Hoxe en día empregan esta lingua unhas 5.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Israel, no maoz de Tel Aviv, que constitúe un núcleo satélite do S da aglomeración de Tel Aviv-Jaffa (140.800 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Granma (antiga provincia de Oriente), Cuba, nunha chaira ao pé da Sierra Maestra (140.000 h [1995]). Fundada polos españois en 1513, o seu porto fluvial á beira do río Cauto acadou grande importancia comercial, pero declinou ao atuírse con sedimentos. A cidade foi escenario de varias accións de sona nas guerras de independencia da segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Porto Rico, á beira do río Bayamón e ao S da Sierra de Luquillo, ao SO de San Juan (220.262 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista turco. En 1924 fundou o Banco Is, en 1932 foi ministro de Economía e entre 1937 e 1939 primeiro ministro. Logo de fundar o Partido Democrático (1945), foi elixido Presidente da República en 1950 e reelixido en 1954 e en 1957. Foi derrocado por un golpe de estado militar no 1960 e condenado a morte por alta traición en 1961, pena que lle foi commutada pola de cadea perpetua. En 1964 foi posto en liberdade e, en 1966, amnistiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Creou un procedemento de papel negativo a base de ioduro de prata. Adiantou o daguerrotipo. Xa desde 1837 experimentaba coa cámara escura e con papel fotosensible, desenvolvendo un traballo semellante ao que facía Talbot. A partir de 1842 competiu cos calotipistas ingleses e en 1855 inaugurou un estudo fotográfico para retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca de Andalucía, na provincia de Granada, que constitúe a chamada Andalucía das estepas. É unha ampla conca elevada de máis de 1.000 m de altitude que forma parte da depresión intrabética. A cidade de Baza é o centro comercial da bisbarra. No Cerro do Santuario (necrópole ibérica dos ss V - III a C) atopouse a Dama de Baza, escultura ibérica en pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recibe o nome do propietario orixinal Francisco Bedoya Fojo, debido a que non se determinou con exactitude o lugar onde se atopou. Non obstante , semella que pode proceder de Brión (Ferrol) ou de Noalla (O Salnés). Os obxectos que compoñen o tesouro apareceron nun caldeiro de bronce de 12,5 cm de fondo e 17 cm de diámetro con paredes rectas na metade superior e curvas na inferior, e fondo plano decorado con catro círculos concéntricos. Estaba formado por xoias prerromanas (dúas arracadas de tipo ril, dúas arracadas de tipo laberintiforme e unha diadema) e romanas (un anel signatario de ouro con entalle, un anel de ouro cunha amatista, 27 denarios de prata e dous áureos). A cronoloxía proposta para este tesouro é unha data de termo post quem (91 d C). Dende 1953 atópase no Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Ourense e bispo (1847), foi un dos cregos máis ilustrados de Galicia. Publicou numerosos sermóns e dedicouse aos estudios históricos e biográficos entre os que destacan: Memoria sobre el desastre de la laguna de Antela o de la Limia (1831), Memorias históricas de Berlanga (1840), Vida de D. Pedro Quevedo y Quintano, obispo de Orense (1847), e Instruciones cristianas para militares (1848). Tamén escribiu traballos teolóxicos El pueblo instruído en sus deberes religiosos (1825) ou Manual de ordenados según el pontificial romano (1834). Ademais colaborou no apéndice do Dicionario Geográfico de Miñano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Os seus primeiros traballos desenvolvéronse no campo da curtametraxe. Defensora das teses feministas, amosa os problemas da muller do noso tempo cun realismo abraiante. Dirixiu, entre outras películas, Quelque part, quelqu’un (Calquera parte, calquera persoa, 1972), L’amour violé (O amor violado, 1977), Les enfants du désordre (Os rapaces da desorde, 1989) e L’affût (O posto, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado na comarca pirenaica da Cerdanya, no curso alto do Segre (1.535 h [1996]). A súa situación montañosa e a diversidade litolóxica provocan unha gran variedade na vexetación (carballos, faias, carrascos ou salgueiros). A paisaxe, atractivo turístico, constitúe o seu principal recurso económico. Ao abeiro desta actividade dinamizouse o comercio e a construción, favorecida pola mellora nas comunicacións trala apertura do túnel de El Cadí (1984). Teñen sona os seus embutidos artesanais. O Rei Xaime I mandouna fortificar e levar por alí o camiño da Seu d’Urgell a Puigcerdà, outorgándolle privilexios e franquicias. As guerras franco-españolas supuxeron a ocupación francesa en varios períodos dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO