"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Ramiro Díaz Baliño. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña da que, posteriormente, foi profesor de modelado e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi delineante maior de vías e obras da deputación coruñesa dende 1920. Realizou obras de temática galega, entre as que destacan O cego, O rezo, Devotiña, A volta da sega e No sermón. Fixo tamén o busto de Xosé Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña, o Sagrado Corazón de Cesuras e participou na decoración, entre outros edificios, do Hotel Finisterre e do Banco de La Coruña e do antigo Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou nos festexos de celebración do primeiro aniversario da Segunda República coa realización de diversas obras. Dende 1912 participou en numerosas exposicións de arte galega, entre as que destacan a Primera Exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, irmá de Camilo, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño. Iniciou os seus estudios co seu irmán Camilo e en 1929 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permitiu ampliar estudios en Madrid. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino da Coruña. Na súa obra mostra unha imaxinación leda e chea de cor e de carácter decorativo que lembra as ilustracións dos contos. Posúe un debuxo solto e un rico colorismo, en obras que lembran en certo modo o modernismo, con mulleres convertidas en fadas e paisaxes imaxinadas pola artista, nas que os motivos florais enchen o espacio. As súas creacións, realizadas en pequeno formato, amosan un certo horror vacui. Entre as súas obras destacan Tríptico alegórico de Galicia e Las Hadas del Caracol. Participou, entre outras mostras, na Exposición de Arte Gallego (Santiago de Compostela, 1926), na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas da Real Sociedad Económica de Amigos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Indalecio Díaz Baliño. Especializouse na realización en madeira de siluetas de figuras humanas e de paisaxes caracterizadas pola perfección do seu debuxo. Realizou exposicións en diversas vilas galegas e en América do Sur. Participou, entre outras mostras, na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas, organizada pola Real Sociedad Económica de Amigos del País en Santiago de Compostela en 1941. Foi un dos fundadores da Asociación de Artistas da Coruña (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra caracterízase polo ton moralizante e polo coidadoso desenvolvemento da acción. Da súa produción destacan, El sobre en blanco (Premio Fastenrath, 1918), Un beneficio (1920), Pilar Guerra (1920) e El vuelo de la dicha (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en Madrid nos obradoiros de D. Vázquez Díaz. Integrouse no movemento vangardista madrileño e relacionouse, entre outros, con B. Palencia, M. Mallo e A. Sánchez. En 1929 viaxou a París onde coñeceu o cubismo. A súa obra mostra unha influencia de Braque e Matisse. Cultivou a paisaxe castelá e os bodegóns, cun predominio dos tons terra nas súas primeiras obras e cun achegamento á abstracción nas últimas. Destacan as súas obras Tierras (1962), Pueblo (1974), Tierra Azul (1982) e Mancha negra (1987). Recibiu o Premio Nacional de Pintura (1958) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1980). Doou o seu legado á Fundación Díaz Caneja de Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tradutor e poeta. Entre 1931 e 1936 cursou estudios de latín e humanidades no seminario de Mondoñedo, onde fixo amizade con Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome. Comezou ademais estudios de teoloxía, que abandonou no segundo curso. Coa Guerra Civil abandonou o seminario para facer o servizo militar e, unha vez rematada a contenda, exerceu ata 1947 como profesor de ensino medio de latín e inglés no colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa. En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras na Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde alternou os labores de docente cos de tradutor. En 1968 obtivo os diplomas de inglés e alemán no Instituto de Idiomas da facultade de Filosofía e Letras de Madrid, e inscribiuse na Asociación Española de Tradutores e Intérpretes, onde apareceu como un dos tradutores españois de maior número de linguas europeas (incluído o éuscaro). No ámbito da tradución destaca o labor que realizou para o ministerio de Gobernación, así como as súas colaboracións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. A súa obra caracterizouse polo uso da serialización de obxectos. Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989-1991), no VII premio de pintura L’Oreal en Madrid (1991), na Bienal de Balconadas en Betanzos (1992), no Certame de Pinturas Concello de Cambre (1992-1994-1997), na Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, 1993-1994-1997), na Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira (1997) e no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela 2001). Realizou exposicións individuais en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. Destaca da súa obra Fragmentos (1993-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Colonizador. Nomeárono xuíz de residencia e visitador de Nueva Granada en 1544. Axudou a Pedro de la Gasca a pacificar Perú e organizou unha expedición ás montañas de Espírito Santo (1549). Encargado da Audiencia de Santa Fe en 1550, foi destituído nese mesmo ano e volveu a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999 coa tese Problemas de aprendizaje en la interpretación de observaciones de estruturas biológicas con el microscopio. Profesor de didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Santiago de Compostela, é subdirector da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do departamento de didáctica das ciencias da USC dende o 2001. Foi membro do consello de redacción da revista ADAXE. Revista de estudos e experiencias educativas (1984-1997) e, desde 1994, membro do consello asesor de ALAMBIQUE. Didáctica de las ciencias experimentales. É autor de investigacións no campo da didáctica das ciencias experimentais sobre as ideas dos estudiantes e os problemas da aprendizaxe da bioloxía, en que destacan os seus traballos “El concepto de ser vivo en los diferentes niveles educativos: ideas de los alumnos de EGB, BUP y Magisterio” (Adaxe, 1992)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ourense. As súas armas levan en campo de prata, unha nave de sable sobre onda de azul e prata.
-
GALICIA
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía no colexio San Bartolomé de Salamanca, foi mestre doméstico de Pedro de Castro e, cando este ocupou o bispado de Salamanca, seguiuno como provisor da diocese. Posteriormente foi cóengo da catedral de Ourense, onde se constituíu unha fundación co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente da casa de Cedrón, en Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de ouro, un cedro de sinople.
-
GALICIA
Prateiro. Entre as súa obras destaca unha cruz procesional con figuras de santa María, san Xoán, san Pedro, san Bertomeu e san Roque, realizada para a igrexa de San Pedro de Trasalba (Amoeiro, 1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Sarria e Monforte de Lemos. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, de ouro, cunha banda de goles engulida nunhas bocas de dragóns de sinople, con catro follas de figueira, dúas no alto e dúas no baixo; segunda partición, de sinople, cun castelo sobre unhas ondas de mar, de azul e prata, e dúas sereas arrimadas a ambos os flancos do castelo; bordo de ouro, con catro follas de figueira alternando con outras tantas cruces planas de goles. Outra variante leva en campo de ouro, unha árbore de sinople, no flanco destro, cun lobo pasante, de sable, detrás da árbore; e unha torre coa súa homenaxe no flanco sinistro, sobre un terrazo de sinople, cun regato que brota ao pé da árbore.
-
PERSOEIRO
Conquistador e cronista de Indias paraguaio. Participou no sometemento dos crioulos en Santa Fe (1580), serviu como alguacil maior e alférez real en Salta (1582), e foi tenente en Ciudad Real e Villarrica (1585). Colonizou e gobernou Santiago de Jerez (1593) e fundou San Pedro de Guzmán. Despois de 1619, volveu a Asunción, onde exerceu como alcalde ata a súa morte. Escribiu Anales del descubrimiento y conquista del río de la Plata, coñecida como Argentina manuscrita, primeira crónica arxentina redactada en 1612 e publicada en 1836, na que se ocupou do período comprendido entre 1516 e 1573.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, colaborou na prensa española e hispanoamericana ata 1936. Publicou os poemarios Abril (1927), Vibraciones del espíritu en la materia (1927), Versos marineros (1930) e as novelas El teniente azul (1928), en colaboración con A. Vidal Dovale, e, baixo o pseudónimo de Mauro del Sil e con ilustracións de Xaime Prada, Perfil de un ilustre (1933). Recibiu o I Premio de Poesía da Asociación de Prensa de León (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada en 1811 e navegou polo Mar Mediterráneo e polas Antillas. Dende 1819 participou nas campañas contra os independentistas latinoamericanos e, dende 1821, navegou con patente de corso contra as novas nacións. Formou parte da división Guzureta (1824) que se dirixiu a Callao, pero, trala derrota de Ayacucho, marchou cara ás Filipinas (1825), viaxe na que perdeu o navío tralo amotinamento da súa tripulación. Chegou a Cádiz en novembro de 1825 e participou en diversas misións ata que se suicidou.
VER O DETALLE DO TERMO