"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de cultivo de seca que se aplica en certas rexións áridas ou semiáridas. Consiste, esencialmente, no almacenamento da máxima cantidade de auga no solo e na selección e métodos de cultivo adecuados. Adóitase pasar o restrelo polo campo despois da colleita para abrir a capilaridade e sacar as malas herbas.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica francesa. Dedicouse ao cine a partir de 1915 e despois da Primeira Guerra Mundial participou nas correntes vangardistas. Publicou numerosos escritos sobre cine en distintas publicacións. Entre as súas producións destacan La fête espagnole (A festa española, 1919), La souriante Madame Beudet (A sorrinte Madame Beudet, 1922) e La coquille et le clergyman (A cuncha e o crego, 1926), de tipo surrealista.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Escocia, Reino Unido, na rexión de Dumfries e Galloway, preto do estreito de Forth (58.000 h [1991]). É importante a súa industria téxtil, que lle dá emprego a preto da metade da poboación. Tamén destacan as industrias alimentarias, as fundicións de bronce e ferro, así como as pequenas fábricas de xabón e porcelana. Antiga residencia dos reis de Escocia, do seu patrimonio cultural cómpre salientar as ruínas da abadía beneditina fundada por Malcolm III Canmore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de durmir.
-
Tempo durante o que se dorme.
-
-
-
Herbácea anual, de ata 120 cm de altura, con follas de 25 cm de lonxitude, pinnatisectas e de marxe dentada, con flores de 12 cm de diámetro e de pétalos que varían de tonalidade (dende o branco, ao vermello ou o violeta), pero que nas poboacións silvestres son brancos cunha mancha violeta na base. Os froitos son cápsulas de ata 5 cm de diámetro que conteñen as sementes de pequeno tamaño. Orixinaria da rexión mediterránea oriental e do sudoeste de Asia, está amplamente difundida debido ao seu cultivo para o aproveitamento do látex. Toda a planta, pero particularmente a parte externa das cápsulas, teñen un abundante sistema de canles lactíferas, das que se recolle o látex logo de practicar pequenas incisións sobre estes froitos, cando aínda están inmaturos. O látex que, unha vez seco, recibe o nome de opio, presenta máis de 21 alcaloides, entre os que destacan a morfina (entre un 8 e un 18%), a narcotina e a codeína. Cultivaron esta planta en época clásica os gregos e romanos, e...
-
papoula.
-
-
PUNTA
Punta do litoral setentrional da parroquia e concello da Coruña, situada ao L da Torre de Hércules.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de durmir.
-
Que non é ou que non está moi aleuto.
-
-
-
Que ou quen dorme moito ou que ten tendencia a facelo.
-
Denominación popular dos cangrexos braquiúros do xénero Atelecyclus. Caracterízanse por presentar a cuncha ovada, de 50 mm de longo e 65 mm de ancho, de cor acastañada, que presenta cada marxe lateral da parte anterior con dentes, entre 9 e 11, e o rostro con tres dentes dos que o do medio é máis longo e de punta arredondada. As pinzas son fortes e de cor cinsenta. Viven en fondos areosos con abundante cobertura de algas. Nas costas da Península Ibérica están presentes dúas especies: A. rotundatus, que é común entre os 20 e 150 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo; e A. undecimdentatus, que resulta rara e que vive ata os 30 m de profundidade no Atlántico e no S do Mediterráneo. Non son animais apreciados polo home para o seu consumo.
-
Denominación popular dos cangrexos braquiúros do xénero Calappa.
-
-
-
Estar unha persoa ou animal nun estado de repouso durante o que se suspende a consciencia e os sentidos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A moito durmir, menos vivir. Anque na cama non durma o ollo, descansa o óso. Benia o mal que con durmir se cura. Cando non tiña, tranquilo durmía; e agora que teño, durmo con medo. Canto se deixa de durmir, gáñase de vivir. Dous que dormen nun xergón, vólvense da mesma opinión. Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte”.
-
Pasar a noite nun lugar para repousar.
-
Manter relacións sexuais con outra persoa.
-
Descoidar a realización dalgunha actividade, asunto ou deber.
-
Permanecer algo inmóbil e sen actividade.
-
Facer durmir a alguén.
-
Anestesiar a alguén.
-
Adormecerse unha parte do corpo, especialmente as extremidades.
-
-
PERSOEIRO
Psicólogo alemán. Estudiou nas universidades de Bonn, Halle, Berlín e Breslau. Investigou as condicións de aprendizaxe e a memoria. Foi un dos pioneiros da psicoloxía experimental e as súas investigacións sobre a memoria sentaron as bases para coñecer o seu funcionamento. En 1879 desenvolveu as técnicas experimentais para o estudo da memoria e o esquecemento, investigando, por primeira vez e de forma científica, os procesos mentais superiores. Primeiro, traballou coa memorización de sílabas sen sentido e logo pasou ao estudo da memorización de sílabas con sentido, e concluíu que a memoria era igual nun caso e no outro. Tamén determinou que para aprender algo novo hai que esquecer o vello. Segundo el, ao principio unha persoa esquece con moita rapidez e logo máis lentamente, pero nunca se esquece todo por completo senón que algo queda na memoria. A cantidade de material aprendido que pode ser recuperado, diminúe de maneira sistemática co tempo, pero non necesariamente a un ritmo constante....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Escribiu Beiträge sur Poesie mit besonderer Hinweisung auf Goethe (Contribución á poesía, con especial atención a Goethe, 1823) e Gespräche mit Goethe in den letzten Jahren seines Lebens (Conversas con Goethe nos últimos anos da súa vida, 1836-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Epidemia de encefalite que se caracterizaba porque os afectados quedaban durmidos con facilidade e padecían náuseas, cefaleas e febre. Estendeuse por Europa despois da Primeira Guerra Mundial e desapareceu despois de 1920. Tamén se coñece co nome de encefalite letárxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla ou capa máis externa, na que se dispoñen as células do blastoderma despois da segmentación, no estado de gástrula, destinada a formar o sistema nervioso, o revestimento cutáneo, os órganos dos sentidos e parte do tubo dixestivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ectoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratexia fisiolóxica de certos organismos que regulan a temperatura corporal mediante fontes externas de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que non dispón de suficientes mecanismos fisiolóxicos produtores de calor para asegurar, de xeito constante, unha temperatura corporal idónea coa que realizar as funcións metabólicas e que depende, polo tanto, de fontes externas de calor. As plantas, os anfibios e os insectos son exemplos de organismos ectotermos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimestral aparecida en xaneiro de 1975 na Coruña. Dirixida por José L. Vázquez Dequit, tentaba consolidarse como un instrumento máis ao servizo da educación, ofrecendo información e colaboracións de diversos países. Incluíu numerosas reportaxes e artigos relacionados coa educación comparada, os recursos didácticos, a psicoloxía e a socioloxía da educación, a formación do profesorado, a educación especial, as técnicas de traballo nas aulas e a organización escolar.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador alemán. Discípulo de Poelzig (1923-1927), introduciu en Alemaña o estilo internacional. Construíu numerosas fábricas durante a posguerra, entre as que destaca a fábrica de tecidos de Blumberg (1951). Realizou, entre outras obras, a Nebau der Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche de Berlín (1957-1963) e o pavillón de Alemaña na Exposición de Bruxelas de 1958. En 1967 presidiu o xurado que estudiou os proxectos dos edificios dos Xogos Olímpicos de Múnic.
VER O DETALLE DO TERMO