"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que cela.

    2. Aplícase ao relixioso franciscano que contempla rixidamente a regra de non posuír bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Culleredo. Construída en estilo románico do primeiro cuarto do s XIII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón reforzada por un arco faixón. Ao S construíuse a sancristía, á que se accede por unha porta que se abriu aproveitando un arcosolio semicircular que no centro presenta un casco coa celada baixada. Os catro capiteis do presbisterio decóranse con motivos vexetais de talla plana e pegada á cesta, agás un do arco triunfal no que aparece unha figura antropomórfica. No exterior da ábsida consérvase unha fiestra abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto sostidas por catro columnas con bases áticas e capiteis vexetais, e a chambrana ten círculos incisos entrelazados, superpostos e aliñados. A nave presenta unha colección de canzorros de proa con rolo e algún con cabezas de animais ou antropomorfas. A porta sur presenta un tímpano semicircular monolítico cun círculo no medio onde se inscribe unha cruz con trevos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á superorde das celastranas.

    2. Planta pertencente á familia das celastranas.

    3. Superorde de plantas da subclase das rósidas á que pertencen as ordes das celastrais, ramnais, santalais e raflesiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que celebra algo.

    2. Persoa que é o axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que di a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (422-432). Apoiou a Cirilo de Alexandría na polémica contra Nestorio, e enviou legados ao Concilio de Efeso (431). Enviou misioneiros a Escocia e a Irlanda. A súa festa celébrase o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián. Nativo da antiga Gallaecia, sufriu martirio en Tarragona xunto co seu irmán santo Andeiro. Ambos os dous son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI). A lenda di que morreron decapitados, aínda que previamente foron condecorados con cadanseu torque de ouro como galardón ás súas virtudes militares. Celidonio e Andeiro son patróns de Calahorra e aparecen na iconografía representados xuntos e vestidos de soldados romanos (símbolo da súa profesión). A festividade de san Celidonio celébrase o 3 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis-Ferdinand Destouches.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. Construída en estilo románico, ten nave única con cuberta de madeira e ábsida cadrada. No interior conserva unha pía bautismal do s XVI e un retablo barroco do 1796. O exterior é austero e a fachada principal remata cunha espadana central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou torre dos Pardo Construción nobre barroca situada en Castroverde. Trátase dun edificio con planta en forma de L, dotado dunha torre defensiva de tres andares nun dos seus extremos. Destaca pola súa fábrica de cadeirado ben labrado. Na fachada consérvanse dous brasóns labrados en pedra coas armas dos Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid, da que foi despois membro, e en Roma (1803-1814). Autor do pazo neoclásico de Alòs e de Dou (1818?) de Barcelona, interveu na restauración de Monserrat. Estudiou os restos do templo romano de Barcelona que identificou cun dedicado a Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. Consérvase a ábsida rectangular da primitiva fábrica románica de principios do s XIII. No exterior non presenta contrafortes pero si un aleiro sostido por canzorros de proa. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado, sostido por un par de columnas entregadas con capiteis lisos de gran desenvolvemento superior e bases áticas con bólas no canto de poutas. A bóveda que cobre o presbiterio, que substitúe unha cuberta de madeira, foi construída cara ao 1850.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor, entallador e ourive. Entre as primeiras obras que realizou destacan os retablos de San Esteban de Orón (Miranda de Ebro) e de Briviesca. Chegou a Santiago de Compostela en 1564 e formou cara ao 1568 un obradoiro de pintura con Xoán Lombarte e Marcos de Torre, no que tamén participou o seu tío Juan Tomás Celma. En 1583 formou outro con Domingo González e Gabriel Felipe. Da súa obra escultórica consérvase, na catedral de Santiago de Compostela, o sepulcro de Xoán Martínez Ternero (1581), situado na capela de Santo Andrés, e o sepulcro de dona Mencía de Andrade (1582), que se conserva na capela da Azucena. Atribúeselle tamén o sepulcro do prior Xoán Vidal, morto no ano 1582, situado xunto á porta da Acibechería. Entre 1564 e 1580 dedicouse á pintura. Remodelou a capela maior da catedral de Santiago de Compostela e realizou unha táboa, conservada no arquivo da catedral, cos temas da Epifanía e da Resurrección, así como unha pintura da Ascensión (1569?), retocada posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e cerralleiro. Traballou en Galicia a mediados do s XVI realizando as obras de pintura e dourado do retablo da Quinta Angustia na catedral de Santiago de Compostela (1565). En 1568 encargáronlle uns caixóns para gardar os ornamentos do convento de San Francisco. Tamén, cara ao 1568, traballou na igrexa de San Martiño de Noia. Así mesmo, realizou numerosas reixas. Ao redor de 1569 regresou a Valladolid, onde fixo as reixas do mosteiro de San Benito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámina de celulosa transparente e flexible, que resiste os esforzos de tracción sen deformarse, obtida por laminación da viscosa. É impermeable a case todos os gases e vapores e, se se trata con resinas sintéticas ou vernices, chega a ser impermeable á humidade e termoselable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo sueco. Profesor de astronomía na Universidade de Uppsala (1730-1744), coñécese sobre todo por ser o autor da escala centígrada de temperaturas, denominada posteriormente escala Celsius. No 1736 participou na expedición francesa a Laponia para medir un grao do meridiano. Construíu e dirixiu o Observatorio de Uppsala (1740). Entre as súas obras cómpre destacar Disertatio de nova methodo distantiam Solis a Terra determinandi (Disertación sobre un novo método para medir a distancia do Sol á Terra, 1730) e Disquisitio de observationibus pro figura Telluris determinanda in Gallia habitis (Observacións feitas en Francia para determinar a figura da Terra, 1738).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á cultura e lingua celtas que se desenvolveron na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • celtohispánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que intervén nun proceso de cementación.

    VER O DETALLE DO TERMO