"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Alcalde maior da súa vila, liderou durante a ocupación francesa unha ofensiva contra as tropas do xeneral Fournier en xaneiro de 1809. Trala derrota marchou á Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Despois de realizar estudios de debuxo artístico (1982-1983), licenciouse en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1983-1988). Na súa obra pitórica, as texturas comparten protagonismo coa colaxe. Compaxinou a súa actividade plástica coa docencia e deu cursos e talleres, entre os que destaca o Curso de Gravado e Estampación do concello de Ferrol (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo. Realizou estudios en Salamanca, foi provisor desta cidade e de Toledo, membro do Consello de Indias e bispo da diocese de Calahorra, cargo que lle permitiu participar no Concilio de Trento. Destacado canonista, publicou, entre outras obras, Instrución de prelados (1530), Soliloquios entre Dios y el alma e De la piedad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciouse en Filosofía na facultade Pontificia de Oña (Burgos), en Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (1952), en Teoloxía no Heytrhop College de Inglaterra (1957) e en Educación na Stanford University de California (1970). Foi profesor de químicas no seminario Pontificio de Comillas (ata 1960), director do colexio de San Estanislao de Salamanca (1960-1961) e do Apóstolo Santiago de Vigo (ata 1968). Dirixiu a sección de tecnoloxía educativa do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1971, foi director do primeiro circuíto pechado de televisión que se creou nos ICE de todas as universidades. Foi presidente do Seminario Permanente de Tecnoloxía Educativa da rede INCIE/ICE e membro da Association for Educational Communications and Technology e American Educational Research Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Comezou a carreira militar en 1836 e participou na Primeira Guerra carlista nas batallas de Galaneta, Alcora -pola que acadou a Cruz de San Fernando-, Morella e Lucena. En 1840 foi destinado a Santiago de Compostela e sete anos máis tarde participou coa expedición española na sufocación da sublevación Patuleia de Portugal (1846-1847) e despois foi nomeado capitán do batallón provincial da Coruña. Durante a súa estadía en Compostela realizou unha intensa actividade cultural, desempeñou unha das cátedras do colexio de Distinguidos de Galicia e participou na constitución da Academia Literaria de Santiago, da que chegou a ser presidente interino. Foi un dos iniciadores dos estudios sobre folclore ferrolán ao publicar en 1860 en El Eco Ferrolano unha colección de romances alusivos á súa cidade natal, fundou e dirixiu o xornal El Idólatra de Galicia (1841-1842) e colaborou con poemas e traballos históricos en varios xornais e revistas, como o aparecido no Anuario Ferrolano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Monforte de Lemos? 1638 - Araceli, Roma 3.10.1728) Filósofo, teólogo e escritor. Membro da orde franciscana, foi lector de teoloxía nos conventos de Santiago de Compostela e Oviedo, e de vésperas en Salamanca (1683), padre da Provincia, definidor xeral e predicador da orde e do Rei Carlos II, cualificador da Suprema, comisario xeral de misións en Roma, consultor da Congregación del Índice y Ritos, procurador da orde na curia romana, teólogo e conselleiro do Emperador Leopoldo de Alemaña e teólogo do cardeal de Medici. Publicou, entre outras obras, Panegyris de S. Bonaventura (1678), Hymni tres in laudem eiusdem Seraphici ac S. Doctoris (1678) e Frutus Arboris Seraphici (1723).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Oficial da Mariña española, en 1725 navegou polo Mediterráneo, onde sostivo numerosos encontros armados con buques das potencias berberiscas e dirixiu o exército do duque de Montemar na campaña de reconquista de Orán. En 1736 navegou a América coa flota de Indias e participou na defensa de Cartagena de Indias (1741). En 1747, malia o acoso dos navíos ingleses, logrou arribar ao porto de Corcubión cunha flota que transportaba importantes caudais. Promovido a capitán de navío (1760), encargouse do departamento marítimo de Ferrol co grao de comandante xeral. Ascendeu a tenente xeneral en 1779 e ocupou diversos cargos públicos sen abandonar o servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Descubridor e navegante. Ata 1505 realizou estudios de cartografía na Casa da India ao servizo do rei de Portugal. En 1508, xunto con Vicente Yáñez Pinzón, explorou as costas caribeñas de Nicaragua e Honduras e chegou ao Yucatán. Ao morrer Américo Vespucio foi nomeado piloto maior de Castela (1512). En 1515 explorou a costa do Brasil e Uruguay, e en 1516 descubriu o esteiro do Río de la Plata, ao que denominou Mar Dulce. Introduciuse polo esteiro ata chegar á illa de Martín García e continuou polas augas do Paraná ao que, posteriormente, se lle chamou río de Solís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1249-1276). Natural de Galicia, era membro dunha familia da nobreza. Foi chantre catedralicio antes de ser nomeado bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou en Ribadeo onde pintou e dourou o retablo da confraría de santo Antonio, no convento de San Francisco (1637).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cronista de Indias. Marchou a Cuba no 1514 e participou na primeira expedición a México (1517), dirixida por Francisco Hernández de Córdoba, e na segunda (1518), con Juan de Grijalva. Acompañou a Hernán Cortés durante a terceira (1519) e tomou parte na conquista de Nueva España, do Yucatán, de Guatemala e de Honduras. Dende 1539 viviu en Santiago de los Caballeros de Guatemala, onde casou con Teresa de Becerra, filla do conquistador de Guatemala. Nomeado rexedor perpetuo de Santiago (1551), recibiu tamén o nomeamento de Hijodalgo e o Certificado de Armas, outorgado por Filipe II. Escribiu Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, publicada en 1632, crónica sobre as accións colectivas que fixeron posible o triunfo de Cortés, que refuta as versións de Francisco López de Gómara na Historia general de las Indias y conquista de México (1552) e das Cartas de Hernán Cortés. É unha das narracións máis destacadas da conquista, que revive procedementos da crónica medieval e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro naval. Licenciado pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid (1968), despois de traballar en diversas empresas relacionadas coa construción naval e a pesca, desempeñou os cargos de conselleiro de Pesca (1982) e conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1984). Foi deputado no Parlamento de Galicia (1985-1987) e no Parlamento Europeo (1987), e desde 1996 Director Xerente da Fundación Provigo e a súa Área.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especializado nas carreiras de medio fondo, participou en dúas edicións dos Xogos Olímpicos: nos de Atlanta 1996 correu na distancia dos 800 m; en Sidney 2000 disputou as probas dos 1.500 m, e na final rematou no sétimo posto, polo que recibiu o diploma olímpico. Tamén participou en Campionatos do Mundo: nos de Sevilla 1999 foi quinto nos 1.500 m, distancia na que gañara ese ano a Medalla de Bronce no mundial en pista cuberta celebrado en Meabashi. A súa mellor clasificación nos campionatos de Europa foi o cuarto posto que acadou en pista cuberta nos 800 m en 1996 e nos 1.500 m en València no ano 1998. En 1999 converteuse en plusmarquista europeo dos 1.500 m en pista cuberta, ao cubrir a distancia en 3’ 33’’ 32 centésimas. O seu palmarés complétase coa medalla de prata dos 800 m na Universiada de 1997 e dous campionatos de España de pista cuberta na mesma proba, en 1992 e 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid (1945), doutorouse coa tese El latín de Valerio del Bierzo. Contribución al estudo del latín visigodo. Catedrático de Filoloxía Latina nas universidades de València, Salamanca e, dende 1968, de Santiago de Compostela, especializouse no latín tardío e medieval, e nos eidos da patrística e codicoloxía. En 1950 traballou en Múnic na redacción do Thesaurus linguae latinae e, xunto a Paul Lehmann, continuou os traballos paleográficos e codicolóxicos que iniciara en Madrid con Jean Mallon e Pascual Galindo. Organizou a Primeira Reunión Galega de Estudios Clásicos (1979), o coloquio sobre Circulación de códices y manuscritos entre Europa y la Península en los siglos VIII-XII (1982), a Segunda Reunión Galega de Estudios Clásicos (1984), o VIII Coloquio do Comité Internacional de Paléographie Latine (1987) e o seminario Camino de Santiago. Rutas y peregrinos (1989). Autor de manuais de latín para ensino medio, director...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, político e profesor. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1972 incorporouse ao departamento de Estrutura Económica da facultade de Ciencias Económicas compostelá e doutorouse coa tese Política rexional en Galicia. Dos polos de Desenrolo ás ZUR. En 1972 ingresou no Partido Socialista Galego e en 1977 participou na formación do Colectivo Socialista Galego, que no 1978 se integrou no PSG-PSOE, do que foi secretario xeral de Santiago de Compostela. Deputado autonómico desde a primeira á cuarta lexislaturas (1981-1997) pola circunscrición de Lugo, foi voceiro parlamentario de Asuntos Económicos do grupo socialista. Da súa produción escrita destacan os artigos “Agricultura e capitalismo en Galicia: o proceso de modernización da agricultura galega” (1979) e “Problemas estruturais na integración da agricultura galega na CEE” (1981), publicados en Revista Galega de Estudios Agrarios, e “Galicia na CEE” (1987), editada en Encrucillada....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Ingresou en ASTANO en 1958, participou na súa primeira folga en 1958 e dende 1966 nas clandestinas comisións obreiras do estaleiro de Ferrol. Detido polo Tribunal de Orden Público e indultado en 1969, tralos sucesos do 10 de marzo de 1972 foi novamente detido e permaneceu dous meses no cárcere da Coruña. Tralas eleccións sindicais de 1975 foi membro do xurado de empresa de ASTANO e director do xornal A voz do traballo, e pertenceu á coordinadora de Ferrol de CC OO. Promoveu numerosos actos culturais opositores ao réxime franquista dende a Sociedade Cultural Betón e o Círculo de Perlío. Trala legalización do sindicato, foi secretario de información e formación en Ferrol e secretario de acción sindical na provincia da Coruña (1977), do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia (1981-1986) e da Federación do Metal de CC OO (1986). Foi secretario xeral do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia (1989-2000) e presidente do Consello Sindical da Interrexional Galicia-Norte de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Traballou en ASTANO como delineante e economista (1958-1998) e foi responsable nacional do sector naval da Confederación Intersindical Galega (CIG). Militou no Partido Obreiro Galego/Esquerda Galega (POG/EG), no Partido Socialista de Galicia-Esquerda Galega (PSG-EG) e no Bloque Nacionalista Galego (BNG). Resultou elixido deputado no Parlamento de Galicia na quinta lexislatura (1997) e reelixido na sexta (2001), como integrante da candidatura do BNG pola circunscrición da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Promoveu a creación da editorial Citania en Bos Aires xunto con Luís Seoane, empresa que realizou o seu labor entre 1957 e 1959. Colaborou tamén na edición de libros en lingua galega con Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela.

    VER O DETALLE DO TERMO