"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Xornal que apareceu en Pontevedra no ano 1875. Os temas que recolleu trataban sobre ciencia, arte e literatura. Tivo diferentes etapas, a primeira dende 1875 ata 1883 e a segunda comezou no ano 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Factor inverso do poder dispersivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que a presenza de Cristo na Eucaristía non comporta que desaparezan as substancias do pan e do viño. Defendérona Lutero e as igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da substancia dun ser ou dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de consubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de conterse ou manter dentro duns límites prudentes a satisfacción dos praceres.

      2. Abstinencia sexual.

      1. Capacidade de retención.

      2. Estado dun esfínter que funciona con normalidade.

    1. Principio de unidade que debe rexer en todo procedemento entre os seus elementos persoais, materiais e causais para que poida resolverse nunha mesma sentencia e que, no caso de seguirse de xeito separado, poidan procesarse de acordo cos principios de celeridade e economía procesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de continxente.

      2. Posibilidade de que algo sexa ou non sexa. Se ese algo se refire a unha proposición, a análise corresponderíalle á lóxica, mentres que se o termo designa un obxecto correspóndelle á ontoloxía. Para Aristóteles, o continxente oponse ao necesario. Na filosofía medieval, é o atributo fundamental dos seres creados, en oposición ao necesario Ser creador. Na filosofía moderna, Leibniz equiparou a distinción entre as verdades de razón e as de feito coa distinción entre o necesario e o continxente.

    1. Suceso posible e imprevisto, xeralmente negativo.

    2. Táboa de dobre entrada, con I liñas e J columnas, relativa a dous caracteres cualitativos, que poden presentar respectivamente I e J modalidades. A continxencia de cada cuadrícula está definida como a diferenza entre o efectivo observado na cuadrícula e o teórico que lle correspondería na hipótese de independencia dos dous caracteres. Téñense definido diferentes coeficientes que miden o grao de dependencia entre dous caracteres cualitativos, como os de Pearson e o de Čuprov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos populares editada polo Centro de Estudios Fingoy en 1963. A primeira edición constaba de 300 relatos recollidos por mestres de primaria dos nenos das súas escolas, aos que animaban para que preguntasen aos seus parentes máis vellos. O material resultante destes traballos transcribiuno e organizouno un equipo dirixido por Ricardo Carballo Calero, no que colaborou Bernardino Graña, daquela bolseiro do Colexio Fingoy. Os textos publicáronse xunto cunha táboa de informantes, na que figuraba o nome do mestre que comunicaba o conto, o da escola que rexentaba, o do neno que proporcionaba o conto e a data do curso no que se recollera. De varios contos incluíronse dúas ou máis variantes, que nalgúns casos chegaron a nove. En 1972 apareceu unha segunda edición con 228 relatos, despois de que se decidira rexistrar só a variante de cada conto que presentase maior interese literario. Así mesmo, resolveuse suprimir os datos relativos aos informantes e axeitar a ortografía dos textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Du contrat social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións afectuosas ou hostís do psicanalista cara ao individuo analizado e particularmente cara á transferencia deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de contumaz.

    2. Feito de non presentarse alguén a xuízo cando é citado ou estado de quen escapa da acción da xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de contundente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado dunha persoa que recobra gradualmente o vigor e a saúde despois dunha enfermidade.

    2. Período entre o final dunha enfermidade e a completa restauración da saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de conveniente.

    2. Cousa ou situación conveniente para alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán. Naceu tras unha xuntanza clandestina en Montserrat o 17 de novembro de 1974, na que participaron diferentes representantes do nacionalismo catalán procedentes, entre outros, dos sectores sindicais, profesionais, culturais e universitarios. O comunicado final recolleu catro puntos básicos: democracia, sentido social, nacionalismo e europeísmo. O 3 de decembro de 1976 converteuse en partido político e Jordi Pujol i Soley foi nomeado secretario xeral. O 23 de febreiro de 1977 incribiuse no rexistro de asociacións políticas e en xuño do mesmo ano participou nas primeiras eleccións xerais da democracia na candidatura do Pacte Democràtic per Catalunya. En 1978 integrouse en CDC o partido Esquerra Democràtica per Catalunya, e Ramón Trias i Fargas converteuse no presidente da CDC, cargo que ocupou ata 1989. O 19 de setembro de 1978 formou, xunto con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), a coalición electoral Convergència i Unió (CiU), vencedora nas eleccións autonómicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición electoral formada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e Unió Democràtica de Catalunya (UDC) o 19 de setembro de 1978. Dende as eleccións municipais de 1979 son a primeira forza política a nivel municipal en Catalunya e, dende as eleccións autonómicas de 1980, gobernan na Generalitat de Catalunya con Jordi Pujol i Soley como presidente. Está presente no Congreso de los Diputados e no Senado dende 1979 e estableceu pactos de goberno co Partido Socialista Obrero Español (PSOE, 1993-1996) e co Partido Popular (PP, 1996-2000). Participan no Parlamento europeo dende 1987. O 31 de marzo de 2001, os consellos nacionais de CDC e UDC aprobaron o protocolo de bases para a Federació de Convergència i Unió, e o 27 de abril de 2001, as delegacións encargadas do mesmo asinaron o acordo, co que iniciaron o camiño para a constitución da futura federación. En xullo de 1998, CiU asinou co Bloque Nacionalista Galego (BNG) e co Partido Nacionalista Vasco (PNV) a Declaración de Barcelona,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de converxer.

      2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.

    1. Nunha sucesión de funcións, segundo a topoloxía dada ao conxunto de funcións consideradas, pódese falar de converxencia puntual e converxencia uniforme. Unha sucesión f n converxe puntualmente a f se, para todo x onde as f n están definidas, f n (x) ten límite f(x). Unha sucesión f n converxe uniformemente a f se, para todo ε>0 existe un N tal que n>N implica |f n (x)-f(x)|<ε, para calquera x do dominio da definición das f n . No caso dunha serie de potencias, fálase de raio de converxencia, que é o raio do círculo no interior do que a serie é converxente.

    2. A inversa da distancia focal dun sistema óptico. Mídese en dioptrías e tamén recibe o nome de potencia.

    3. Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.

    4. Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes. As linguas converxentes forman áreas continuas sobre os mapas lingüísticos, feito que se explica polo contacto cultural entre zonas próximas.

    5. Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais. Nos ciclóns é a tendencia do aire a introducirse cara ao mínimo de presión nas capas baixas, como consecuencia do sentido da circulación dos ventos. Practicamente está compensada pola existencia dunha diverxencia nas capas altas da atmosfera. Nos anticiclóns acontece o fenómeno inverso.

    6. Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha. Emprégase nos vehículos de tracción traseira co fin de compensar a abertura das rodas producida pola resistencia ao avance.

    7. Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO