"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Unidade administrativa das Illes Balears que comprende as illas de Eivissa, Formentera e toda unha serie de illotes circundantes. Desde 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, gozan dunha organización administrativa propia, representada polo Consell Insular de Eivissa e Formentera, integrado por trece deputados (doce elixidos por Eivissa e un por Formentera), que ao mesmo tempo forman parte do parlamento autonómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste en darlles forma a pezas metálicas mediante a aplicación de corrente eléctrica. Comprende a galvanoplastia, a galvanostexia e a electroerosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento industrial de obtención de pezas por electrodeposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que trata das aplicacións da enerxía eléctrica na produción de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electrotermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formou parte na Coruña dos grupos La Galga e Atlántica. Comezou cultivando a abstracción para despois decantarse pola figuración. Os seus óleos e acuarelas mostran paisaxes, figuras e bodegóns que recollen as vivencias das súas viaxes realizadas por Europa e o Norte de África. A súa pintura é vitalista e colorista, e destaca polo tratamento da luz que, dende un punto de vista contemporáneo, retoma as características nadas no impresionismo e no fauvismo. En 1988 realizou murais para diversos colexios públicos por encargo da Xunta de Galicia. Realizou exposicións en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ferrol, Vigo, Madrid ou Barcelona. Dende 1980 participou nas exposicións de Arte-Postal e, entre outras mostras, no Feito Plástico Galego (Vigo, 1981), Homenaxe a Picasso (A Coruña, 1981), RELLIGAT/ASSEMBLING (Barcelona, 1982), Homenaxe a Luís Seoane (A Coruña, 1984), Bienal Internacional de Poesía Visual y Experimental (Ciudad de México, 1985), Bienal de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. endoblasto.

    2. Tecido vexetal formado por unha capa dun só estracto de células, situado por enriba do periciclo e por debaixo do parénquima cortical. Regula o paso de materiais que entran e saen do sistema vascular. É característico das raíces, aínda que tamén se pode ver no talo dalgunhas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao endoderma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de reserva das sementes. O endosperma primario, propio das ximnospermas, non ten ningún significado sexual, é haploide e correspóndese coa xeración gametofítica. O endosperma secundario, propio das anxiospermas, é triploide e fórmase a partir da unión do núcleo secundario do saco embrionario co núcleo espermático do tubo polínico. É dixerido polo embrión antes ou durante a xerminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia fisiolóxica de certos organismos para manter a súa temperatura corporal dentro duns límites, independentemente da temperatura ambiental, mediante a produción e disipación de calor metabólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que absorbe calor.

    2. Substancia que se obtén por reacción endotérmica e que libera calor ao descompoñerse.

    3. Conxunto de cambios físico-químicos que sofre unha substancia nos que esta absorbe calor, que se almacena en forma de enerxía interna.

    4. Reacción química que ten lugar con absorción de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que controla, mediante mecanismos fisiolóxicos, a temperatura interna do seu corpo de xeito que a mantén dentro de certos límites independentemente do ambiente. As aves e os mamíferos son exemplos de organismos endotermos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contraer unha enfermidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bótate a enfermar, verás quen che quer ben e quen che quer mal. Se queres enfermar, cea moito e vaite deitar.”

    2. Causar enfermidade.

    3. Provocar un sentimento de desagrado ou rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesional da enfermería responsable de proporcionar, de forma individual e coordinada, os coidados e funcións propias da súa competencia ao individuo, á familia ou á comunidade. A partir dun Real Decreto de 1977 a súa formación encádrase dentro dunha diplomatura universitaria e en 1980, a partir doutro Real Decreto, homologouse o título dos antigos ATS (Axudante Técnico Sanitario) co de DUE (Diplomado Universitario en Enfermería).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disciplina profesional que ten como ámbito de responsabilidade atender e proporcionar coidados integrais de saúde á persoa, familia ou comunidade, tanto sans coma enfermos, mediante todas aquelas actividades que contribúan ao mantemento, promoción e restablecemento da saúde, prevención de enfermidades e reinserción social.

      2. auxiliar de enfermería

        Profesional que presta asistencia sanitaria ao paciente como parte integrante dos equipos de enfermería, e que ten como obxectivo subministrar os coidados básicos de enfermería e colaborar na prevención e promoción da saúde. A súa formación encádrase dentro da Formación Profesional de grao medio. A partir dun Real Decreto de 1995 cambiou os seus plans de estudios e a denominación de auxiliar de clínica pola de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.

    1. Dependencia que existe nalgúns lugares para instalar e atender os enfermos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Peor é o remedio ca a enfermidade.  A enfermidade mortal, nin médico nin menciña lle val.”

      2. enfermidade carencial/de deficiencia

        Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico, como vitaminas, aminoácidos, minerais ou ácidos graxos esenciais.

      3. enfermidade hemorráxica vírica

        Enfermidade orixinada por un virus que cursa con febre e provoca hemorraxias. No ser humano pertencen a este tipo o dengue e a febre amarela. A enfermidade hemorráxica vírica dos coellos describiuse por primeira vez na República Popular China   en 1984 e, tras estenderse por Asia, chegou ata Europa en 1986. Detectouse por primeira vez na Península Ibérica en Asturias en 1988. Caracterízase por ser altamente contaxiosa, de curso rápido e capaz de producir taxas de mortalidade próximas ao 100%. A síndrome afecta a coellos de máis de dous meses de idade, sen distinción de sexos, e o seu período de incubación é moi curto, de 24 a 72 horas. Ten afectado a todas as poboacións de coello de monte e ao doméstico. Constitúe un dos maiores problemas, non só para o coello, senón tamén para a conservación de moitos dos seus depredadores que dependen desta especie como elemento fundamental na súa alimentación e que en moitos casos están en perigo de extinción como, por exemplo, o lince ibérico e a aguia...

      4. enfermidade idiopática

        Enfermidade de etioloxía descoñecida.

      5. enfermidade infecciosa/contaxiosa

        Enfermidade que se pode transmitir dun individuo a outro por contacto físico ou mediante vectores.

      6. enfermidade profesional

        Enfermidade que ten a súa orixe no exercicio dunha profesión e que é común entre os que a desempeñan.

      7. enfermidade pulmonar obstructiva crónica []

        Cadro clínico que se caracteriza pola obstrución permanente do fluxo de aire nos pulmóns, que provoca unha dificultade na respiración e tose, e que se presenta como consecuencia da confluencia dun enfisema pulmonar cunha bronquite crónica.

    1. Alteración que prexudica o funcionamento ou o estado de alguén ou de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouca saúde ou que enferma facilmente.

    2. Que pode provocar enfermidades.

    3. Que é propio dun enfermo.

    4. Propio de quen é pouco equilibrado mentalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten saúde ou que padece unha enfermidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sancristán, porque é sinal de din! dan! Non lle vai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.”

    2. Persoa que padece algunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación existente no sistema temperado entre dous sons musicais de nome diferente pero moi próximos. Só é homófona nos instrumentos de teclado, afinados segundo o sistema temperado. A relación enharmónica ten un papel importante na modulación.

    2. Xénero melódico propio da música grega antiga en que interviña o cuarto de ton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á enharmonía.

    VER O DETALLE DO TERMO