"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás corinebacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das corinebacteriáceas.

    3. Familia de eubacteriais constituída por bacterias Gram-positivas, xeralmente en forma de bacilo inmóbil ou, máis raramente, con flaxelos perítricos, que de xeito ocasional forman filamentos. Son aerobias estritas e poden fermentar azucres. Presentan formas parasitas de animais e vexetais e formas saprófitas que viven no solo. O xénero representativo desta familia é Corynebacterium, ao que pertence o axente causante da difteria humana (C. diphteriae).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás corinocarpáceas.

    2. Planta da familia das corinocarpáceas.

    3. Familia de árbores da orde das celastrais, integrada por unhas vinte especies de follas alternas, non estipuladas, e flores pentámeras dispostas en panículas terminais. Son propias das rexións austrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico surafricano. Cursou estudios de física nuclear na Universidade de Cidade do Cabo e en Cambridge. Profesor da Universidade de Cidade do Cabo entre 1950 e 1956, pasou a traballar no Cambridge Electron Accelerator da University of Harvard e no departamento de Física da Tufts University de Massachusetts. En 1957 comezou a desenvolver os traballos que o levaron ao CT-scan, para os que empregou modelos de madeira e aluminio. En 1979 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con G. N. Hounsfield, polos seus traballos no campo da tomografía axial computerizada (TAC) e no desenvolvemento dos sistemas de exploración por varrido (escáner).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘córneo’, ‘da córnea’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cornáceas.

    2. Planta da familia das cornáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos da orde das cornais. De follas simples e opostas, presenta flores actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, reunidas en inflorescencias corimbiformes ou umbeliformes, e froitos en drupa ou baga. Propia de zonas temperadas e frías dos dous hemisferios, reúne 11 xéneros, algúns destes de interese madeireiro ou ornamental, como o Cornus.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao corno.

      2. Que presenta a mesma natureza ou a aparencia do corno.

    1. Relativo ou pertencente ás estruturas queratinizadas.

    2. Relativo ou pertencente á córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corn(eo/i)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á coroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten corpo ou consistencia material.

    2. Relativo ou pertencente ao corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que ten por oficio levar avisos, cartas ou calquera outro envío dun lugar a outro. Na Idade Media existía o correo a pé, o correo dacabalo e o correo mariño. Os correos podían estar ao servizo dun comerciante ou doutra persoa principal, do rei (correo real), dun concello (correo de cidade), etc; ou ben ao servizo do público, polo que formaba parte dunha organización de correos; neste caso, en cada poboación principal había un hóspede de correos (tamén chamado mestre de correos) que centralizaba a expedición das cartas e, á fronte da organización dun reino ou territorio, un correo maior ou mestre maior de correos. Se ben as persoas que desempeñaban estes labores xa se consideraban funcionarios públicos dende o s XIV, o servizo non se fixo estatal ata 1716, coa aparición dos carteiros, malia que non chegou a todos os concellos ata mediados do s XIX.

      2. correo diplomático

        Axente do ministerio de Asuntos Exteriores encargado de levar os despachos aos embaixadores.

      1. Servicio público, tamén chamado servicio de correos, que ten por obxecto o transporte e a repartición da correspondencia oficial e particular. Nos imperios asirio e persa do I milenio a C xa existía un servizo de correos exclusivamente real; posteriormente, acadou un importante pulo co Imperio Romano gracias, sobre todo, á construción das grandes vías de comunicación. Na Idade Media experimentou unha certa regresión e no s XIV creouse un correo mercantil, feito que desenvolveu unha especie de servizo público que podían utilizar un bo número de persoas privadas. No s XV, a familia Tasso ou dos Tassis, de orixe bergamasca, creou unha organización propiamente dita con estacións para o cambio de cabalos (coñecidas como postas) e con servicios internacionais. Activos nun primeiro momento en Venecia, Maximiliano I chamounos para organizar servicios similares en todos os dominios imperiais. O resultado foi a creación dun monopolio de correos que abrangueu progresivamente os diversos...

      2. ehículo de transporte público (ferrocarril, avión, navío, coche ou calquera tipo de automóbil) que transporta habitualmente a correspondencia e outros obxectos remitidos a través do servizo de correos. OBS: Adoita empregarse en aposición.

    1. Conxunto de cartas, documentos e paquetes que se expide, transporta ou recibe por correo.

    2. Local ou oficina onde se organiza o servicio de correos nunha localidade. OBS: Xeralmente, emprégase en plural.

      1. Mensaxe ou conxunto de mensaxes que se reciben ou mandan a través das redes informáticas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista internacional de periodicidade mensual que se edita en braille e en 36 linguas, entre elas a galega. A primeira publicación en galego apareceu en 1989, cando figuraba como director xeral da UNESCO o español Federico Mayor Zaragoza. Sen subtítulo, cada número aparece baixo un epígrafe diferente. Coordinan a edición galega Xabier Senín e Xosé Cermeño. Contén novas e artigos referidos a diversas cuestións como, a situación en África, a celebración do entroido en Rio de Janeiro, a hospitalidade dos pobos, os nenos, a ciencia e o home, a historia do mundo e das relixións, o universo, a liberdade ou as cidades. Ademais, inseriu entrevistas a diversas personalidades do mundo artístico, político e intelectual, entre outros, François Miterrand, Jorge Amado, Richard Attenborough, Václav Havel, Gabriel García Márquez, Jacques-Yves Cousteau, José Carreras e Oliver Stone, entre outros. Sobre todo, préstalle unha especial importancia á acción da UNESCO no mundo e á protección dos elementos culturais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu baixo dous subtítulos, primeiro como “Periódico semanal” e despois como “Semanario republicano”. Publicouse en Celanova entre o 11 de setembro de 1893 e o 12 de maio de 1895. Serviu como fonte informativa do republicanismo en Celanova e Ourense. Entre os artigos publicados hai referencias ás doutrinas socialistas de Roberto Owen e ao federalismo de Pi y Margall. Foi substituído polo xornal La Discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que saíu á luz en Bos Aires, fundado por Fortunato Cruces Angueira en 1898. Puido atravesar varias etapas, a primeira encabezada polo mesmo Cruces, e a segunda na que foi dirixido por Juan González Montenegro, entre 1899 e 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Santiago de Compostela en 1865 subtitulada “Periódico literario, científico y artístico”. Nos seus artigos trataba temas de distintos ámbitos, como novas nacionais e internacionais ou crónicas locais. Tivo unha segunda etapa que comezou no ano 1900 baixo o subtítulo de “Diario independiente de avisos y noticias”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en 1870 en Ourense baixo o subtítulo de “Periódico democrático”. Dirixida por Xoán Manuel Paz Novoa, en 1873, cando chegou ao número 30, pasou a mans de Manuel de la Peña Rucabados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario bilingüe que saíu á luz en Bos Aires o 22 de marzo de 1908 co subtítulo de “Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sudamérica. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay”. Fundado por Fortunato Cruces, foi dirixido por José R. Lence desde os seus inicios ata que cesou en 1945. Entre os seus colaboradores figuran Manuel Casas, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón Mª del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor, Roberto Blanco Torres e Ramón Cabanillas. Recolleu, durante a ditadura de Primo de Rivera, artigos de contido político nos que se expoñían posturas galeguistas e republicanas; ademais, inseriu novas sobre as actividades das institucións de emigrantes. En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e, máis adiante, converteuse no Faro de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires o 3 de outubro de 1965, dirixida por Perfecto López Romero e pertencente a Ediciones Nós. Baixo o subtítulo de “El periódico para los 600.000 gallegos del Río de la Plata”, no seu primeiro número informaba sobre a lei do monumento a Castelao. Comezou a súa andaina como quincenario ata que pasou a ser mensual. Entre os colaboradores figuran Xerardo Álvarez Gallego, Víctor Luis Molinari, Isaac Díaz Pardo, R. Otero Pedrayo, Rodolfo Prada, Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares e Darío Xohán Cabana. Á parte da información xeral sobre a situación política española e galega, contaba cunha sección, presente en todos os números, titulada “Ao servizo da patria dos galegos”, na que aparecen artigos e composicións literarias en galego. Destaca a estética da súa portada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual bilingüe que saíu á luz o 12 de decembro de 1995 en Bos Aires, subtitulada “Del Grupo Nós de Buenos Aires” e baixo o lema “Un medio para la expansión gallega en el mundo”. O seu editor e presidente foi Álvaro Campos. Dirixida por Rodolfo A. González, entre os seus colaboradores figuraban Graciana Vázquez Villanueva, Xosé M. Manteiga, Rosa Puente, Ramón Suárez, Eduardo Vázquez e Victoria Besada. Trátase dunha publicación que inclúe novas da actualidade social, política e económica de Galicia, á parte das actividades das institucións galegas nese país e das visitas que realizan diferentes personalidades do mundo político e cultural. Case todos os artigos van ilustrados con fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO