"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto formado por unha bomba de succión e o motor, tanto eléctrico como térmico, que a acciona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo lixeiro de tres rodas con motor que serve para transportar cargas lixeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo automóbil de dúas rodas, provisto dun motor de combustión interna de dous tempos ou de catro, case sempre refrixerado mediante aire, que pode transportar un ou dous pasaxeiros. A motocicleta é o resultado do acoplamento dun motor de explosión e unha bicicleta, da que conserva os elementos esenciais. O motor, con aletas e sen ventilación forzada, adoita ir montado no medio do cadro, e acciona a roda traseira a través dunha transmisión que comporta embrague, caixa de cambios e cadea e prato de roda ou ben eixe con xunta universal e piñón e coroa. As cilindradas varían desde os 50 cm3 ata 1.200 ou 1.500 cm3. A suspensión comporta xeralmente un amortecedor dianteiro telescópico e un amortecedor posterior oscilante, unida ao cadro por medio dun sistema de resortes e de amortecedores. O cadro de tubos ou ben de prancha de aceiro, é ríxido para soportar o peso do conxunto mecánico, o condutor e o pasaxeiro, e resistir as sacudidas das suspensións. O guiador leva os...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte que se practica coa motocicleta. O motociclismo tivo as súas primeiras manifestacións en Francia e en Inglaterra, a finais do s XIX. A primeira carreira celebrouse en Francia (1896), cando oito competidores cubriron a distancia de ida e volta entre París e Nantes. Unha das primeiras competicións reguladas pola Federación Internacional Motociclista (FIM), creada en 1904, foi o Tourist Trophy, na illa de Man (1907). Pódense clasificar as diferentes probas motociclistas seguindo variados parámetros, se ben os máis utilizados son fundamentalmente catro: o tipo de pilotaxe, o lugar onde se desenvolve a proba, as características da moto e a cilindrada da mesma. Así, distinguimos entre carreiras de velocidade (xeralmente en circuíto), probas de resistencia, de regularidade e competición sobre terreo accidentado, na dobre posiblidade de velocidade (motocróss) e habilidade (trial). A principal competición de velocidade é o campionato do mundo de pilotos e de marcas, organizado pola FIM.
-
-
Relativo ou pertencente ao motociclismo.
-
-
Persoa que conduce unha motocicleta.
-
Persoa que practica o motociclismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo automóbil de dúas ou de tres rodas. Reciben este nome os ciclomotores, os velomotores, as motocicletas e os triciclos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carreira motociclista de velocidade disputada en terreo accidentado. Os obstáculos están formados por desniveis, ramplas e camiños enlamados, de xeito que só unha décima parte do percorrido sexa transitable. As motos empregadas polos pilotos posúen gardalamas moi separados das rodas e guiador alto, con rodas provistas de tacos de goma para facilitar a adherencia. As probas comprenden dúas series en cada sesión, e as categorías recoñecidas son as de 125 cm3 e 250 cm3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automotora dun só eixe que se emprega para traballar a terra. Componse dun chasis que leva o motor, as rodas e as ferramentas, que poden ir arrastradas ou empurradas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aeromodelo para o voo libre, equipado cun motor de explosión ou eléctrico que acciona unha hélice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa oval, de madeira ou metal, que leva unha abertura cunha roldana pola que pasa a driza para izar a vela nunha embarcación.
-
-
Deporte de navegación con embarcacións a motor. A federación internacional recoñece baixo este nome as competicións de motos acuáticas, off-shore, catamaráns S-550, lanchas pneumáticas PR-550 e embarcacións de radio control.
-
-
Arte de navegar a motor.
-
Utilización deportiva de lanchas motoras. Regulamentada internacionalmente pola Unión Mundial de Motonáutica, con sede en Gante, hai recoñecidas nove categorías segundo a cilindrada do motor (intraborda ou foraborda) e as características xerais da embarcación. As carreiras son de distancia variable (entre 8 e 26 km) e dispútanse en augas tranquilas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á motonáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buque propulsado por motores de combustión interna, sobre todo motores diésel. Esta solución acabou por imporse por mor das moitas vantaxes que presenta.
-
-
Neurona motora ou eferente.
-
Neurona que ten orixe na materia gris da medula espiñal e fin nos músculos esqueléticos, aos que transmite os impulsos que recibe da motoneurona primeira ou doutras vías nerviosas.
-
Neurona do córtex cerebral que conduce os estímulos da área motora cortical ata os núcleos motores dos nervios craniais ou a materia gris da medula espiñal (onde pode facer sinapse co corpo da segunda motoneurona).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo monopraza, con carena, provisto dunha parella de esquís curtos na parte anterior e dun par de cintas sen fin de caucho na posterior, accionadas por un motor de dous tempos; é apta para desprazarse sobre a neve e utilízase en competicións deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
niveladora.
-
PERSOEIRO
Erudito, poeta e escritor xaponés. A súa obra mestra, Kojiki-den (Comentarios dos Kojiki, 1764-1776) é un estudo crítico das obras clásicas xaponesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de orixe inglesa, semellante ao fútbol, practicado entre dous equipos de seis xogadores cada un montados nunhas motocicletas especiais. O campo, chan e cuberto de céspede, ten forma rectangular e dimensións variables. Cada partido consta de dous tempos de 30 minutos cada un, e o obxectivo é introducir a pelota na meta contraria, defendida por un gardameta, impulsándoa con calquera parte da motocicleta ou do corpo, agás os brazos.
-
-
-
Que move ou transmite movemento.
-
placa motora
sinapse neuromotora.
-
-
-
Máquina que transforma en enerxía mecánica outra forma de enerxía (hidráulica, química ou eléctrica, entre outras). Inicialmente clasifícanse os motores en térmicos ou atérmicos segundo utilicen ou non a enerxía calorífica nalgunhas das etapas de transformación da enerxía inicial en enerxía mecánica. En función do elemento que fornece a enerxía, os motores atérmicos poden ser hidráulicos (impulsados por un líquido a gran presión ou gran velocidade), pneumáticos (movidos por aire comprimido), eólicos ou aeromotores (que aproveitan a enerxía do vento) e eléctricos (que transforman a enerxía eléctrica); tamén son motores atérmicos os que poden transformar a enerxía mecánica acumulada por un sistema sólido (resorte ou pesos) como é o caso dos reloxos. Entre os motores térmicos distínguense os exotérmicos e os endotérmicos. Nos motores exotérmicos a enerxía calorífica prodúcea un elemento externo...
-
motor auxiliar
Propulsor que funciona durante breves períodos de tempo ou en condicións especiais.
-
motor de aire comprimido
Motor que aproveita a expansión do aire a presión como forza motriz.
-
motor de arranque
Motor eléctrico de pequeno tamaño que activa o motor dun automóbil ao conectalo coa batería.
-
motor de arrastre
Sistema automático que permite arrastrar a película despois de cada toma.
-
motor de explosión
Motor térmico de combustión interna.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa dedicada á fabricación de vehículos e tractores nas factorías barcelonesas da Zona Franca e Mataró. Fundada en 1920 como filial da Ford, en 1954 nacionalizouse e en 1965 rompeu coa Ford. A partir de entón comprou Fadisa, Avia, Perkins, Asia e Jeep. A empresa xaponesa Nissan participou nela cun 97% (1994) e pasou a chamarse Nissan Motor Ibérica SA.